- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"Bágoas debaixo da cama" de Ana Meilán. Ilustracións de Marta Mayo. en Entrenubesycuentos.
Simón, o protagonista desta historia, é un rapaz que desde que naceu choraba deseguido, polo que todo o mundo lle dicía o mesmo: Simón, es un chorón!! Os anos pasaban e Simón medraba, pero seguía a chorar por todo. Agora mesmo a mestra e o seu mellor amigo, seguíanlle a dicir: Simón, es un chorón!! Así que, un día, decidiu que non volvería a chorar diante da xente. Agarraba e metía dentro dun frasco cada bágoa que asomaba dos seus ollos. A partir dese momento todo o mundo empezou a dicirlle: Moi ben Simón, es un home feito e dereito!! Apañaba tanto as súas como as bágoas de calquera que quixese chorar, creando un mundo sen bágoas. Isto ocasionará serios problemas...

- Mozas-os e adultas-os:
"A flor de piel" de Javier Moro. Editado por Seix Barral.
A novela reivindica a Real Expedición da Vacina, posta en marcha en 1803 durante o reinado de Carlos IV. Parte un 30 de novembro de 1803 do porto da Coruña coa finalidade de levala por todo o reino, incluídas as colonias de ultramar. Serían 21 orfos e orfas os portadores do virus da varíola, que aletargado, iríaselles inoculando para chegar “fresco” alén do Océano. A directora do orfanato, Isabel Zendal e os médicos Balmis e Salvany foron a columna vertebral desta expedición filantrópica cualificada como a maior fazaña médica da historia de España, esquecida durante moitos anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario