Květa Pakovská (Praga, 1928 - 2023), graduouse na Academia de Artes Aplicadas de Praga, especializándose en arte gráfica libre, pintura e creación de libros de arte conceptual.
Desde os anos sesenta do pasado século traballou o álbum ilustrado como un obxecto artístico, tridimensional e táctil. As súas inmensas pinturas e esculturas de papel puideron ser vistas en museos e galerías de todo o mundo. Os seus libros traducíronse ao alemán, inglés, xaponés, francés, italiano, portugués, español, danés, finés, holandés, chinés, etc. Ela mesma ten confesado en repetidas ocasións a súa admiración por Paul Klee, por Kurt Schwitters e polos contrutivistas rusos. Resulta fácil ver como Pacovská emprega a colaxe nas súas composicións, e como coida o tratamento das superficies das páxinas, facendo de cada libro un obxecto único e prezado. Repasando a obra de El Lissitzky, de Vladimir Tatlin e de A. Rodchenko, referentes do movemento construtivista, encóntranse paralelismos coas composicións de Pacovská no uso das diagonais, no emprego do vermello e o negro contrastando co branco, nas formas xeométricas puras e sinxelas, elementos empregados para atraer a atención e contarnos unha historia.

Unha artista singular e marabillosa que queremos homenaxear na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Lévate en préstamo os libros que temos na sala infantil, xoias de cores que zumegan orixinalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario