13/9/10

Destino SCQ. Volume 4

"Santiago de Compostela é unha creación sorprendente. Naceu dunha estrela que indicaba unha tumba e floreceu sobre ese sepulcro. En todo caso falamos dunha obra aberta, con páxinas de cronoloxía en espiral que se solapan como pétalos dunha enigmática rosa". Estas palabras do escritor Manuel Rivas poden estimularnos a seguir abrindo esas páxinas-pétalos das obras que che presentamos sobre a cidade-rosa...de pedra.

10/9/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o 10 de setembro
- Infantil (menores de 8 anos):
"Olladas" de Dieter Wiesmüller.
Editado por Kalandraka
Un libro de formato grande con magníficas ilustracións que nos ofrece unha viaxe polo mundo visto a través da óptica dos animais.
- Adultos:
"La sal de la vida" de Anna Gavalda.
Editado por Seix Barral
Tres irmáns, Simon, Garance e Lola, fuxen dunha voda para ir visitar a Vincent, o seu outro irmán quen vive nun pobo. Un día de descanso lembrando os tempos pasados que constitúe unha historia afectiva e amena, propia de Anna Gavalda.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/9/10

O cine dos irmáns Coen

Os irmáns Joel e Ethan Coen sempre amosaron sinais de identidade dun estilo inconfundible, dotado dun ácido, corrosivo e xudeu sentido do humor. No cine dos Coen, os persoaxes están por enriba da historia, e os diálogos resultan intelixentes. Na súa extensa filmografía, que arranca a mediados dos anos oitenta, ollamos os lugares máis agochados do mid west americano, o sur de Missouri ou os desertos de Arizona. No cine dos Coen o lugar onde transcorre a acción é sumamente importante, asociándose intrínsecamente cos personaxes.
Enlace ao artigo completo (en castelán)

A Biblioteca Central Rialeda ofrece na súa colección de dvd os seguintes títulos (consultar dispoñibilidade):

- Ladykillers (2004)
- O brother! (2000)
- Fargo (1996)
- Barton Fink (1991)
- Arizona Baby (1987)

Os títulos atópanse expostos no mostrador do 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais)

3/9/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o 2 de setembro:
- Infantil (de 12 anos en adiante):
"Lluvia de millones" de Frank Cottrell Boyce editado por Salamandra.
Que farías se atopases no teu xardín unha bolsa repleta de cartos e só tiveses un par de semanas para gastalos?
- Mozos-as e adultos-as: "Lavinia" de Ursula K. Le Guin, en Minotauro.
Lavinia vive en paz e liberdade ata que os pretendentes acuden para pedir a súa man, a man da filla do rei Latino, e uns estranxeiros navegan Tibet arrriba cargados de malos augurios.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes
ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



1/9/10

Destino SCQ. Volume 3

Presentámosche esta terceira entrega de Destino SCQ. Seleccionamos catorce títulos para nenos e nenas de diferentes idades. O Camiño de Santiago é un itinerario cheo de aventuras e sorpresas e a cidade do santo dos croques está chea de reviravoltas que poderás percorrer da man destes e outros libros.
Proba e déixate engaiolar!!!


30/8/10

Pósit Poemas

Ola: seguimos recibindo versos para Pósit Poemas. Hoxe son catro poemas que che ofrecemos nesta galería.
Anímate!!, manda os teus. Clica na imaxe da dereita e segue as instruccións de uso.


27/8/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o 27 de agosto:
- Infantil (de 6 a 8 anos):
La gran caja de Toni Morrison e Slade Morrison con ilustracións de Giselle Potter, en Ediciones B
"A gañadora do Nobel de literatura no 1993, tráenos unha historia de tres nenos que viven nunha caixa da que non poden saír. Unha testemuña sobre a percura da felicidade, algo que non se pode comprar."
- Mozos-as e adultos-as:
New York, New York de Inma López Silva editado por Galaxia.
"Textos curtos nos que a autora relata diferentes aspectos da súa estadía laboral en NY durante uns meses a cabalo entre o 2005 e 2006. Unha visión con moito humor e ironía."
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/8/10

Agora serache máis doado atopar os teus favoritos!!!

Agora serache máis doado atopar os teus libros favoritos, en concreto, novelas e relatos. Ademáis da clasificación por autores-as que figura nas etiquetas na parte inferior dos lombos dos libros, colocamos un icono (na parte superior do lombo) que representa a clasificación de novelas e relatos por xéneros literarios. Son 11 grupos: Aventuras, Ciencia ficción, Erótica, Fantástica, Histórica, Humor, Intriga e misterio, Romántica, Social e política, Terror, e Vida cotiá, con cadanseu icono.

Sabemos de libros que teñen algo así como o "don da ubicuidade" e poderían levar varios signos identificativos, pero eleximos o que o representa mellor dentro dos nosos 11 grupos. De todos os xeitos son benvidas as túas suxestións.

20/8/10

Recomendacións en Radioleiros 20 agosto 2010


https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1161192- Nenos e nenas (12 anos en adiante): 
Ciudad de hueso de Cassandra Clare en Destino.
"Primeira entrega da serie Cazadores de sombras chea de acción, intriga, humor e, como non, unha historia de amor "

- Mozoshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1167029-as e adultos-as:
Viaje con Clara por Alemania de Fernando Aramburu en Tusquets.
"A vida cotiá dunha parella de viaxe por Alemaña"

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/8/10

Destino SCQ. Volume 2

Ola!!! Aquí estamos para ofrecervos os nosos mellores recursos sobre SCQ. Esta volta para os nenos e nenas. No Camiño de Santiago hai destinos ideais para todas as idades, e como non ía ser menos, para os-as pequenos-as. Vivide interesantes aventuras cos títulos que vos presentamos.

13/8/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o 13 de agosto:
- Infantil: As vidas de Galileo : viaxe pola historia da astronomía, por Fiami, editado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Un percorrido didáctico pola astronomía, explicado con humor e cunhas magníficas ilustracións.


- Mozos-as e adultos-as: Nada de Carmen Laforet, en Destino.

Premio Nadal 1944, esta novela foi un revulsivo nas letras españolas da posguerra. Narra a historia de Andrea, unha moza que chega a Barcelona a finais de 1939 para comezar os seus estudos na Universidade. De tintes autobiográficos, fixo de Carmen Laforet unha autora de obrigada lectura.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


12/8/10

Destino SCQ 2010. Volume 1

SCQ é o código IATA para Santiago de Compostela, cidade-meta neste ano xacobeo para moitos-as peregrinos-as que andan o Camiño. Disque hai tantos Camiños como persoas que o percorren. Prepara o teu, coñece máis del e da cidade, que segundo o escritor ourensán Otero Pedrayo era a aldea máis grande de Galicia. Aldea global que che presentamos nesta primeira entrega da expo sobre Santiago e os seus camiños. Ultre ia Et Sus eia!


6/8/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o 6 de agosto:
- Nenos-as a partir de 10 anos (e adultos-as):
"Joven para siempre" de Bob Dylan e ilustracións de Paul Rogers, en Blume.
"Forever young", a famosa canción de Bob Dylan, é ilustrada neste album verso a verso por Paul Rogers. Os debuxos están cheos de referencias á vida e á carreira musical do mítico cantante americano.
- Mozos-as e adultos-as:
"Intérprete de emociones" de Jhumpa Lahiri, en Ediciones del Bronce.
Conxunto de relatos moi diferentes entre si, cun denominador común: están protagonizados por indoamericanos que viven o conflito de respectar a tradición cultural india da que proceden e a necesidade de integrarse na sociedade de adopción, neste caso a americana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/7/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o 30 de xullo:
- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Mil cousas poden pasar.Libro I" de Jacobo Fernández Serrano, editado por Xerais.
Neda e Mercurín, fillos do rei do mar, procuran un agasallo no aniversario do seu pai. Na procura do mesmo acontecen situacións imaxinativas e disparatadas, mesturando o excepcional co cotián e o surrealismo co normal.
- Mozos-as e adultos-as:
"La paciencia de la araña" de Andrea Camilleri en Salamandra.
O secuestro dunha moza é o motivo da octava entrega da serie do comisario Salvo Montalbano. Un interesante caso dunha novela policiaca sen sangue pero cunha alta dose de intriga e traición, contando cun remate distinto ao habitual.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


28/7/10

Tertulia Literaria en Rialeda: títulos máis valorados

As participantes do grupo B da nosa tertulia literaria destacaron os seguintes títulos como os máis valorados entre os doce títulos programados na recén rematada tempada 2009-2010:

1. Los Buddenbrook, de Thomas Mann
2. El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez
3. La tía Julia y el escribidor, de Mario Vargas Llosa

O ascenso e decadencia dunha familia da alta burguesía alemana ao longo de catro xeneracións. O Premio Nobel Thomas Mann publicóu Los Buddenbrook con 25 anos, en 1901. A novela inspírase na historia da familia do propio escritor, e a cidade e algúns persoaxes secundarios están tomados directamente da realidade. Como anécdota, a moitos dos habitantes de Lübeck non lles gustóu o retrato que Mann fixo deles, sendo moi críticos coa novela.

Unha rica enciclopedia sobre o amor, na que podemos atopar prácticamente todas as manifestacións reais ou imaxinarias dese sentimento tan cruel como maravilloso. A obra de Gabriel García Márquez é a historia dun anhelo que perdura ao longo de máis de 50 años nalgún lugar de Sudamérica.


Unha novela rodeada e envolta pola polémica: ‘La tía Julia y el escribidor’ é considerada como unha autobiografía ficticia sobre a experiencia do seu primeiro matrimonio coa súa tía política Julia Urquidi. Asimesmo, a través do “escribidor”, Vargas Llosa homenaxea ao xénero da radionovela que acompañóu a xeneracións completas de radiouvintes, e que aínda a principios dos noventa conseguían manter atento ao auditorio coas peripecias dos seus heróis correspondentes.
Os títulos están dispoñibles nas bibliotecas de Oleiros.
Recomendamos a súa lectura.