O Roteiro Cultural e Literario é unha actividade organizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores.
Este ano está dedicado ao pintor Francisco Lloréns que veraneou en Mera, Oleiros e Perillo, ao trobador Lopo de Liáns e ao matemático José Barral Souto que naceu na Rabadeira en Oleiros.
Este ano está dedicado ao pintor Francisco Lloréns que veraneou en Mera, Oleiros e Perillo, ao trobador Lopo de Liáns e ao matemático José Barral Souto que naceu na Rabadeira en Oleiros.
Consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos nas Torres de Santa Cruz onde se proxectarán imaxes de diversas obras de Francisco Lloréns acompañadas dunha breve explicación por parte de alumnado do IES Miraflores e posteriormente o tamén pintor Ricardo Rilo explicaranos as súas principais características; trasladarémonos a Mera para ver a casa na que veraneaba; marcharemos para a igrexa de Santa María de Dexo, co obxecto

O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destes personaxes. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, dirixidos pola profesora Susana López González, que baixo a coordinación de Rosa García Vilariño elaboraron o texto da publicación, que foi deseñada polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
Participarán no Roteiro sobre 150 alumnos/as acompañados do seu profesorado do IES Miraflores e do Colexio Luis Seoane de Mera, aos que se lles entregará o folleto.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son:
- Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que residiron no Concello de Oleiros.
- Mellorar o coñecemento do patrimonio e de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
- Promover a lectura.
- Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que residiron no Concello de Oleiros.
- Mellorar o coñecemento do patrimonio e de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
- Promover a lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario