7/5/13

"En maio, lectura e teatro": conmemoración do Día das Letras Galegas nas bibliotecas de Oleiros

Nas bibliotecas municipais de Oleiros conmemoramos o Día das Letras Galegas con numerosas actividades para promover o fomento da lectura e divulgar a figura do escritor homenaxeado en 2013: o actor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Martes, 7 de maio
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane, dirixido a alumnado de 5º A e B do CEIP Rabadeira.
Biblioteca "Federico García Lorca". Montrove
"Hora do conto", ás 18:30, con Paula Carballeira
Mércores, 8 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
Conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, a cargo do autor Rubén Ruibal, ás 10:45, dirixido a alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane, dirixido a alumnado de 5º C do CEIP Rabadeira.
Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz
"Hora do conto", ás 18:30, con Marisa Irimia
Biblioteca "Xograr Mendiño". Lorbé
"Hora do conto", ás 18:30, con Pedro Brandariz
Xoves, 9 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Venres, 10 de maio
Segunda edición do Roteiro cultural e literario: Syra Alonso e Francisco Miguel en Santa Cruz; Fanny Garrido e Marcial del Adalid no pazo de Lóngora e Francisca Herrera en Oleiros. Participará alumnado e profesorado do IES Miraflores, CEIP Parga Pondal e CEIP Luís Seoane.
Biblioteca "Ánxel Fole". Nós
"Hora do conto", ás 18:30, con Inés Cuadrado
Luns, 13 de maio
Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
"Hora do conto", ás 18:30, con Marisa Irimia
Martes, 14 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
"Encontro co escritor Marcos Calveiro", no que falará da súa obra "O pintor do sombreiro de malvas", actividade dirixida a alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores de Oleiros, ás 16:30
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Hora do conto", ás 18:30, con Raquel Queizás
Mércores, 15 de maio
Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz
"Obradoiro de banda deseñada", con Manel Cráneo, dirixido a alumnado de 6º curso do CEIP Isidro Parga Pondal.
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Xoves, 16 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
"Contacontos teatralizado" da obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", para alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Valle-Inclán, a cargo de Soledad Felloza
"Hora do conto", ás 18:30, con Pablísimo
Luns, 20 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
Presentación do libro "Feminismos", a cargo de María Reimóndez, unha das dúas autoras do libro, que forma tándem con Olga Castro.
Martes, 21 de maio
Biblioteca "Federico García Lorca". Montrove
"Hora do conto", ás 18:30, con Caxoto
Mércores, 22 de maio
Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz
"Hora do conto", ás 18:30, con Fran Ínsua
Biblioteca "Xograr Mendiño". Lorbé
"Hora do conto", ás 18:30, con Soledad Felloza
Xoves, 23 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
"Hora do conto", ás 18:30, con Paula Carballeira
Venres, 24 de maio
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Luns, 27 de maio
Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
"Hora do conto", ás 18:30, con Caxoto
Martes, 28 de maio
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
Contacontos teatralizado "Un nacemento especial", a cargo da Compañía Trinketrinke, dirixido a alumnado de 2º de Primaria do CEIP Rabadeira.
Venres, 31 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
Contacontos a cargo de Paula Carballeira, dirixido a alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria do CEIP Parga Pondal.
Biblioteca "Ánxel Fole". Nós
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera
Espectáculo de contacontos "Historias da maletra", ás 18:30, con Raquel Queizás (dentro do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia)
Todas as bibliotecas municipais contan con exposicións bibliográficas con obras de Roberto Vidal Bolaño e sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. Así mesmo continúan as Tertulias Literarias programadas para este mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario