"Insomniacs after school" de Makoto Ojiro. En Milky Way
"Insomniacs after school" conta a historia de Ganta Nakami, un estudante de secundaria que sofre de insomnio crónico. Debido ao seu mal humor e aspecto canso, os seus compañeiros evítano, considerándoo antipático. Un día, buscando un lugar tranquilo onde descansar no instituto, descobre que o observatorio abandonado do club de astronomía é o sitio perfecto para durmir.
"Momentos estelares de la humanidad" de Stefan Zweig. Editado por Acantilado.
Dispoñible en eBiblio
Publicada en 1927, "Momentos estelares de la humanidad" é un ensaio histórico que reúne o que Zweig chamou 14 miniaturas históricas, é dicir 14 instantes nos que —segundo el— o destino da humanidade cambiou por obra dunha soa persoa ou dun feito puntual.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario