5/6/20

Recomendacións en Radioleiros: 5 xuño 2020

https://youtu.be/YgPYXbdY--w
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1480719&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

A meiga chuchona, de Jacobo Paz Limia con ilustracións de Xosé Tomás
Baía - Dispoñible en Galiciale

Unha nena escoita ruídos estraños de noite e ponse a investigar. Será que a súa avoa é unha meiga chuchona?.

Libro pertencente a unha serie adicada ao conto imaxinario galego.

+ en Bibloleiros sobre bruxas e avós/oas e net@s

- Moz@s e adult@s:

Diario del Polo Sur: El último viaje, 1911-1912, por Robert Falcon Scott
Interfolio

Crónica da última viaxe protagonizada por Scott e os seus homes que aínda hoxe suscita opinións diversas. Unha traxedia en estado puro.

+ en Bibloleiros sobre descubrimentos e exploracións

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/6/20

Chegou a hora da Natureza!!! #PolaNatureza

https://www.worldenvironmentday.global/es
Os alimentos que comemos, o aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no planeta, non existirían sen a natureza. As plantas mariñas producen máis da metade do osíxeno da nosa atmosfera e unha árbore é capaz de limpar o noso aire absorbendo 22 quilos de dióxido de carbono e dándonos osíxeno a cambio. A pesar de todos os beneficios que nos agasalla a natureza seguimos maltratándoa, por iso precisamos traballar por ela e por iso necesitamos este Día Mundial do Medio Ambiente. Colombia é o país anfitrión este ano, e desde 1974, o 5 de xuño é o día máis importante no calendario oficial das Nacións Unidas para fomentar a acción ambiental. En 2020 o tema é a biodiversidade. Eventos recentes, como os incendios forestais sen precedentes en Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e agora a pandemia de COVID-19, demostran a relación directa entre as persoas e a incidencia sobre o clima.
https://youtu.be/5gQUo_P22sM
Na web do Día Mundial do Medio Ambiente do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente podes atopar moita información sobre esta celebración, a súa historia, e noticias como a conexión entre o medio ambiente e os coronavirus así como unha gran cantidade de materiais visuais en diferentes idiomas para difundir a mensaxe "A hora da Natureza".
Fonte: Nacións Unidas
Queremos recomendarvos o fermoso libro "O home que plantaba árbores" de Jean Giono, resultado do encargo que recibíu o autor en 1953 da editorial Reader's Digest, de escribir un  relato sobre unha persoa inesquecible que Giono fixo sobre un personaxe inventado. Hai moitas versións por todo o mundo, tamén versións sonoras. En 1987, Frédéric Back realizou unha curta de animación basada no texto, que obtivo o Óscar.
Se queres a versión en castelán, "El hombre que plantaba árboles", podes levala tamén en préstamo. Lembra que para levar materiais a casa ou facer devolucións, has de pedir cita previa.

29/5/20

Recomendacións en Radioleiros: 29 maio 2020 #MesDasLetras

https://youtu.be/Ty7OuCcl0Gc
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=906034&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil:
"Na punta do pé" de Pesdelán. Ilustracións de João Vaz de Carvalho. En Kalandraka.
As paisaxes e as xentes de Galicia, Portugal e Brasil a través destas cancións para xogar e bailar nun traballo completado cun DVD e un CD, ofrecendo un conxunto de magnífica factura.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=%22Sc%C3%B3rpio%22&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Mozas-os e adultas-os:
"Scórpio" de Ricardo Carvalho Calero. Editado por AS-PG.
Unha novela coral con diversos personaxes que aportan detalles autobiográficos entre 1910 e o remate da Guerra Civil. Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid, Valencia e Barcelona entre outras cidades nun periplo vital que tamén é unha viaxe polas primeiras décadas do século XX. Premio da Crítica española para narrativa en galego no 1988.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Libros sobre un rectángulo verde (para calmar a espera)

https://www.mandy-barker.com/penalty-2
Disque a pelota volverá a roular para comezos de xuño. Mentres tanto, para aquelas-es afeccionadas-os que se desasosegan coa espera, ofrecemos, a xeito de placebo, dúas novelas co fútbol de fondo: "Cómo llegamos a la final de Wembley" de J. L. Carr e "El regate" de Sérgio Rodrigues e dous interesantes volumes sobre o xogo das-dos 22: o "Libro del fútbol y otros juegos de pelota", edición de Pablo Nacach e o adicado ao mellor e o máis elegante, "Luís Suárez: fútbol de seda" de Xan Fraga. Se son moitas as saudades, pódense aplicar dúas doses de Hernán Casciari: escoita os contos, "No me importa el fútbol" e "Messi es un perro".
A imaxe que ilustra esta entrada pertence á exposición Penalty (Penalti) da artista Mandy Barker coa que quixo fomentar a conciencia sobre o grave problema da contaminación mariña poñendo o foco no fútbol como símbolo global. O proxecto implicou a colaboración de persoas de todo o planeta a través da convocatoria en redes sociais para que a xente recollese e publicase a imaxe das pelotas que atopasen no mar ou na costa. O título da expo fai referencia á sanción máxima por incumprir o regulamento do fútbol e ao prezo que pagaremos todas-os se non coidamos os mares reducindo o consumo de plástico e facéndonos responsables da súa reciclaxe.
Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou facer devolucións, has de pedir cita previa.

28/5/20

Escoitamos "Unha palabra para don Ricardo" #MesDasLetras

https://academia.gal/letras-actual#tab6
"Unha palabra para don Ricardo" son un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Ricardo Carvalho Calero que conforman un retrato colectivo do protagonista do Día das Letras Galegas 2020. Estes microespazos audiovisuais contan coa participación de académicas-os de número, académicas-os correspondentes e distintas persoas que tiveron algunha relación co autor ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Cada participante elixe unha palabra que destaca a calidade que, ao seu xuízo, mellor define o homenaxeado ou que retrata un trazo persoal, unha faceta ou unha obra do autor que valora especialmente. Compromiso, galego cabal, poeta, filólogo, galeguista, soñador, lingua, gramática, orador, ou independente son algúns dos termos a través dos cales irán debuxando un retrato colectivo que inclúe tamén nalgúns casos a lectura de poemas ou textos de referencia de Carvalho Calero. A emisión da serie comezou o 1 de maio, coa lembranza do homenaxeado que garda o académico Salvador García-Bodaño. O poeta evoca a celebración en 1963, no salón artesoado do pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, do primeiro Día das Letras Galegas, unha data histórica en que Ricardo Carvalho Calero pronunciou unha conferencia sobre a súa protagonista, Rosalía de Castro, e a obra Cantares gallegos.
https://youtu.be/KmS28ebXSGgFonte: RealAcademiaGalega

Lembramos que na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) temos unha expo cos libros que temos nos nosos fondos, da autoría de Carvalho Calero e sobre a súa obra científica e literaria. Podes visualizar nesta  galería de imaxes a bibliografía que hai ao teu dispor. Podes levalos en préstamo para ver detidamente en casa e saber máis de Carvalho Calero. Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou para facer devolucións, has de pedir cita previa.

27/5/20

De comida servida nunha caixa e caras en pans...

https://vimeo.com/showcase/7174634
Bentō significa "comida servida nunha caixa", e a súa orixe parece remontarse a hai case 900 anos coa introdución na gastronomía xaponesa dun tipo de arroz que permitía gardalo en bolsas. Logo, comezáronse a utilizar bonitas caixas de madeira lacadas para levar a comida nas excursións campestres, tomar un petisco (cando se ía ao teatro, por exemplo) e tamén como friameira para o xantar das-dos cativas-os no colexio. Isto deu orixe a un xeito de bentō moi popular e coñecido en todo o mundo, que é ese no que a comida se presenta dunha forma divertida e artística, ao tratar de representar obxectos diversos, cariñas de animais, etc. Presentámosvos tres saborosas curtas animadas ("Waltz", "Decorations", "Twins in Bakery") da artista de bentō, Mari Miyazawa
Para as-os cociñeiras-os máis novas-os da casa, propoñémosvos o libro "Pratos do mundo: divertidos, fáciles, creativos" e "Yo quiero ser chef: cocinas del mundo".

Sabine Timm, é unha artista alemana que crea personaxes fantásticas a partir de elementos da natureza, obxectos de refugallo recollidos nas praias e moitos outros tesouros que colecciona desde cativa e aos que lles dá unha nova vida. Sabine ten un don especial para unir cousas, aparentemente inútiles, que parecían estar aí para seren conectadas. Crea e conta historias a través dos seus minimundos, das súas caras en pans, de peites con narices… Historias que zumegan moito sentido do humor e gustan tanto a adultas-os como a pequenas-os.
Fai as túas propias creacións con material de reboutallo. Estes catro estupendos títulos de Javier Solchaga pódenche inspirar: "El castillo", "El circo", "Animales salvajes" e "Personajes de cuento".

Lembrade que aínda estamos nunha fase na que, para visitarnos, habedes de pedir cita previa. Agardámosvos!

26/5/20

Abrimos a fiestra a bibliotecas do outro lado do Atlántico e a outras desta parte do mundo...

http://catalogo.iib.unam.mx/F/-/?func=login&local_base=BNDM
Do outro lado do Atlántico chegan moitos recursos que podemos aproveitar para a nosa aprendizaxe e lecer: a Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), a través da Biblioteca Nacional de México, da Hemeroteca Nacional de México e do Instituto de Investigaciones Bibliográficas, pon a disposición de todo o mundo a súa colección dixitalizada de libros, xornais e revistas mentras dure a continxencia sanitaria do Covid-19. É de grande interese para o persoal investigador e docente e a cidadanía en xeral pola posibilidade de investigación, coñecemento, lectura e entretemento que se ofrece de xeito totalmente aberto e gratuíto. Fonte: julianmarquina.es

As bibliotecas públicas municipais teñen un papel fundamental no achegamento da cultura e a información ás poboacións ás que serven. Máis, se cabe, en momentos de crise económica, social ou na actual situación de emerxencia sanitaria. Varias bibliotecas españolas foron recoñecidas pola ALA (American Library Asociation) no Programa Internacional de Boas Prácticas. A ALA pon en marcha o “Best Practices from World Libraries” (Mellores prácticas das bibliotecas do mundo) no que se requiría que bibliotecas de todo o mundo presentasen fotografías nas que se mostrasen proxectos e programas das bibliotecas que mellor amosen o tema deste ano da ALA: o valor das bibliotecas na promoción da xustiza social e a inclusión. Varias bibliotecas españolas foron recoñecidas por este prestixioso programa, entre elas, a Biblioteca galega de Verín. Parabéns!
 
http://www.bibliotecadeverin.es/?page_id=2391- Voluntariado Cultural da Biblioteca Verín: Vivir cos idiomas na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, (Ourense). Este programa funciona desde hai 11 anos nesta Biblioteca Municipal. Nenas-os de 9 a 17 anos e algunhas-os adultas-os prestan o seu tempo para facer manualidades e contar contos na biblioteca. Tamén existe unha colaboración coa veciña localidade portuguesa de Chaves. Participaron nenas-os de ambos países, demostrando que a cultura e as bibliotecas son universais. Por esta actividade conxunta o Parlamento Europeo recoñeceu á Biblioteca de Verín cun premio por rachar as fronteiras e achegar culturas.

- “Lectura de bienestar” da Biblioteca Municipal L’Ateneu de Esparreguera, (Barcelona).

- "Proyecto InserLab do Centro de Aprendizaje e Investigación (CRAI)", Universitat Rovira i Virgili (Tarragona).

- "Un libro de experiencias: Expresando la vida cotidiana a través de las artes plásticas", Ubik, Biblioteca de la Creación de Tabakalera (Donostia/San Sebastián).

- "El rincón púrpura en la biblioteca del IE Biblioteca del IE", IE University, (Madrid & Segovia).

- "Intercambio de idiomas de la Biblioteca Fort Pienc", Biblioteques de Barcelona.

- "Cuentacuentos a medida” da Biblioteca de Can Sant Joan, Montcada i Reixac, (Barcelona).

Fonte: universoabierto.org

25/5/20

De pitas (para nenas-os) e alacráns (para mozas-os)... #MesDasLetras

http://aspitas.gal
- A CNLCA de Ferrolterra e Edicións Embora puxo en marcha "As pitas baixo a choiva", iniciativa educativa da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra inspirada libremente no conto do mesmo título de Ricardo Carvalho Calero. Este proxecto reúne o conto, a música e unidade didáctica.
Conto: álbum ilustrado co texto orixinal do relato "As pitas baixo a choiva" (consulta dispoñibilidade), publicado por Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952. A presente edición, ilustrada por Alberto Toval, respecta a grafía orixinaria escollida polo autor.
Música: Letra e música de Pepablo Patinho Penya e Nacio Herb Brown. Arranxos instrumentais e vogais, Xil López Sánchez. Voz principal, Andrea Picos Rodiles. Piano, Xil López Sánchez. Viola, David Canoura López. Guitarras e acordeón, Alberto José Fuentes García. Gaita, Juan Rodríguez Silvar. Percusión, Pablo Vergara Pérez. Viloncello, Lucía Hermida Vivero. Coro "Son do Sofía", dirixido por Almudena Armada Rodríguez.
Unidade didáctica: foi elaborada por un grupo de traballo coordinado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Componse de actividades interdisciplinares e para idades comprendidas entres os 3 e 11 anos.

- Vídeo da "versión froiteira" de "As pitas baixo a choiva", de Costa Oeste. Crea os personaxes do relato "As pitas baixo a choiva" a partir dun conxunto de froitas que ao final poderás convertir na túa merenda ao tempo que gozas cunha lectura que narra un recordo da infancia do autor.

https://youtu.be/jF2RKDKVIZk- Nubes Baixo Ti. A youtubeira Eira, fala na súa canle de temas que che interesan: recoméndache libros, series, fotografía, música.... Tamén ten contidos de cociña, manualidades, viaxes, debuxo, maquillaxes...
 Non te perdas a suxestión de lectura da novela "Scórpio (consulta dispoñibilidade)!!!
https://youtu.be/sGRVoDoYwko




- Vídeo da versión de "As pitas baixo a choiva" de Contos dende a casa do CEE Terra de Ferrol.


#MesDasLetras

Segue maio, seguimos celebrando as Letras Galegas! #MesDasLetras

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0013.html
- Exposición "A voz presente".
Neste #MesDasLetras presentámosche unha interesante exposición sobre a vida, a obra e o pensamento de Ricardo Carvalho Calero promovida pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
A exposición en formato físico iniciará a súa itinerancia por varios puntos de Galicia e de Portugal cando as circunstancias motivadas pola Covid-19 o permitan. Polo momento, aquí poden verse os paneis que a compoñen en formato dixital.
https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.htmlO debuxante comezou o seu traballo en decembro de 2019 e, segundo as súas propias palabras, quixo "humanizar o personaxe, de xeito que non sexa só un nome, senón un home, para os mozos que van acceder a el na celebración do Día das Letras Galegas. Un home que me distinguiu coa súa amizade, que tantas veces riu comigo e algunhas se emocionou recordando o noso Ferrol. Por iso este traballo está feito desde o afecto, a gratitude e a amizade".
Fonte: lingua.gal

- Para celebrar o Día das Letras Galegas a Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé) proponnos esta Sopa de Letras.
A ver se dás coas palabras que van en maiúscula, no texto, nesta Sopa! Se te rendes, nesta ligazón vai a solución!

22/5/20

#MesDasLetras 2020: Suxestións para nen@s e adolescentes

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-32037.pdf

Xa estamos de volta nas Bibliotecas Municipais de Oleiros con ganas de espallar... boas historias, literatura entretida e lecturas divertidas para ti. Teñas a idade que teñas!

Fíxate nesta escolla de libros en galego para celebrar o #MesDasLetras, algún vaiche gustar. 
Propaga os libros interesantes que che propoñemos e frea os microorganismos invisibles que nos dificultan a existencia.

Desde a nosa fiestra vemos lindas iniciativas para celebrar a nosa lingua e literatura #MesDasLetras

https://youtu.be/klE7lFf0IUI
- "O galego é unha lingua universal = O galego é uma linguagem universal", fermoso vídeo realizado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas). Este centro educativo fixo unha viaxe poética arredor do mundo, coa lingua galega como nexo de unión para homenaxear a Carvalho Calero. A universalidade do galego-português é un tesouro marabilloso que a proposta deste IES amosa a través de poesías na nosa lingua, con sotaques tan diversos e por compañeir@s de países tan lonxanos ao noso cos que compartimos unha lingua común.
Grazas, Obrigado, IES Maximino Romero de Lema!!!
https://youtu.be/t-KagMBzgz4
 - No vídeo realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas de Ares co gallo do Día das Letras Galegas, o persoeiro homenaxeado fálalle en primeira persoa ás-aos alumnas-os deste centro. Cóntalles de primeira man a súa vida e a súa traxectoria profesional, educativa, literaria, académica, etc.  
Grazas por tan fermosa iniciativa!
 
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf 
- A editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición das-dos máis pequenas-os da casa, no Portal da Lingua Galega, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Descárgao de balde nesta ligazón e aprende moitas cousas interesantes do autor de "As pitas baixo a choiva", do que che deixamos aquí unha adaptación en vídeo realizada polo profesorado do CEIP Vilaverde-Mourente da obra publicada por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval. Grazas, Bolechas. Grazas, CEIP Vilaverde-Mourente!


https://artsandculture.google.com/story/roman-walls-of-lugo/sALCGQjgKEVOJg- "Don Ricardo de Fingoi": nesta web podes ver a estreita relación de Carvalho Calero e a cidade de Lugo. O intelectual ferrolán residíu e traballou en Lugo desde 1950 a 1965, como profesor e responsable do Colexio Fingoi. Imaxina cantas veces terá percorrido a súa Muralla! Cantos paseos terá dado por riba desa espléndida construcción e nalgunha desas voltas non lle terá dado forma a moitos dos seus versos! Pois, sabías que a Muralla de Lugo é un dos 40 monumentos do Patrimonio Mundial que a UNESCO promocionou durante este confinamento? A iniciativa enmárcase na campaña #ComparteNuestroPatrimonio, destinada a dar a coñecer o Patrimonio Mundial e supón un gran recoñecemento, xa que a listaxe reúne máis de 1020 monumentos, paisaxes e tradicións ao longo de todo o mundo e coincide co vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Nesta web podes ver estupendas fotos, vídeos e mesmo podes facer un paseo virtual por riba da muralla!!! Grazas, Colexio Fingoi! Grazas, Unesco!
#MesDasLetras

Recomendacións en Radioleiros: 22 maio 2020 #MesDasLetras

https://youtu.be/GW8fhvm355o
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1478862&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 6 a 8 anos):

A reconquista, de Antía Yáñez; ilustracións de Ana Pedreira
Baía

A tenacidade de Lúa vai provocar unha onda de solidariedade no patio do seu colexio, facilitando que moitos nenos e nenas podan desfrutar do tempo de recreo.


- Moz@s e adult@s:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1790857A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada
Galaxia

Os dezasete anos son unha época difícil para Xeila: a separación dos seus pais, as inseguridades físicas xunto coas dúbidas sobre o seu futuro profesional fan que teña un comportamento estraño e contraditorio que mesmo inflúe nas súas amizades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

#MesDasLetras

20/5/20

Expo bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero en Rialeda

https://youtu.be/KmS28ebXSGg
Ricardo Carvalho Calero é o protagonista do Día das Letras Galegas 2020. As actuais circunstancias obrígannos a adiar as actividades presenciais que tiñamos previsto para dar a coñecer as diferentes dimensións dunha figura tan poliédrica como a de Ricardo Carvalho Calero: poeta, novelista, dramaturgo, ensaísta, intelectual e galeguista, entre outras facetas.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) temos unha expo cos libros que temos na biblioteca, da autoría de Carvalho Calero e sobre a súa obra científica e literaria. Visualiza nesta galería de imaxes a bibliografía que temos ao teu dispor. Podes levalos en préstamo para ver detidamente en casa e saber máis de Carvalho Calero. Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou para facer devolucións, has de pedir cita previa.

#MesDasLetras

18/5/20

Horario das Bibliotecas Públicas Municipais con Cita Previa

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31976.pdf
O horario (ata o 13 de xuño) de atención ao público, con cita previa, das Bibliotecas Municipais de Oleiros, para préstamo e devolución de fondos bibliográficos é o seguinte:

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO. Teléfono 981 639 511. Horario de atención ao público: Luns a venres, das 8,15 ás 21 horas. Sábados (ata o 15 de xuño), das 10 ás 14,15 horas.

BIBLIOTECA  PÚBLICA  MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ. Teléfono 981 626 338. Horario de atención ao público: Luns a venres, das 8,30 ás 21 horas. Sábado 6 de xuño, das 10,15 ás 13,30 horas.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS. Teléfono 981 610 700. Horario de atención ao público: Mañás, de martes a venres, das 10 ás 13 h. Tardes, de luns a venres, das 16 ás 20 horas. Sábados 23 de maio e 13 de xuño, das 11 ás 13 horas.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA. Teléfono 981 628 507. Horario de atención ao público: Luns a venres, das 16 ás 20 horas.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA. Teléfono 981 626 638. Horario de atención ao público: Luns a venres, das 16 ás 20 horas.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS. Teléfono 981 664 257. Horario de atención ao público: Luns, das 16,30 ás 20 horas. Martes a venres, das 16 ás 20 horas.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ. Teléfono 981 618 201. Horario de atención ao público: Luns, das 16,30 ás 20 horas. Martes a venres, das 16 ás 20 horas.
biblioteca.lorbe@oleiros.org


É necesario que os usuarios e usuarias soliciten cita previa, para ter o correcto distanciamento social a causa do Coronavirus. Esta cita poderán pedila a través do correo electrónico e/ou do teléfono da biblioteca á que desexen acudir. Nesta cita diráselles o día e a hora en que poden vir a coller en préstamo fondos bibliográficos (libros, DVD, CD, revistas...) e/ou devolver os que teñan no seu domicilio.

Aproveitamos para informar que os préstamos que tiñan pendentes de devolución entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo quedan prorrogados ata o 11 de xuño, para evitar concentracións de usuarios/as. Desta forma terán unha marxe ampla para poder achegarse á biblioteca correspondente.

PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS

Abrimos a fiestra... aos museos!

https://www.instagram.com/museosoleiros
“Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” é o lema para o Día Internacional dos Museos 2020, que celebramos hoxe 18 de maio. Os museos son lugares excepcionais para o intercambio cultural, o enriquecimento e desenvolvemento da comprensión mutua entre os pobos. Recomendamos a visita, polo de agora virtual, destes tres centros museísticos:

- O Museo “Os Oleiros” – José Mª Kaydeda, institución de titularidade municipal que ten a súa sede no primeiro e segundo andar do Centro Cultural As Torres en Santa Cruz, do noso Concello. Dedícase ao mundo da olaría popular española e na súa exposición permanente pódese atopar unha ampla variedade de pezas de uso cotiá procedentes de toda a xeografía española, incluíndo as illas. Na mostra hai, tamén, un pequeno apartado dedicado á olaría precolombina.

- Visitar a web de Museos de Galicia é case dar unha volta por todo o País sen saír da casa. Nela poderás ver exposicións, visitas 3D e numerosas actividades en museos de temática diversa.

- O Museo da BNE seleccionou para esta ocasión a exposición virtual "Manos con voz propia: quinientos años de lengua de signos". A través de manuscritos, libros, gacetas, fotografías, gravados e obxectos preséntanse os principais sistemas de ensinanza da lingua de signos e as novidades pedagóxicas xurdidas nos séculos XX e XXI.

- A Tate é a rede estatal de galerías británicas con sede en Londres e outras cidades inglesas, especializada en arte moderna e contemporánea. O seu espazo web para cativas-os, Tate Kids, é un entorno en liña para divertirse con xogos de arte, escribir historias e subir e compartir arte con nenas-os de todo o mundo. Ofrece ferramentas para que as-os máis xoves fagan as súas propias obras ou interactúen coas do Museo. Feliz Día Internacional dos Museos!