20/2/26

Recomendacións en RadiOleiros: 20 febreiro 2026

O libro grande dos números pequenos de Berta Dávila, ilustrado por Gastón CabaRecomendacións en RadiOleiros: 20 febreiro 2026- Infantil (a partir de 2 anos):
O libro grande dos números pequenos de Berta Dávila, ilustrado por Gastón Caba. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe

Perder o norte de María QuirogaÁlbum ilustrado, con sorpresas e divertidas rimas, para contar do un ata o vinte.

- Mocidade e persoas adultas:
Perder o norte de María Quiroga. Editado por Galaxia.

Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, conectar cunha mesma e trabar conversa con persoas descoñecidas.
Premio Illa Nova de narrativa 2025

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e actividades infantís: 23 a 27 de febreiro 2026

Hora do conto e actividades infantís: 23 a 27 de febreiro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 23 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Nena Celebramos o Día de Rosalía
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Martes 24 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Contos con tradición Celebramos o Día de Rosalía
CONTACONTOS: Pablo Díaz

Mércores 25 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Historias soñadas Celebramos o Día de Rosalía
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 26 de febreiro, ás 17:30 
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: Rosalía, contos nunha roda Celebramos o Día de Rosalía
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

Venres 27 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Soños Celebramos o Día de Rosalía
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Venres 27 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Nube de algodón Celebramos o Día de Rosalía
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 23 a 27 febreiro 2026

Actividades de promoción da lectura: 23 a 27 febreiro 2026
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 23 a 27 de febreiro:

Luns 23 de febreiro:
- 10:15 Alumnado de 3º e 11:40 de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós). Rosalía pequena con Ramiro Neira
Martes 24 de febreiro:
- 10:00 Alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira

Mércores 25 de febreiro:
- 10:00 Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira
Xoves 26 de febreiro:
- 10:00 Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira
Venres 27 de febreiro:
- 10:00 Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira

Mércores 25 de febreiro:
- 10:30 Alumnado de 3º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
Cantos de avoa con Trémola Teatro

Martes 24 de febreiro:
- 10:00 Alumnado de 5º e 11:30 de 6º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros) 
A miña historia con Trémola Teatro
Xoves 26 de febreiro:
- 10:15 Alumnado de 1º e 11:30 de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros) 
Cantos de avoa con Trémola Teatro
Venres 27 de febreiro:
- 10:15 Alumnado de 3º e 11:30 de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros) 
Cantos de avoa con Trémola Teatro 

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (16 e 18 febreiro 2026)


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 16 de febreiro
. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Documentación.
Ao remate entregaráse "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 18 de febreiro
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Arte" de Yasmina Reza.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El nervio óptico" de María Gaínza.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].

18/2/26

Actividades de promoción da lectura: 19 e 20 de febreiro 2026

Actividades de promoción da lectura: 19 e 20 de febreiro 2026
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, 19 e 20 de febreiro:

Xoves 19 de febreiro:
- 10:00 alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira.
Venres 20 de febreiro:
- 10:00 alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira.

13/2/26

Recomendacións en Radioleiros: 13 febreiro 2026

El barón rampante de Italo Calvino
- Mocidade e público adulto:Recomendacións en Radioleiros: 13 febreiro 2026
Dispoñible en eBiblio

O barón rampante = El barón rampante de Italo Calvino, obra datada no 1957, é unha fábula contemporánea arredor dun neno de dez anos que supón unha reflexión filosófica e un eloxio á liberdade con moita imaxinación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Xesús Alonso Montero, ronsel de sabedoría (1928-2026)

Xesús Alonso Montero, ronsel de sabedoría (1928-2026)
Xesús Alonso Montero foi un intelectual puro, cortado polo patrón do seu tempo pola amplitude e diversidade dos seus saberes, polo seu radical compromiso social, político e moral (para el indisociables), e pola súa entrega á divulgación do coñecemento. Apaixonado do estudo, entregado á pesquisa en corpo e alma e devorador insaciable de páxinas escritas, atesouraba un caudal de erudición no campo das humanidades galegas inigualable, verdadeiramente sen fin. Mais non era un simple compilador de datos, pois o seu espírito inquisitivo e inconformista soubo deitar un ollar novo aos temas que tocaba, animado por un afán crítico que bebía da socioloxía e do marxismo. O seu maxisterio apoiábase, ademais, na optimista convicción de que o coñecemento melloraba a humanidade e as persoas. Dotado nun grao extraordinario da virtude da elocuencia, puxo a súa brillantez oratoria ao servizo da transmisión do saber e da divulgación das súas ideas sobre a literatura e a sociedade. Enfeitizaba as audiencias porque o seu verbo prodixioso transmitía sabedoría, honestidade e emoción. 

Texto de Henrique Monteagudo en academia.gal



Visita a expo bibliográfica adicada a Xesús Alonso Montero na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Obras de XAM en GaliciaLe

11/2/26

Lobo Jack: expo 150 aniversario do nacemento de Jack London 1876-2026

Lobo Jack: 150 aniversario do nacemento de Jack London 1876-2026
Unha biografía de película: nos seus corenta anos de vida (1876–1916), o escritor Jack London foi peón, mariñeiro, granxeiro, xornalista, produtor cinematográfico... Escribíu novela, conto, poesía, ensaio, libros de viaxes e crónica xornalística (máis de 50 libros entre 1900 e 1916, algúns deles traducidos a 70 idiomas) centos de contos e artigos. Entre os máis coñecidos, A chamada da selva = La llamada de lo salvaje (1903), El lobo de mar (1904), Cairo branco = Colmillo blanco (1906), O talón de ferro = El talón de hierro (1908) ou Martin Eden (1909). Foi un dos primeiros escritores supervendas de Norteamérica, gañando unha fortuna coas súas obras. Lector voraz desde neno, foi fundamental na súa formación intelectual, a Biblioteca Pública de Oakland (California) e a súa bibliotecaria, a poeta Ina Coolbrith quen lle ofreceu a súa orientación literaria (Ina foi tamén mentora da bailarina Isadora Duncan). A necesidade levarao dun traballo a outro (aos vinte anos traballara en centrais eléctricas, na construción do ferrocarril, en envasadoras, buques mercantes...) en condicións penosas. En 1894 decide unirse á Kelly´s Industrial Army, unha marcha de parados que se dirixía a Washington para protestar contra o goberno. Durante máis dun ano, percorrerá Estados Unidos como vagabundo (por deambular foi detido e pasou trinta días na cadea de Erie County, Buffalo). Enrolouse nun barco que o levou a Alaska, para unirse á febre do ouro, metal que non conseguíu, e si un escorbuto que case o mata. London foi moi coñecido polas súas fazañas persoais. Pintoresco e controvertido, aparecía con asiduidade nas noticias. Gran trouleiro, posicionábase a miúdo contra as inxustizas. Orador elocuente, era moi solicitado como conferenciante sobre temas económicos e políticos. 
A súa extraordinaria capacidade para a descrición de paisaxes agrestes e personaxes case sempre bravíos (cun uso maxistral dos animais, nomeadamente os cans), engadido a unha gran economía da linguaxe e unha arte singular no desenvolvemento da acción, convírteno nun dos cumios da literatura norteamericana, a medio camiño entre a xeración dos Melville, Hawthorne, Poe, Thoreau ou Whitman e a xeración perdida: Dos Passos, Faulkner, Steinbeck, Fitzgerald.
Jack London escribíu tanto sobre lobos e cans que un amigo de seu alcumouno "O Lobo".
Dixo de si mesmo, "prefiro ser cinza que po. Prefiro que a miña chispa se apague nun lume brillante antes que ser abafada pola podremia seca. Prefiro ser un meteorito soberbio e que cada un dos meus átomos brille magníficamente, que un planeta durmido e permanente. A función axeitada do home é vivir, non existir. Non vou malgastar os meus días intentando prolongalos. Aproveitarei o meu tempo."
Lévate en préstamo os libros da Expo Lobo Jack na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 
Títulos dispoñibles en GaliciaLe
Títulos dispoñibles en eBiblio
Fontes: 

10/2/26

Hora do conto e actividades infantís: 18 e 19 de febreiro 2026

Hora do conto e actividades infantís: 18 e 19 de febreiro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 18 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Sorpresa
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 19 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Paxariños
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

9/2/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 12 febreiro 2026)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 9 de febreiro
. 19 a 20:30 h.
Comentario de "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 10 de febreiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Documentación.
Ao remate entregaráse "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 10 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Océano mar" de Alessandro Baricco.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 11 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Alessandro Baricco.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El vestido azul" de Michèle Desbordes.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 12 de febreiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Feliz idade" de Olga Novo.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

6/2/26

Recomendacións en Radioleiros: 6 febreiro 2026

Ogros de Adrian TchaikovskyRecomendacións en Radioleiros: 6 febreiro 2026
- Infantil (maiores de 10 anos):

Ogros de Adrian Tchaikovsky. En Plan B.

"Grandes, fortes e cunha maxia poderosa: será difícil enfrontar a tiranía dos ogros!"

Tres luces de Claire Keegan
- Mocidade e público adulto:

Tres luces de Claire Keegan. Editado por Eterna Cadencia.

“Ese verán tería que pasalo lonxe da súa familia, con xente allea, porque a súa nai non podía coidar de todos...”

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
 

5/2/26

Ler para saber A CIENCIA: 6 de febreiro 2026

Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres 6 de febreiro.
Hora: 18:30 h.

Movemento e defensa das plantas.
Carmen Rodríguez Coronado. Graduada en Bioloxía e Química e Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, actualmente é investigadora predoutoral na Área de Botánica - Departamento de Bioloxía da Facultade de Ciencias da UDC.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

4/2/26

52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026

52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026
Desde febreiro a maio teremos 52 oportunidades de atoparnos co engado de historias marabillosas e a narración de contos tradicionais e literarios. Serán contacontos para crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos e obradoiros (ciencia, ilustración, etc.) para a cativada de 6 anos en adiante. Tanto as sesións da hora do conto como os obradoiros se celebrarán ás 17:30 h. 
52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026Lembramos que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo desde dez días antes da celebración da actividade, achegándote persoalmente, por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Nesta xeira da hora do conto contamos con profesionais da narración oral como A Xanela do Maxín, Trinketrinke Teatro, Ramiro Neira, Pablo Díaz, Trémola Teatro, Tarabelos Teatro, Ariadna Ligero, Marta Ortiz, Raquel Crespo, Soraya Lema, Raquel Queizás, Charo Pita, Olga Abad e Iseo a Moura. Patricia Cameán, Laura Caneira e Ciencia Kids levarán a cabo os obradoiros de ilustración e construción de xoguetes eléctricos. A información está dispoñible en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.
Divírtete escoitando contos, conéctate á maxia das palabras e participa nas actividades infantís de Bibloleiros!

3/2/26

Entroido 2026 en Bibloleiros: 7 obradoiros de mascarada Pop Up

Entroido 2026 en Bibloleiros: 7 obradoiros de mascarada Pop Up
Obradoiros de mascarada Pop Up
con Xogando nas Nubes.
Para nenas-os a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 20
- Duración: 120´
- Hora: 17:30
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo telefonicamente, achegándote á biblioteca correspondente ou en liña: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
O prazo para inscribirte ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.



Luns 9 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 638

Martes 10 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 610 700

Mércores 11 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 338

Xoves 12 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 639 511

Venres 13 de febreiro (apertura do prazo de inscrición: 3 febreiro ás 10:00)
Tlf.: 981 628 507

Mércores 18 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 664 257

Xoves 19 de febreiro (apertura do prazo de inscrición: 9 febreiro ás 16:15)
Tlf.: 981 618 201
Aviso:
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

2/2/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (3 e 4 febreiro 2026)

 

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 3 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 4 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El vestido azul" de Michèle Desbordes.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Arte" de Yasmina Reza.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

30/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 30 xaneiro 2026

As mans da miña avoa de Inês Cardoso. Ilustrado por Susana MatosRecomendacións en Radioleiros: 30 xaneiro 2026- Infantil (6 a 8 anos):
As mans da miña avoa de Inês Cardoso. Ilustrado por Susana Matos. En Kalandraka.

Unha historia de afecto entre unha avoa e a súa neta con lembranzas e complicidade cunhas magníficas ilustracións.
- Mocidade e público adulto:
Cinco meses de invierno de James Kestrel. En Salamandra.
Dispoñible en eBiblio

Novela negra dos anos da Segunda Guerra Mundial no Pacífico cun choque entre dous mundos nunha trama de traición, amor e supervivencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/1/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (27 e 28 xaneiro 2026)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 27 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El barón rampante" de Italo Calvino.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 28 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

23/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 23 xaneiro 2026

Bebé antirracista de Ibram X. Kendi; ilustracións de Ashley LukashevskyRecomendacións en Radioleiros: 23 xaneiro 2026- Infantil (a partir de 5 anos):
Bebé antirracista de Ibram X. Kendi; ilustracións de Ashley Lukashevsky. Astronave.

Álbum ilustrado para comezar conversacións críticas sobre o racismo coas crianzas.


Mil cosas de Juan Tallón- Mocidade e público adulto:
Mil cosas de Juan Tallón. Anagrama.
Dispoñible en eBiblio

Ao longo dun só día, seguimos a unha parella nova atrapada entre o traballo, a crianza e a urxencia constante de chegar a todo.
Unha novela breve, cun ritmo absorbente, que captura con precisión o pulso do noso tempo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

AVISO: A Biblioteca de Oleiros abrirá en horario de tarde do 26 ao 30 de xaneiro

A Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros) permanecerá aberta ao público só en horario de tarde (16:00-20:00) desde o luns 26 ata o venres 30 de xaneiro.

Desculpen as molestias.

21/1/26

Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMA

Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMAFina Casalderrey é aspirante ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2026. GÁLIX está desenvolvendo unha intensa campaña de apoio da súa candidatura na que Bibloleiros quere colaborar a través de exposicións das súas obras nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. A este fermoso labor de difusión están convidadas todas as persoas que queiran sumarse.
Dedicatoria de Fina Casalderrey no libro A filla das ondas da Biblioteca Central Rialeda (Perillo)Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e unha das grandes voces da literatura infantil e xuvenil en galego. Medrou escoitando contos na casa, o que alimentou a súa imaxinación. Esa relación tan agarimosa coa lingua acompáñaa toda a súa vida. 
Publicou máis de sesenta libros e foi recoñecida con numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa. As súas historias abordan temas próximos á infancia e adolescencia, con moita tenrura, humor e verdade, sempre desde o respecto polas nenas e nenos. É académica da Real Academia Galega e unha figura esencial da nosa literatura. 
Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), premio internacional máis importante dedicado á literatura infantil e xuvenilO Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é o premio internacional máis importante dedicado á literatura infantil e xuvenil, creado polo Goberno de Suecia en memoria da autora Astrid Lindgren, creadora de Pippi Mediaslongas. Concedeuse por primeira vez en 2003 e recoñece autoras, ilustradoras, narradoras orais e proxectos de promoción da lectura de todo o mundo. Está considerado o "Nobel da Literatura Infantil" e premia unha traxectoria que contribúe de maneira destacada ao dereito da infancia a acceder a literatura de calidade. Para este 2026 hai un total de 263 candidaturas de 74 países. O anuncio da candidatura gañadora terá lugar o 14 de abril deste ano.
Fonte: Gálix
Moitas obras da autora pontevedresa foron suxestión de lectura nas RecomendaciónsEnRadioleiros.
Lévate en préstamo os libros de Fina Casalderrey que temos en Bibloleiros ao teu dispor.
Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMA

20/1/26

Ler para Saber A CIENCIA: xaneiro - xuño 2026

Charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para
público en xeral.


Lugar: Biblioteca Central Rialeda.
Horario: 18:30 h.

23 xaneiro 2026
MOVEMENTO E DEFENSA DAS PLANTAS

José Díaz Varela
Catedrático de Fisioloxía Vexetal da Universidade da Coruña.

27 febreiro 2026
SOLUCIONES BASEADAS NA NATUREZA. EXEMPLO : RECUPERACIÓN DO MAR MENOR

Alatzne Carlosena Zubieta
Catedrática de Química Analítica da Universidade da Coruña
Mireya Lemus Vieites
Alumna do último curso dos graos en Química e en Bioloxía da UDC (programa de Simultaneidade).
 
13 marzo 2026
O MUSEO E OS SEUS OBRADOIROS

Fernando Luis Fontes Blanco
Director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt).

10 abril
CITEECONTO QUE FACEMOS…!

Fernando Martínez Abella
Director Científico do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC).

8 maio 2026
EXPLORANDO O UNIVERSO MICROSCÓPICO

Elena Fernández González
Graduada en Bioloxía. Investigadora predoctoral.

5 xuño 2026
MICROBIOMA E SAÚDE

Margarita Poza Domínguez
Investigadora en Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña e Profesora de Microbioloxía da Universidade da Coruña.

19/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 16 xaneiro 2026

Recomendacións en Radioleiros: 16 xaneiro 2026
La vida de las mujeres de Alice Munro
- Mocidade e público adulto:
Dispoñible en eBiblio

La vida de las mujeres de Alice Munro e unha reflexión sobre a importancia da lectura en grupo como creadora de comunidade(s).

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 21 xaneiro 2026)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 19 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Viento del norte" de Elena Quiroga.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 20 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Documentación.
Ao remate entregaráse "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 20 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual"
Aviso importante: Por condicións climatolóxicas adversas a tertulia terá lugar na biblioteca, suspendéndose a visita inicialmente programada ao Castelo de Santa Cruz.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El vestido azul" de Michéle Desbordes.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]

12/1/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (12 a 15 xaneiro 2026)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 12 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 13 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 14 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El túnel" de Ernesto Sábato.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 15 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

9/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 9 xaneiro 2026

Los incursores de Mary NortonRecomendacións en Radioleiros: 9 xaneiro 2026- Infantil e xuvenil (a partir de 10 anos):
Los incursores de Mary Norton. En Blackie Books. 
Siempre hemos vivido en el castillo de Shirley Jackson

Arrietty é diminuta coma un terrón de azucre pero cunha agulla por espada é quen de defender a toda a súa familia.



- Mocidade e público adulto:
Siempre hemos vivido en el castillo de Shirley Jackson. Editado por Minúscula.

Na casa dos Blackwood a vida é tranquila e metódica. Calquera diría que foi alí mesmo onde seis anos atrás pasou o que pasou...

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/1/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (7 xaneiro 2026)


 Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 7 de xaneiro
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

2/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 2 xaneiro 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

A panadería
, de Lucía Belarte con ilustracións de David Lorenzo.
Kalandraka.

Unha historia de solidariedade na figura dunha familia de panadeiros. Mensaxe para crianzas a partir de seis anos acompañada de boas ilustracións.

- Mocidade e persoas adultas:

Los náufragos del Wager, de David Grann.
Random House.

Relato naval dunha expedición inglesa do 1742 que chegou ás costas do Brasil despois de padecer múltiples calamidades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.