2/9/16

39'6 ºC: cómics, álbums ilustrados e pelis a temperatura de verán

https://goo.gl/photos/ZbmbSSpMvLZDff5i8
https://goo.gl/photos/ZbmbSSpMvLZDff5i839'6 ºC é a temperatura máxima absoluta rexistrada até agora n'A Coruña. Foi un 28 agosto de 1961*. 

Nesta expo que podes ver no vestíbulo da Biblioteca Rialeda hai cómics, álbums ilustrados e películas con arrecendo canicular, fragrancia de praia e piscina, aroma de amores efémeros, perfume de viaxes inesquecibles. Agardamos que as altas temperaturas te acheguen á boa sombra da Rialeda e leves en préstamo algunha destas propostas estivais. 

1/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 2 de setembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42961102/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=748160&viewallitems=1- Infantil (a partir de 5 anos):
"Unha parella diferente" de Daniela Kulot, en Kalandraka.
Crocodilo e Xirafa namoraron, construíron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes. Sen embargo, cando unha familia veciña está en perigo non dubidan en colaborar para salvar vidas, por riba de calquera diferenza.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1196817- Mozos-as e adultos-as:
"Los humanos" de Matt Haig, editado por Roca.
O profesor Andrew Martin da Universidade de Cambridge resolve o máis grande dos enigmas matemáticos de todos os tempos: a hipótese de Riemann, relacionado cos números primos. Resolvelo supón unha revolución na aplicación da análise matemática que transformará as nosas vidas e a das xeracións futuras. Pero misteriosamente o profesor desaparece durante unhas horas, e cando o atopan está desorientado, parece diferente e compórtase como se todo lle fose alleo, parece estar afectado por unha gran amnesia...
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 26 de agosto 2016

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1198244- Infantil (de 6 a 8 anos):
"A burra Ramona" de Paula Carballeira; con ilustracións de Xosé Tomás. Editado por Baía.
A burra Ramona era unha burra que xa estaba farta de traballar, comer e durmir, agora quería voar. Miraba ao ceo e preguntábase que se sentiría, como sería voar. Así que sentou e alí quedou, e o señor Xosé, o seu dono, como non tiña forma de facer que Ramona fora cara adiante nin cara atrás, decidiu ficar alí con ela. Pero Ramona sentara no medio do camiño por onde tiña que pasar a xente, así que ninguén podía pasar, nin a señora Baia que por alí paseaba, nin a familia Castro,  nin as bruxas que ían cara o mar. Así que todos decidiron ficar alí coa burra Ramona, ata que se aproximou un exército que facía tremer a terra, un exército co que viaxaba o mesmísimo rei e quería pasar polo camino. Pero Ramona non era unha burra normal, era unha burra que quería voar, así que…
Quen podería máis, o rei ou a burra Ramona???

 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Nora+Webster&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Mozos-as e adultos-as:
"Nora Webster" de Colm Toíbín, en Lumen.
A novela está ambientada en Enniscorthy, unha cidade irlandesa de finais da década de 1960 e principios de 1970. Arranca pouco despois da morte, tras unha breve enfermidade, de Maurice, marido de Nora durante 21 anos. As súas dúas fillas maiores están estudando fóra, e Nora vive na súa casa cos seus dous fillos pequenos. Non ten aforros, a súa pensión é pequena e vive nunha cidade na que non abundan as novidades. Esa cidade coñece a vida de Nora e ese coñecemento oprímea, séntese exposta á compaixón e ás suposicións da xente. O seu home, un preciado mestre de escola, era o que tiña máis encanto dos dous. Descubriremos que ata a nai e as irmás de Nora prefirían a compañía de Maurice  antes que a dela.
Todo narrado coa prosa exquisita, elegante e pausada de Colm Toíbín.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/8/16

39'6 ºC: libros a temperatura de verán

  https://goo.gl/photos/vgTkMiocMgFukK9Y7
  https://goo.gl/photos/vgTkMiocMgFukK9Y739'6 ºC é a temperatura máxima absoluta rexistrada até agora n'A Coruña.
Foi un 28 agosto de 1961*.
 
39'6 ºC: libros a temperatura de verán é unha expo que podes ver no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda onde poderás atopar novelas con arrecendo canicular, fragrancia de praia e piscina, aroma de amores efémeros, perfume de viaxes inesquecibles. Agardamos que as altas temperaturas te acheguen á boa sombra da Rialeda e leves en préstamo algunha destas propostas estivais.
*(fonte: http://www.aemet.es)

19/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 19 de agosto 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42835960/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=399709&viewallitems=1- Infantil (menos de 6 anos):

Se eu fose moi alto, de António Mota e ilustrado por André Letria
Kalandraka

Os portugueses Mota e Letria tráenos este texto merecedor de diversos premios no que fomentan a imaxinación cun protagonista de grande estatura que pode limpar as chemineas, ver os avión desde distancias curtas o cambiar as lámpadas fundidas dos farois, entre outros, contribuíndo á aceptación das persoas que son distintas polo seu físico. Boas ilustracións de Letria e un texto moi preciso de Mota.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=olvidados+tragedia+americana+rusia&branch_group_limit=Los olvidados: una tragedia americana en la Rusia de Stalin, de Tim Tzouliadis
Debate

Premiado co Longman-History Today 2009 por este libro, o xornalista grego Tzouliadis tráenos esta viaxe polo século XX da man de aqueles norteamericanos que emigraron no primeiro terzo á Unión Soviética para traballar nese proxecto político e social. Unha pescuda detallada que comeza coa Depresión e segue nos anos trinta (época do terror de Stalin), a II Guerra Mundial e a Guerra Fría. Varias xeracións afectadas nun episodio histórico tráxico moi pouco coñecido e de grande interese.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/8/16

III Día das Galegas nas Letras: exposición bibliográfica en Santa Cruz

http://www.asega-critica.net/2016/08/programa-do-iii-dia-das-galegas-nas.html
Exposición bibliográfica sobre a obra de María Xosé Queizán, figura reivindicada neste III Día das Galegas nas Letras, promovido pola plataforma de crítica literaria A Sega.

María Xosé Queizán nace en Vigo. Catedrática de Lingua e Literatura galega, imparte clases nun IES desta cidade. Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas). Directora da revista cultural Festa da Palabra Silenciada. Dirixe a colección As Literatas de narradoras en Edicións Xerais. Creadora e directora do Teatro Popular galego.

Escritora, tradutora, conferenciante. Colaboradora en xornais e revistas. Na actualidade ten unha columna periódica no xornal La Voz de Galicia. 

12/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 12 de agosto de 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42786194/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1215679- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Axente Riciños" texto de El Hematocrítico e ilustracións de Alberto Vázquez, editado por Xerais.
Axente Riciños é un conto infantil que presenta unha nova versión do clásico Riciños de Ouro. Esta é unha nena divertida, atrevida e moi, moi curiosa, nada doce, iso si, pero moi simpática e firme nas súas pesquisas, tanto que mesmo chega a colaborar coa policía do bosque nunha misión moi necesaria para a “xustiza infantil”. Ademáis de atopar a unha Riciños reconvertida en axente, os peques gozarán doutros-as personaxes de contos por todas-os coñecidas-os. Por que a sopa dos osos está a temperatura volcánica? Por que o xarope especial para mazás que a vella lle ofrece a Brancaneve está nun tarro negro cunha caveira debuxada? Estas son algunhas das preguntas que se fai a nosa Axente Riciños.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey, en Ediciones B.
Un libro que nos axuda a evadirnos, máis que nada porque nos traslada á exótica Cuba, á
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202983&viewallitems=1
Cuba colonial, á Cuba das grandes mansións señoriais. Á illa da música, da luz e do sol, pero tamén, no século XIX, á illa da escravitude e das miserias humanas. Comeza situándonos en La Habana de 1882 onde unha nova dama, Dulce Elena Prieto y Lamas, filla do cabaleiro Síndico Segundo, procurador Xeral, atópase no peirao do porto de San Cristóbal esperando a chegada dun barco que trae desde Europa a Felicité, unha muller da que non sabe nada pero que se veu na obriga de localizar a petición da súa amiga e empregada Misterio del Cobre Montserrat.
Mentres espera, Dulce dedícase a escribir nunhas cuartillas o relato de todo o que aconteceu nos últimos meses.
Unha excelente novela que permite achegarnos ao sistema escravista, ás relacións que del se desprenden e coñecer a introdución de galegos en condicións de escravos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/8/16

Grazas, Agustín!!!

https://goo.gl/photos/pUk3wq9x51tmrahM9
Podes visitar a exposición adicada a Agustín Fernández Paz na Biblioteca Central Rialeda. O autor de, entre moitas outras obras, “Contos por palabras” é un dos escritores máis recoñecidos da literatura galega, máis lidos, máis estimados polas-os lectoras e lectores e máis recomendados na emisora municipal Radioleiros (105.5 FM) que deixa unha obra literaria fundamental.

Un autor que recibiu numerosos premios, entre os que podemos destacar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola fermosa obra “O único que queda é o amor”. Un referente ético para todas-os, unha persoa que sempre defendeu a lingua galega, fomentou a lectura e destacou o seu compromiso polo ensino público. 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=agustin%20fernandez%20paz&limit=%28branch%3A%20OLE1%20%20or%20branch%3A%20OLE2%20%20or%20branch%3A%20OLE3%20%20or%20branch%3A%20OLE4%20%20or%20branch%3A%20OLE6%20%20or%20branch%3A%20OLE7%20%20or%20branch%3A%20OLE8%20%20or%20branch%3A%20OLE9%20%29&offset=0&sort_by=title_az

O seu recente pasamento déixanos a todas-os un pouco orfas-os, mais como “escritor galego para a humanidade” como a el lle gustaba definirse, deixa un brillante ronsel que durará sempre xa que “os libros son imprescindibles para axudar a soñar e a vivir”.

5/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 5 de agosto 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42666596/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=cabeza+medusa+aleixandre&branch_group_limit=- Xuvenil (a partir de 14 anos):

A Cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre
Xerais

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil (2008). Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) (2009). Premio Frei Martín Sarmiento (2010).

Marilar Aleixandre recentemente ingresou como académica de número na Real Academia Galega. Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos felicitala e darlle os nosos parabéns pola súa incorporación a esta institución.

Sofía e Lupe son dúas mozas, estudantes de 2º de bacharelato, que son violadas ao saír dunha festa de disfraces. Están tiradas nun descampado. Os mozos xa marcharon. Que fan? Chaman aos pais? Como lles explican o acontecido? Chaman á policía?
Unha vez que están cos pais deciden ir realizar a denuncia na policía, pero ao día seguinte sae a noticia no xornal. Cando Sofía a le, desgústase dobremente porque agora vano saber no instituto e vai ser público...

Unha obra moi interesante inspirada no mito da fermosa Medusa. Medusa foi violada por Neptuno no templo de Minerva e, en vez de ser el o castigado, Minerva castigou a Medusa. Na obra tamén imos ver como hai algunha persoa que culpa ás mozas. Son elas as que deben avergoñarse ou hai que castigar aos culpábeis? Que é mellor, denunciar e que se faga público, ou ocultalo e que o feito quede impune?  Encima do terrible acontecemento polo que veñen de pasar, teñen que sufrir a actitude dalgunhas persoas...

Cunha prosa áxil, unha descrición dos sucesos nada morbosa preséntanos este feito e a reacción dalgunha parte da sociedade, pero, ao mesmo tempo, o papel da amizade e o amor que axudan a superar esta experiencia tan dura e a vergoña que ocasiona.

Unha magnífica novela xuvenil narrada con delicadeza e tenrura que recomendamos para adolescentes a partir de, aproximadamente, 14 anos.

- Mozas/os e adultas/os:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=accionista+mayoritario+petros+markaris&branch_group_limit=El accionista mayoritario, de Petros Márkaris
Tusquets

Presenta un novo caso do comisario Kostas Jaritos cun pano de fondo do mundo da publicidade e do terrorismo internacional.

Nun caloroso mes de xuño, Kostas Jaritos recibe a terrible noticia de que o barco no que viaxaba a Creta a súa filla Katerina e o seu mozo, para pasar unhas pequenas vacacións, acaba de ser asaltado por un comando terrorista. A vida de todos os pasaxeiros corre perigo, pero non se sabe de que nacionalidade son os secuestradores, nin que pensan esixir. A súa preocupación vai en aumento ao comprobar que pasan as horas e non se coñecen as reivindicacións dos terroristas.
Paralelamente ordénanlle investigar o asasinato dun modelo publicitario que traballa facendo anuncios para a televisión. Isto resúltalle difícil porque ten a mente no barco e no que lle pode acontecer a súa filla e ao seu mozo...


Unha novela policiaca moi entretida, áxil, ben escrita, cunha mirada crítica e escéptica sobre Grecia. Con gran ironía e moitas doses de humor, vainos presentando os distintos acontecementos.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/8/16

A esencia máis nosa: Manuel María deixou a súa inmensa pegada en Bibloleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdfDentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicaron ao Día das Letras Galegas, que este ano tivo como protagonista ao ilustre escritor Manuel María e para conseguir os obxectivos de achegar a figura deste excelente autor, dar a coñecer os seus principais poemas, as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, leváronse a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades:

Actividades para público infantil:
Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
- 5 maio: Atopando soños por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
- 9 maio: Poemas e contos musicados con Manuel María por Marisa Irimia (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
- 11 maio: Quixera ser...soñador por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
- 12 maio: O carteiro en bicicleta: contos para homenaxear a Manuel María por Caxoto (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
- 13 maio: A chave de abrir o mundo: contos para homenaxear as Letras Galegas por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
- 24 maio: Babacontos con Manuel María a cargo de Larraitz (maiores de 4 anos)
Actividade do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Mostras bibliográficas: 

Organizáronse nas sete bibliotecas municipais a mostra bibliográfica titulada “Ronsel de Manuel María” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, tanto da súa produción literaria como da súa biografía, así como marcapáxinas conmemorativo, murais e encrucillados.

En tres bibliotecas (Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda) puidemos contemplar a exposición de imaxes, fotografías e cubertas de diferentes libros da súa autoría titulada “A esencia máis nosa: Manuel María e a súa obra en imaxes”. 

Actividades para o alumnado dos Centros de Ensino Público: conferencias, concertos e recitais:
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (Teatro As Torres)
- 24 maio ás 10:50 h.: Conferencia divulgativa sobre a biografía e obra de Manuel María, a cargo da escritora e profesora Mercedes Queixas. Dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.

- 6 e 13 maio ás 12:45 h.: Teatro de guiñol: concerto de Pirilampo musicando poemas de Manuel María. Dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria.

- 18 de maio ás 10:15 h. e 11:30 h.; 25 maio ás 10:30 h. e 11:45 h.: Manuel María: o vento na palabra na voz da actriz Soledad Felloza. Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María. Dirixidos a alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º  de ensinanza primaria.


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23927.pdf




http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23925.pdf
Lectura de poemas e publicación na canle de Youtube de Bibloleiros:
Durante o mes de maio de 2016, varias-os usuarias-os e traballadoras das Bibliotecas Municipais de Oleiros puxeron voz a poemas de Manuel María da súa preferencia. Grazas a todas-os elas-eles.
Eis unha homenaxe de Bibloleiros ao escritor de Outeiro de Rei, protagonista do Día das Letras Galegas.


Recomendacións de obras de Manuel María en Radioleiros:
Desde Bibloleiros recomendamos todos os venres, obras de singular valor literario na emisora municipal Radioleiros (101.5 FM).
As recomendacións do 13 de maio adicáronse a obras de Manuel María: "Teatro de guiñol" de Pirilampo. Libro-disco co que este grupo musical homenaxea ao poeta chairego e "Poemas escollidos", editado pola Casa-Museo Manuel María.
O 1 de xullo recomendamos "A tribo ten catro ríos" dirixida a neno-as maiores de 12 anos.
  

29/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/42655604/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=pb%2Cwrdl&q=alfaguara&idx=au%2Cwrdl&q=ende&idx=ti&q=momo&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Infantil-xuvenil (10-12 anos):
"Momo" de Michael Ende, en Alfaguara.
Un conto clásico de Michael Ende no que narra a historia dunha nena orfa que vive nas ruínas dun anfiteatro, xusto nas aforas dunha cidade de Italia, sen nome. Momo posúe a extraordinaria habilidade de “saber escoitar”, polo que ten moitísimos amigos cos que convive felizmente. Pero esta atmosfera pracenteira remata coa chegada dos “Homes Grises”, uns estraños individuos que representan o Banco do tempo que farán que a xente se obsesione con aforrar tempo e deixen de facer todo aquilo que se considera unha perda de tempo: as artes, a imaxinación ou mesmo durmir. Momo será a súa maior ameaza, xa que a súa habilidade é un obstáculo para os plans dos Grises: Ela perde moitísimo tempo mentres escoita aos demáis. Unha auténtica metáfora da vida e unha crítica ao modelo racional que ten a sociedade de entender o tempo.
 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=pepa+a+loba&idx=pb%2Cwrdl&q=xerais&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Mozos-as e adultos-as:
"Pepa a Loba" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Aínda que xa con anterioridade, Carlos Reigosa tratou a figura de Pepa a Loba nunha reportaxe de investigación xornalística, nesta novela rescata a esta muller sen par que xa se empezaba a perder na nebulosa da tradición e nos ofrece unha novela de amor sobre un fondo de insólita violencia. A historia desta bandoleira galega que tanta sona acadou por terras galegas empeza cando é xulgada polo asasinato do seu home e condenada a cadea perpetua.
Tras fuxir do cárcere e saldar as contas pendentes co verdadeiro asasino, decide vivir, xunto co seu namorado á marxe da lei, desa lei que tan inxustamente a condenara.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 22 de xullo

 http://www.ipernity.com/doc/284673/42503348/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202034&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20xogando%20con%20gatos- Infantil:
"Xogando con gatos", texto de Antón Cortizas e ilustracións de Leandro Lamas. En Xerais.
Un canto para recuperar os xogos populares e a cultura lúdica tradicional cunha obra de teatro en catro actos cuns gatos e unha nena de protagonistas. Premio  Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2014. Unha opción distinta para o público máis novo.
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210510 
- Mozos-as e adultos-as:
"Camille" de Pierre Lemaitre, editado por Alfaguara.
Unha nova entrega da serie protagonizada polo comisario Verhoeven. Desta vez o atraco a unha xoiaría, aféctao dun xeito persoal. Según a crítica e unha vez máis, Lemaitre vólvese opresivo  e sorprendente cunha trama espesa  que remata cunha viraxe radical.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.