22/10/10

Títulos recomendados o venres 22 de outubro:

- Xuvenil (de 12 anos en adiante):

Crónicas corsarias de Rafael Lema
Editado por Tambre
A Costa de morte é unha importante base de corsarios en época napoleónica. O virrei de México encárgalle unha misión ao capitán Araña, famoso pirata de Camariñas: deter no mar de Fisterra un gran navío da Compañía das Indias.

- Mozos-as e adultos-as:

Hotel Borg de Nicola Lecca
Editado por Pre-Textos
Cinco personaxes que cruzan as súas vidas en Islandia. A acción transcorre en catro rúas, comparten espazo aínda que non todos eles coñécense. Un fío invisíbel é o que os une sen que eles o saiban.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario