
Dende as Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos sumarnos a este evento, polo que vos pedimos que, ademais de difundir na medida do posible dita celebración e participar nos distintos actos de reivindicación da súa figura e obra, vos animedes tamén, a regalar ese día, un libro en galego e unha flor.
En todas as nosas bibliotecas poderás atopar diferentes exposicións bibliográficas. Igualmente se levas material en préstamo agasallarémosche cun libro en galego e cun marcapáxinas poético.
Rosalía... máis perto de nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario