
Esperámoste na
Biblioteca Central Rialeda
(2º andar), o venres 9 de marzo ás 18:30, para participar nesta
actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e
público en xeral.

Primeiramente, Paula Martínez, Amanda Muñoz, Alicia García, Pepa Mata e Xes Garbajosa, alumnas/o do
CEIP Valle-Inclán de Perillo xunto con Nacho García, alumno do
CEIP Vales Villamarín de Betanzos realizarán unha breve presentación sobre
“A mitoloxía grega: os seres mitolóxicos”.
A continuación, a doutora Socorro Castro García, profesora titular da Universidade da Coruña, Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica, nos ofrecerá a charla científica titulada
“Queres xogar con sólidos, líquidos e gases? Evapórate!”.
Seleccionamos para ti
libros e DVD para esta charla científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario