25/5/18

Recomendacións en Radioleiros: 25 maio 2018

https://youtu.be/Eura-M1zK2o
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1243185&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20ernesto%20celestina%20musicos%20rua- Infantil (menos de 6 anos):

Ernesto e Celestina: músicos da rúa, de Gabrielle Vincent
Kalandraka

Precioso álbum ilustrado protagonizado por unha peculiar parella. Ernesto é un oso grande e sosegado, algo refunfuñón e perguiceiro. Celestina é unha pequena ratiña, vivaraz, alegre e moi optimista. Xuntos, viven nunha pequena casa que precisa algunha reparación pero non teñen cartos. Así que empezan a cavilar algún xeito para conseguilos. Celestina ten unha idea: Ernesto ten certa habilidade co violín, así que podería tocalo na rúa. O primeiro día que saen, non teñen moito éxito e regresan a casa sen cartos. Pero Celestina, que non se daba por vencida, plantexa a posibilidade de que ela cante mentres Ernesto toca.

Esta historia fálanos de compañerismo e do traballo en equipo.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1204980&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tantos%20dias%20felices%20colwinTantos días felices, de Laurie Colwin
Libros del Asteroide

Rematada a universidade e asentados nas súas vidas laborais, dous amigos-primos, Guido e Vincent, coñecen cada un deles e en circunstancias diferentes a Holly e Misty, as mulleres coas que casarán. A simple vista, parece un argumento sinxelo. A excepcionalidade desta novela é o ben escrita que está e por suposto, os personaxes que se van construíndo a través de brillantísimos diálogos. Isto a converte nunha novela áxil e dinámica, que amosa ao lector ou lectora o que pode haber de especial en feitos tan banais como os que compoñen o noso día a día.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario