18/7/25

Recomendacións en Radioleiros: 18 xullo 2025

"La casa en el mar más azul" de T. J. KluneRecomendacións en Radioleiros: 18 xullo 2025- Xuvenil:
"La casa en el mar más azul" de T. J. Klune. En Crossbooks.
Dispoñible en eBiblio
É unha novela de fantasía contemporánea escrita por TJ Klune, publicada en 2020. O protagonista é Linus Baker, un home de mediana idade que traballa como inspector de benestar para o Departamento de Mozos Máxicos. A súa vida é rutinaria, gris e solitaria. Un día, Linus recibe unha misión secreta: debe visitar un orfanato moi especial nunha illa remota, onde viven seis nenos máxicos considerados extremadamente perigosos.

"El otoño del patriarca" de Gabriel García Márquez
- Mocidade e público adulto:
"El otoño del patriarca" de Gabriel García Márquez. Editado por Bruguera.
Dispoñible en eBiblio
Esta novela do premio Nobel Gabriel García Márquez publicouse en 1975. Trátase dunha obra complexa e densa, tanto pola súa estrutura como polo seu estilo narrativo e é unha das máis ambiciosas do autor colombiano. A novela retrata os últimos días de vida dun ditador caribeño ficticio, envellecido, enfermo e absolutamente só, cuxa identidade se disolve entre a lenda, o mito e a decadencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario