
Esperámoste na
Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 16 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Primeiramente, Iria Pillado e Carmen Rodríguez Coronado, de 1º da ESO do
IES Neira Vilas de Perillo realizarán unha breve presentación sobre
“As estrelas”.
A continuación,
José Manuel Rodríguez Seijo, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, área de Matemática Aplicada, nos ofrecerá a charla científica titulada
“A sorprendente utilidade das matemáticas”.
Seleccionamos para ti
libros para esta charla científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario