14/8/20

Cecilia Monllor recomenda...

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-32424.pdf

A xornalista e coordinadora dos clubs de lectura da Biblioteca Rialeda, Cecilia Monllor, recomenda 8 títulos para diferentes padais literarios

Aínda estás a tempo de tomalas prestadas na Biblioteca Central Rialeda ou na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ou descargar a súa versión electrónica en Galiciale.

Queda moito verán para desfrutar con boas lecturas!

7/8/20

Cada verán ten a súa historia: suxestións para nen@s e adolescentes

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-32418.pdf 

Achegámoste esta guía de 12 páxinas con 70 suxestións para este verán que aínda está lonxe de rematar. Ven á biblioteca ou descarga algúns dos títulos en Galiciale


Recomedacións en Radioleiros: 7 agosto 2020

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1505868&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Xuvenil:
"Ninfa rota" de Alfredo Gómez Cerdá. En Anaya.
XVI Premio Anaya de Literatura Xuvenil, 2019
Unha obra de narrativa que fala de adolescentes e trata sobre un amor insano, o machismo, a violencia, pero tamén da amizade e a sinceridade.
Marina, a protagonista, conta en primeira persoa como namorou de Eugenio e como viviu esa relación. É o mozo co que saíu e que pouco a pouco lle foi impoñendo a súa vontade. Ela confunde esas imposicións machistas con arrebatos de namorado e pensa que o amor esixe renuncias dunha mesma...
De repente, todo empeora a causa da ruptura da relación. Marina ponse mal, ten pesadelos, non pode durmir... Os pais están preocupados. Pensaban que o sabían todo sobre a súa filla, pero chega un momento en que non comprenden o que lle sucede. Vai a un psicólogo que, como parte da terapia para recuperarse, lle recomenda que escriba sobre o que aconteceu. Ela non cre que isto vaia solucionar o seu problema, pero comeza a escribir o caderno no que nos conta o sucedido.
Estamos ante un libro conmovedor, incisivo, dirixido a un público xuvenil, a partir de 14 anos aproximadamente, que nos fala de imposicións nas relacións de parella, de violencia e que persegue mostrar a súa complexidade desde o punto de vista da vítima e como é difícil recuperarse dunha relación tóxica.

- Mozas-os e adultas-os:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1129003&query_desc=tregua"La tregua" de Mario Benedetti. Editado por Cátedra.
Este ano conmemórase o centenario do nacemento de Mario Benedetti (en concreto o 14 de setembro fará os 100 anos), por este motivo, na Biblioteca Central Rialeda montouse unha mostra bibliográfica coas súas obras principais e hoxe facemos esta recomendación. 
"La tregua" é unha fermosa novela, publicada por primeira vez en 1960, curta pero intensa, escrita en forma de diario.
É o diario persoal de Martín Santomé, un home de case 50 anos, viúvo, con tres fill@s maiores, que traballa levando a contabilidade nunha empresa, e que a punto de xubilarse volve a atopar o amor o que lle dá un novo sentido a todo...
Os  grandes temas que trata son a súa vida e o tempo. Un tempo humano e vital, que é un gran baleiro cuberto nun momento dado por unha etapa de amor, de aí o título do libro “a tregua”, como unha interrupción temporal dese baleiro.
Fálanos do paso do tempo e de deixar atrás os soños. Segundo vai narrando pensa no que fará cando estea xubilado e non teña as preocupacións do traballo, pero tamén conta os acontecementos diarios, o que lle pasa na empresa, as relacións c@s fill@s. Asistimos a unha vida de rutina ata que de repente aparece o amor que o cambia todo...
Paralelamente tamén presenta outras temáticas como a vida na cidade, unha preocupación social polo país, a soidade, a incomunicación, o amor, a relación entre as distintas xeracións, a felicidade e a morte.
Foi adaptada ao teatro, á televisión e ao cine e tamén ten unha versión radiofónica. O autor mostrouse moi satisfeito coa adaptación para TV, pero non coa cinematográfica.
Unha triste e fermosa obra moi ben escrita. Cando acabas de lela deixa unha sensación de tristeza, pero ao mesmo tempo de benestar polo excelente libro que acabas de ler.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 31 xullo 2020

https://youtu.be/EYK6Eg44j3Q
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1004051- Infantil (a partir de 6 anos):
"Raro" de Marcos Calveiro. Ilustracións de Ana Pez. Editado por Tambre. 

Tomás nunca sae á rúa e observa desde a fiestra a vida do seu barrio. A chegada duns novos veciños abre unha etapa distinta: que vai pasar? Unha historia en positivo arredor da integración. 

- Mozas-os e adultas-os:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1502930&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-43"Corazón que ríe, corazón que llora: cuentos verdaderos de mi infancia" de Maryse Condé. En Impedimenta.

A nena Maryse nace nos anos trinta nunha familia de funcionarios na illa caribeña de Guadalupe que viaxa con frecuencia a París. 
Unha realidade dupla que tardará en entender coas súas diferencias raciais, sociais e de costumes e que plasmará nestas lembranzas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 24 xullo 2020


- Infantil (a partir de 8 anos):
"A nena, o monstro e o mar: unha historia de Leopolda Diéguez" de Teresa González Costa. Ilustracións de Martín Romero. Editado por Xerais.
Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez que aparecía por primeira vez en "Fred Quincalla, o nómade do mar".
Leopolda Diéguez nárralle a Gran Gogol (que estaba prisioneiro nunha torre) a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro: unha vida. Só conseguen ver o mar cando o monstro está durmido.
Na historia que conta Leopolda, a nena pídelle a seu avó que de agasallo
polo seu aniversario lle gustaría que lle contara como é o mar, pero tamén quere saber que lle pasou a seus pais...
Un relato de viaxes que nos fala de amizade, da relación avós-netos, de seres diferentes, da protección do medio ambiente e dunha necesidade da educación en valores.

- Mozas-os e adultas-os:
"El puerto de los aromas" de John Lanchester. En Anagrama.
En 1935, Tom Stewart, un mozo inglés, deixa unha tranquila localidade e o pub familiar no que traballa e marcha a Hong Kong. No barco coñece a María, unha monxa asiática nova, e por unha aposta ela ensinaralle cantonés o tempo que dure a viaxe. Tom e María manterán a amizade durante todo o tempo.
Nos anos n
oventa, Daw Stone, unha ambiciosa xornalista británica que quere medrar na súa carreira, deixará o xornal no que traballa en Londres para cambiarse a un medio de comunicación de Hong Kong. Unha crónica sobre os millonarios locais atraerá a atención do dono da revista, o que lle facilitará a súa promoción.
En Hong Kong tamén atopará unha nova vida Matthew Ho, un neno refuxiado, que o pai foi vítima da revolución cultural en China. De maior será empresario..
.
En torno a estes catro personaxes avanza a novela, pero principalmente cóntanos a
vida de Tom Stewart desde que chegou a esta cidade e con ela como pano de fondo e como verdadeira protagonista. Vemos os principios de Stewart, a ocupación xaponesa durante a Segunda Guerra Mundial... Segundo vai transcorrendo a vida de Stewart, paralelamente contemplamos a evolución de Hong Kong ao longo do século XX.
A obra consta dun prólogo narrado polo propio Stewart e está dividida en catro partes, cada unha narrada por unha destas persoas. Na 1ª fala a xornalista Daw Stone, na 2ª Tom Stewart, na 3ª a irmá María, e na 4ª Matthew Ho.
Con Matthew Ho regresamos á última década do século pasado. A súa vida estará relacionada cos anteriores personaxes.
O significado de Hong Kong é porto dos aromas, de aí o título do libro. Unha mítica cidade que pasou por diferentes guerras e que agora, co paso do tempo, é unha urbe moderna.
Unha obra moi interesante, ben escrita, que nos traslada a outro continente, con outra lingua, costumes e gastronomía distintas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/7/20

Grazas pola túa literatura, Marsé!

Indomable, insubornable, cinéfilo empedernido, o mellor autor que contou Barcelona... Son algúns dos epítetos que estes días os medios de comunicación lle adican a Juan Marsé con motivo do seu pasamento. A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrece ás-aos súas-seus lectoras-es unha expo cos libros e as adaptacións cinematográficas que temos nos nosos fondos para reler ao que foi Premio Cervantes en 2008.
"Parece un argumento dunha das súas novelas pero Juan Marsé naceu en Barcelona o 8 de xaneiro de 1933 como Juan Faneca Roca. A súa nai morreu no parto, e deixou ao taxista Faneca só coa súa filla pequena e o recén chegado. No decurso dunha das súas carreiras coincidíu co matrimonio Marsé, unha parella nova que lamentaba non ter fillos: o futuro novelista foi adoptado ás poucas semanas do seu nacemento, e pasou así a chamarse Juan Marsé i Carbó. Pasou os anos de infancia como un mal estudante que a menudo prefería correr polas rúas de Gràcia, o Guinardó e a montaña do Carmel antes que ir á escola. Estas paisaxes acabarían convertidas nos seus escenarios literarios, e agora a biblioteca do barrio do Carmel leva o seu nome, para homenaxear así ao escritor que puxo a Montaña Pelada no mapa literario de Barcelona, cos seus personaxes como o emblemático "Pijoaparte" de "Últimas tardes con Teresa".

17/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 17 xullo 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
- Infantil (a partir de 8 anos):

Lúa en Ningures, de Beatriz Maceda, con ilustracións de Laura Veleiro
Xerais

A guerra obriga a Lúa a fuxir do seu lugar habitual e remata en Ningures coa súa familia. Este campo de refuxiados serviralle para descubrir cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.

- Moz@s e adult@s:

Frida Kahlo, una biografía, de María Hesse
Lumen

Un paseo ilustrado pola vida da pintora mexicana, muller icónica que viviu con intensidade experiencias e acontecementos dos máis importantes do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



14/7/20

Cada verán ten a súa historia: novelas para moz@s e adult@s

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-32362.pdf 

Visítanos e escolle calquera destas 18 propostas que abarcan diferentes xéneros e temas. 
Se o prefires, descarga ou visualiza as versións electrónicas a través de GaliciaLe

10/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 10 xullo 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
- Infantil (menores de 6 anos):

Un máis, de Olalla González e ilustrado por Marc Taeger
Kalandraka

Álbum ilustrado para os máis pequenos sobre a vida dunha familia de coellos na que vai nacer outro coelliño

Unha tenra historia que relata a curiosidade e estrañeza do irmán ante o próximo acontecemento e como tamén colaboran outros animais.

Texto emotivo con simpáticas imaxes que lembran os debuxos infantís. Policromáticas (con predominio do azul, verde e ocre) cando representan as escenas do relato e monocromáticas ao representar os soños e desexos do protagonista.

Fermosa obra que desprende agarimo, solidariedade, tenrura e unha sorpresa final.


- Moz@s e adult@s:

La trenza, de Laetitia Colombani
Salamandra

Unha novela sobre tres mulleres nacidas en distintos continentes e con situacións persoais, culturais e socioeconómicas totalmente diferentes, pero unidas polas súas ansias de superación, liberdade e de saír da situación na que se atopan.

Smita é unha "dalit" (intocable) da India. Sobrevive recollendo excrementos das castas superiores. Baleira diariamente vinte casas. Continúa a tradición materna, trasmitida desde xeracións. Pero Smita desexa que a súa filla non se adique a iso, quere que vaia á escola e aprenda a ler e a escribir, o que significará desafiar as normas establecidas.

Giulia vive en Sicilia. A súa familia leva case cen anos traballando no seu propio taller de perrucas e postizos. Giulia tamén continúa a tradición desde os 16 anos tras deixar o instituto. O seu pai sofre un grave accidente e debátese entre a vida e a morte no hospital. Mesmo o taller entra nunha situación difícil porque empeza a faltar materia prima...

Sarah é unha ambiciosa avogada en Montreal que sacrificou a súa vida familiar en prol da súa carreira. As consecuencias son dous matrimonios fracasados e tres fillos aos que non ve medrar. No traballo ten por norma non falar da súa familia nin dos problemas que conleva. Sabe que está mal visto, así conseguíu ser nomeada conselleira e socia do bufete. Un día desmáiase na sala do tribunal e lévana ao hospital... 

Smita, Giulia e Sarah non se coñecen, pero teñen moito en común, a loita por saíren adiante nas circunstancias máis desfavorables.


Narración conmovedora na que, a través dos cambios que ocasiona a vida, haberá unha relación nos camiños das tres mulleres, a xeito de entrelazo, de aí o título da obra, que simboliza a vontade e a forza inquebrantable por saír adiante.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


6/7/20

Tres novas de... mapas antigos

https://www.davidrumsey.com/luna/servlet/detail/RUMSEY~8~1~292298~90067010:50--Mapa-geografico-del-Reyno-de-Ga?sort=Pub_List_No_InitialSort%2CPub_Date%2CPub_List_No%2CSeries_No&qvq=q:Tom%C3%A1s%20L%C3%B3pez%20de%20Vargas%20Machuca%20Mapa%20geogr%C3%A1fico%20del%20Reyno%20de%20Galicia;sort:Pub_List_No_InitialSort%2CPub_Date%2CPub_List_No%2CSeries_No;lc:RUMSEY~8~1&mi=0&trs=5
Os mapas son ferramentas fundamentais para o coñecemento do mundo. Por iso ofrecemos estas tres novas dese conxunto de topónimos, liñas, e cores que trazadas sobre un soporte, nos axudan a non perdernos.
A colección de mapas de David Rumsey é a colección privada de cartografía máis grande do mundo e suma cada vez, máis  exemplares ao seu catálogo. Esta colección ten máis de 150000 mapas, dos que máis de 91000 están dixitalizados en libre acceso en liña. Quen quera pode acceder á colección, navegar por ela e descargase os mapas que desexe en alta resolución. O número de mapas históricos engadidos non para de medrar e ben paga a pena unha visita ao mundo desde esta web.
Tamén o Ministerio de Defensa inclúe na súa biblioteca virtual máis de 7000 mapas e planos en dominio público. A cidadanía en xeral pode consultar os máis de 7000 mapas e planos da cartografía histórica conservada no Archivo del Centro Geográfico del Ejército, un referente para o estudo da mesma. Esta documentación está publicada baixo a licencia Creative Commons CC0 e pode consultarse desde a Biblioteca Virtual de Defensa.
O Archivo General de Indias atopa un mapa inédito da Bahía de La Habana en 1798. Cando semellaba que a aparición de achágedos era xa algo do pasado, chega esta peza de grande importancia para o arquivo con sede en Sevilla.
Fonte: julianmarquina.es
Recomendamos a lectura da novela "Fontán", que relata a vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia, da autoría de Marcos Calveiro. Obras sobre Domingo Fontán, nesta ligazón ao catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Tamén podes ler a novela de Calveiro en GaliciaLe.

3/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 3 xullo 2020

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=823580&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-43https://youtu.be/lyFuge1f_EE- Infantil (a partir de 6 anos):
  
Un conto de cegoñas, de Antonio Ventura. Con ilustracións de Leticia Ruifernández
Galaxia

Un fermoso álbum que explica dun xeito máxico a chegada dos bebés cunhas cegoñas que proxectan unha viaxe a París.

- Moz@s e adult@s:


La huida hacia Europa: la joven África en marcha hacia el Viejo Continente, de Stephen Smith
Arpa

Este xornalista e académico norteamericano reflexiona arredor do futuro de Europa e África nun prazo de trinta anos de seguir as dinámicas demográficas actuais.

Unha proba sen precedentes que redactada neste ensaio mereceu o premio ao mellor libro de Xeopolítica en Francia no 2018.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/6/20

Recomendacións en Radioleiros: 26 xuño 2020

https://youtu.be/0KfWd2XB5AM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1442100&query_desc=animalia- Infantil: 
"Animalia 1. Verde" de Xosé Tomás, en Xerais.
Na calma da selva, unha sucesión de golpes alerta a todos: "Bum, Bum". O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón …."Animalia" é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats en  historias autoconclusivas dunha páxina co talento habitual de Xosé Tomás. 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1791360&query_desc=colapso- Mozas-os e adultas-os: 
"Colapso" de Jared Diamond. Editado por Debate.
Desde unha perspectiva multilateral, o profesor Diamond estuda a causa pola que algunhas sociedades desapareceron sen deixar pegada (maias, Illa de Pascua, pobo anasazi de Norteamérica) e outras alcanzaron cotas de desenvolvemento moi importantes (Islandia, Xapón…) xunto a casos sen un final definido (China ou Australia).

Dispoñible tamén en eBiblio.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/6/20

Recomendacións en Radioleiros: 19 xuño 2020

https://youtu.be/WsHX6QmG8Fw
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1713270- Xuvenil (a partir de 12 anos):


Nos anos trinta Suso pasa o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza pola súa mala saúde. Un tempo cheo de aventuras propias dos seus trece anos xunto coas novas amizades e a aparición dun libro misterioso.  

 Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil cunhas magníficas ilustracións de Víctor Rivas.

- Moz@s e adult@s:

Viaje al manicomio, de Kate Millett, con prólogo de Mar García Puig

A traxectoria persoal, médica e política dunha das feministas máis activas do século XX. Un alegato a favor dos dereitos civís dos enfermos mentais nunha época, os anos setenta, de compromiso político, traballo académico e problemas persoais.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/6/20

Horario das Bibliotecas Municipais de 15 a 30 de xuño. Lembra, con cita previa!!!

https://drive.google.com/file/d/1Fslt_z8pnnrv6zzEygdg2egIbb0Kbwnp/view?usp=sharing
O horario (de 15 a 30 de xuño) de atención ao público, con cita previa, das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, para préstamo, devolución de fondos bibliográficos e lectura en sala é o seguinte:

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO. De luns a venres, das 8:15 ás 21:15 h.
Venres 19, das 8:15 ás 15:00 h.
- Lectura en sala: luns a venres, de 8:30 a 13:30 h. ou de 15:00 a 21:15 h.
Teléfono 981 639 511. biblioteca.rialeda@oleiros.org

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ. De luns a venres, das 8:15 ás 21:15 h. Venres 19, das 8:15 ás 15:00 h.
- Lectura en sala: luns a venres, de 8:30 a 14:00 h. ou de 15:30 a 21:00 h.
Teléfono 981 626 338. biblioteca.santacruz@oleiros.org

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS. De luns a venres, das 8:00 ás 14:00 h.
- Lectura en sala: luns a venres, de 8:00 a 14:00 h.
Teléfono 981 610 700. biblioteca.manuelmaria@oleiros.org

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA. Luns, das 10:30 ás 14:00 h. De martes a venres, das 10:00 ás 14:00 h.
- Lectura en sala: luns, de 10:30 a 14:00 . Martes a venres, de 10:00 a 14:00 h.
Teléfono 981 628 507. biblioteca.mera@oleiros.org

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA. De luns a venres, das 10:00 ás 14:00 h.
- Lectura en sala: luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
Teléfono 981 626 638. biblioteca.dorneda@oleiros.org

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS. Luns, das 10:30 ás 14:00 h. De martes a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Lectura en sala: luns, de 10:30 a 14:00 . Martes a venres, de 10:00 a 14:00 h.
Teléfono 981 664 257. biblioteca.nos@oleiros.org

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ.
PECHADA TEMPORALMENTE POR REORGANIZACIÓN

É necesario que as-os usuarias-os soliciten CITA PREVIA para ter o correcto distanciamento social a causa do COVID-19. A cita poderá pedirse preferiblemente a través do teléfono, aínda que tamén poderá solicitarse por e-mail. Nesta cita indicaráselles o día e hora nos que poderán recoller documentos en préstamo e devolver os que teñan no seu domicilio así como asignarlle o posto de lectura correspondente. 

PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS.