23/5/22

Encontro co cantautor Xurxo Mares: xoves 26 de maio ás 20 h. no Teatro As Torres (Santa Cruz)

Día: xoves 26 de maio
Hora: 20:00
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)

Intervirán: o cantautor Xurxo Mares, a escritora María G. Cotelo

Acto no que irá alternando a presentación dos libros "Donde se vive" e "Bailando el agua", con lembranzas, xogos e cancións.

Xurxo Mares é licenciado en Interpretación pola R.E.S.A.D. de Madrid, Escuela Superior de Arte Dramático  e cursou estudos musicais no conservatorio de Música da Coruña. Traballou en prensa, La Voz de Galicia, Antena 3 de Galicia, publicidade, televisión, cine, series, teatro e dobraxes. Cumpriu os cincuenta anos coa música no 2014, en todo este tempo escribiu as letras de trescentas cancións e compuxo a música dos sete discos gravados.

"Donde se vive" narra a vida do autor de neno e mozo, os seus amigos, lugares preferidos: a Estación do Norte, a Granxa, o cine Monelos, Santa Cristina, Lazareto, o trolebús...

"Bailando el agua", é un recorrido vital de cinco décadas, a partir do ano 1971 ata a actualidade (unha etapa de grandes cambios políticos e económicos), sempre sen esquecerse da música e da dobraxe, ao mesmo tempo que nos fala da Cumbia do Valadouro, Viernes de Cantautar, o cine Goya...

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario