7/11/18

Exposición bibliográfica adicada a Almudena Grandes

O xurado do Premio Nacional de Narrativa que concede o Ministerio de Cultura y Deporte elexíu a obra "Los pacientes del doctor García" da escritora Almudena Grandes como gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2018, por “ser a cuarta entrega dun ambicioso proxecto narrativo que leva por título "Episodios de una guerra interminable". Na súa novela, que se centra na historia da posguerra española, con aportacións ás consecuencias da Segunda Guerra Mundial, acadou un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica”.
Almudena Grandes naceu en Madrid en 1960. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidad Complutense de Madrid. Traballou durante varios anos no mundo editorial, no que desenvolveu diversas tarefas, principalmente a redacción de textos por encargo.
A súa primeira novela, "Las edades de Lulú" (1989), gañou o XI Premio La Sonrisa Vertical e foi levada ao cine polo director catalán Bigas Luna. Logo, "Te llamaré Viernes" (1991) e "Malena es un nombre de tango" (1994), tamén adaptada para a gran pantalla.
"Atlas de geografía humana" (1998), "Los aires difíciles" (2002), "Castillos de cartón" (2004), "El corazón helado" (2007) e "Los besos en el pan" (2015) continúan a súa obra novelística. En 2010 comezou a serie "Episodios de una guerra interminable" con "Inés y la alegría" (2010), título que mereceu varios premios como o da Crítica de Madrid, o Sor Juana Inés de la Cruz da Feria Internacional del Libro de Guadalajara ou o Premio Iberoamericano de novela Elena Poniatowska. O segundo título da serie foi "El lector de Julio Verne" (2012); o terceiro, "Las tres bodas de Manolita" (2014), e o cuarto, "Los pacientes del doctor García" (2017). A novelista escribe agora o quinto tomo da saga: "La madre de Frankenstein" construida sobre a figura de Aurora Rodríguez Carballeira, personaxe real que quixo dar á súa filla Hildegart a educación habitualmente reservada aos varóns. A nena acabou convertíndose na avogada máis nova de España, activista política e sindical e moi combativa pola reforma sexual, mais tivo un tráxico final. Visita a exposición bibliográfica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e goza da lectura dos libros de Almudena na túa casa.
Fontes: Miniserio de Cultura y Deporte e Infolibre
Parabéns, Almudena!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario