7/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 7 de setembro

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Otto, el oso de libro" de Katie Cleminson, editado por Juventud
Otto, un oso que forma parte dun libro, ten vida propia. Cando o esquecen nunha mudanza sae a coñecer mundo e descobre unha nova realidade. Escrito e debuxado por K.Cleminson, considerada un dos novos valores da ilustración no Reino Unido.
- Mozos/as e adultos/as:
"Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz, en Galaxia
Testemuña autobiográfica da viaxe pola droga dunha parella galega nas décadas dos 80 e 90 do pasado século. Un documento excepcional a nivel humano.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



3/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 31 de agosto

- Infantil (de 12 a 14 anos):
"Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, en SM
Novela de ambiente medieval na que a protagonista é unha doncela, Viana de Rocagrís, mimada pola vida ata que o reino é invadido polos bárbaros das estepas que poñen fin á súa vida privilexiada.

- Mozos-as e adultos-as:
"A neta do señor Linh" de Philippe Claudel, editado por Rinoceronte. En castelán, "La nieta del señor Linh", está editada por Salamandra.
A guerra deixou ao señor Linh sen máis compaña que a da súa netiña Sang Diu.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/8/12

Recomendacións en Radioleiros: 24 de agosto

- Infantil (de 6 a 8 anos):

As manoplas de Carapuchiña, de Inés Almagro, con ilustracións de Mikel Mardones
Editado por OQO

Actualización do conto tradicional de Carapuchiña, cun remate sorprendente.
Magníficas ilustracións.

- Para mozos/as e adultos/as:

Las legiones malditas, de Santiago Posteguillo
En Ediciones B

Novela histórica arredor de Publio Cornelio Escipión, comandante das tropas romanas en Hispania. As tensións do poder en Roma e a súa loita con Cartago, conforman este interesante libro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/8/12

Recomendacións en Radioleiros: 17 de agosto

- Infantil (de 12 a 14 anos):

En tierra de indios. El descubrimiento del Lejano Oeste, de Philippe Nessmann
Editado por Bambú

Relato novelado da expedición capitaneada por Lewis e Clark en 1804 para explorar o Lonxano Oeste americano.

- Para mozos/as e adultos/as:

Correr, de Jean Echenoz
Editado por Anagrama

Émil empeza a correr casi por obligación e acaba gañando tres medallas olímpicas.
Inspirado na vida do lendario atleta checo Emil Zátopek.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/8/12

Recomendacións en Radioleiros: 10 de agosto

- Infantil (de 6 a 8 anos):

Editado por Ir Indo

A xanela é a ventá máis ben posta de todas. Ten unhas vistas espectaculares e todos queren estar a carón dela... aínda que todos, todos non. Hai unha nena, a nova inquilina da casa, que nin sequera se acerca a ela. A xanela estraña desa nena e decide actuar. Un conto de coñecemento mutuo,de amizade e sobre todo de tolerancia.

- Para mozos/as e adultos/as:

Editado por Siruela

Na Sudáfrica do apartheid, Emily, unha rapaza, agarda ilusionada polo verán e as súas novidades: unha familia de convidados, novos amigos... pero a súa presenza conleva acontecementos inesperados que mudarán a todos para sempre.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/8/12

Recomendacións en Radioleiros: 3 de agosto

- Infantil (menores de 6 anos) :
"Olivia en Venecia" de Ian Falconer, editado por Fondo de Cultura Económica
A pequena Olivia foi de vacacións a Venecia coa súa familia: deulle de comer ás pombas da praza de San Marcos, paseou en góndola polos canais, comeu un montón de xeados...Toda unha experiencia!

- Mozos-as e adultos-as:
"Libertad" de Jonathan Franzen, en Salamandra
Patty e Walter Berglund coñécense na Universidade, ela é unha pequena estrela do deporte universitario, el, un bo estudante de orixe humilde interesado pola ecoloxía.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/7/12

Recomendacións en Radioleiros: 27 de xullo

- Infantil (de 6 a 8 anos):


Los cinco horribles, de Wolf Erlbruch
Editado por Juventud

Cinco animais considerados horrorosos deciden facer algo para que os demais muden a súa opinión. Un libro contra os prexuízos que impón o aspecto físico.

- Para Mozos/as e Adultos/as:

A batalla do paraíso triste, de Xosé Ramón Pena
Editado por Xerais

Na Lisboa da II Guerra Mundial coinciden milleiros de persoas con intereses opostos: fuxidos do fascismo, espías dos dous bandos, a policía do salazarismo, etc. Mesturando os datos históricos coa ficción, X. R. Pena compón unha historia de intriga da man dun oficial portugués, Fernando Freitas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/7/12

Recomendacións en Radioleiros: 20 de xullo

- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"Tío Elefante" de Arnold Lobel, editado por Kalandraka.
Tío Elefante adopta ao seu sobriño despois da desaparición dos pais deste. Lévao para a súa casa e procura que o pase ben. Un libro sobre o amor e a amizade.

- Mozos-as e adultos-as:
"La acabadora" de Michela Murgia, en Salamandra.
Nun pequeno pobo de Cerdeña, nos anos cincuenta, Bonaria Urrai, modista do lugar, adopta a María, cuarta filla dunha familia con problemas. Comezará para ela un novo mundo, feliz e tamén cheo de misterios.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/7/12

3397 GRAZAS!!!

3397 GRAZAS!!!: participantes na Hora do conto e Letras Vivas no 1º semestre de 2012
- na HORA DO CONTO:
1992 persoas, entre nenos/as e pais/nais, participaron na actividade da Hora do Conto durante os meses de febreiro a maio de 2012, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Realizáronse nas oito bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Os obxectivos que se intentaron conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores/as ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participaron as contadoras e contadores Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Inés Cuadrado, Ramiro Neira, Andrea Bayer, Caxoto, Pedro Brandariz, Pavís-Pavós, Cristina Moreira, Marisa Irimia e a Compañía Trinke-Trinke (cos “ratos da biblioteca”) que narraron diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Con esta actividade pretendeuse introducir as persoas máis novas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os/as faga gozar e divertirse.
- en LETRAS VIVAS:
1405 persoas, participaron na actividade da Letras Vivas, dirixida a nenas e nenos, durante os meses de marzo a xuño de 2012, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
O PROGRAMA LETRAS VIVAS é unha iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar o fomento da lectura e o libro galego a través de diversos axentes como as bibliotecas municipais. Estas actividades están patrocinadas pola Consellería de Cultura e o Concello de Oleiros.
Participaron as seguintes compañías e contadores/as: Chrystyan Magic, A illa dos-das nenos-as, Yolanda Castaño, Cucarandainas, A xanela do maxín, Teatro Patán, Eduvía, Cachirulo, Soledad Felloza, Pavís Pavós, Marisa Irimia, Pablísimo, Migallas, Trinke Trinke, Juan Carlos Vázquez Otero e a ilustradora María Lires.

13/7/12

Recomendacións en Radioleiros: 13 de xullo

- Infantil (menores de 6 anos):
"A guerra dos números", texto e ilustracións de Juan Darién, editado por OQO. 
Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos a loucura das guerras. Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos e tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.
- Mozos/as e adultos/as:
"El viaje involuntario de un suicida por afición" de Einzlkind, en Siruela.
A Harold gústalle suicidarse. Vive en Londres, ten corenta e nove anos e xoga ao bridge con tres señoras todos os xoves. Unha vida normal até que aparece, Melvin, de once anos, á procura do seu pai. Unha viaxe por Inglaterra e Irlanda acompañado por Harold.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/7/12

Bibliotecas + accesibles = + Bibloleiros

As Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos ser máis accesibles. Para iso, incorporamos os códigos de resposta rápida, os famosos códigos QR a distintos ámbitos das nosas bibliotecas: poderás acceder a través do teu dispositivo móbil, tableta, escáner, cámara de fotos, á nosa web, ao noso blog, aos podcast do noso programa de Recomendacións en Radioleiros, actividades como a Hora do conto, Ler para saber, aos fondos de centros de interese como Espazo Familia, etc. Van sendo cada vez máis frecuentes nas cubertas dos libros que expoñemos nos andeis de novidades para que podas obter máis información sobre os mesmos.                                              Proba con estes dous!!!




6/7/12

Recomendacións en Radioleiros: 6 de xullo

- Adolescentes:
"Carta a un hijo" de Rudyard Kipling. Ilustracións de Mauro Evangelista, en Edelvives.
Fermoso álbum de gran tamaño, no que o texto é o poema de "Carta a un hijo", tamén coñecido co título de "If", formado por oito estrofas de catro versos cada unha. Foi escrito en 1910 e en 1995 elixírono no Reino Unido (nunha enquisa realizada pola BBC) como o poema mellor valorado polos británicos.

Cada dúas páxinas figuran as ilustracións de cada estrofa, unhas imaxes de gran beleza, por exemplo, nas da primeira aparece unha gran torre e fai referencia á torre de Babel ou á destrución das Torres Xemelgas de Nova York; na segunda presenta unha muller sentada fiando e mirando cara unha ventá, en referencia a Penélope (raíña de Ítaca), esperando o regreso de Ulises da Guerra de Troia; na cuarta lémbranos ao Quijote; na
quinta á Divina Comedia, etc. Para rematar coa imaxe do centauro Quirón, un centauro intelixente e sabio, que na mitoloxía grega é educador de heroes como Xasón e Aquiles, para aclararnos que “El niño que sea educado en la unión del mundo mítico y del moderno pragmático podrá construir mundos nuevos”.

As imaxes van facendo referencia a personaxes e lugares míticos e literarios. Segundo nos di a propia editorial, esta obra invítanos a reflexionar sobre a responsabilidade dos nosos actos e a manternos firmes aínda nas circunstancias máis adversas, fálanos da importancia dos valores morais e eternos, os que permanecen sempre.

Con respecto ao ilustrador tamén nos explican que ao abordar o suxestivo poema de Kipling sen dúbida se deixou levar pola idea de Umberto Eco de construír “un libro que fale de todos os outros libros”.

Estamos ante un álbum de gran calidade literaria e estética, para ler, mirar e observar. Un libro que recomendamos para adolescentes, mozos/as e adultos/as.

- Mozos/as e adultos/as:
"Extramunde" de Xavier Queipo, editado por Xerais.

É unha novela de aventuras e de viaxes que reflicte o poder da Igrexa no século XVI e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura doutros mundos. A Igrexa ten un poder absoluto na Galicia do século XVI, incluso sobre a vida das persoas a través da Inquisición, quen dá orde de queimar vivas a unhas e a outras embarcalas para levalas a un destino incerto e alonxado. Así comeza esta obra na que levan presos nun barco unha serie de persoas por ser diferentes, os marxinados da época: discapacitados, epilépticos, enfermos, cegos, rebeldes co dogma, uns condenados por ser herexes ou non crer, outros por estar acusados de endemoñados, doutro din que ten o “don de linguas”, outro por acusalo de hermafrodita... Saen da freguesía de San Andrés e embarcan en Betanzos, pasan por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar e o estreito de Malaca, para rematar na illa de Borneo, na que queda un dos protagonistas...

É unha obra ben escrita, estruturada en catro seccións, que rende unha homenaxe ás minorías, ás persoas diferentes e marxinadas da sociedade, e que reflexiona sobre o poder total dunha institución, neste caso a Igrexa, e a represión que comete contra distintos sectores da poboación, tanto por ser diferentes como por non ter poder económico, pero tamén nos fala da busca de novos mundos e da procura da liberdade.

Nunha entrevista realizada ao autor, dinos que hoxe en día “o barco de Extramunde sigue remando porque as persoas que compoñen as minorías corren o perigo de converterse en marxinadas e indesexables para a maioría”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/6/12

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xuño

- Infantil (nenos/as de 8 a 10 anos):
"Corazón de pedra" de Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Federico Delicado, editado por Oxford.
Brenda é unha nena á que lle apaixonan os dragóns. Durante as vacacións do verán, ela e seus pais instálanse nunha casa rural e coñece unha lenda dun fero dragón desaparecido. Un día paseando polo bosque, descobre unhas rochas e mirándoas cre que é o dragón fosilizado esperando a que alguén o esperte...
Fermoso relato, cunhas excelentes ilustracións, que nos fala de lendas e contos populares, da importancia da fantasía e da imaxinación e das relacións familiares.
- Mozos/as e adultos/as:
"Solar" de Ian McEwan, en Anagrama
Michael Beard (un científico que recibiu hai tempo o Premio Nobel e que desde ese momento se converte nun burócrata da ciencia) é o director dun centro de investigación instalado nas aforas de Reading. Non é escéptico sobre o cambio climático, pero ten outras cousas en que pensar e espera que os gobernos se reúnan e tomen medidas. El sempre está ao asexo dun cargo oficial que teña unha boa asignación económica. Así transcorre a súa vida, ata que Patrice, a súa quinta, nova e fermosa esposa (19 anos menor que el), o descobre nunha aventura cunha profesora de matemáticas. A reacción de Patrice, non se fai esperar, cámbiase de habitación e comeza unha relación amorosa co construtor que esta realizando unha reforma na súa casa, vinte anos menor que el e capaz de subir correndo as escaleiras cun saco de cemento baixo o brazo. Así empezarán a complicárselle as cousas. Beard, que sempre tivera éxito coas mulleres, e en todos os seus matrimonios el fora o adúltero e o culpable, agora suspira polo amor da súa muller e todo se complicará máis cando ela coñece a Tom Aldous un bolseiro do centro de investigación apaixonado polo que fai …
As obras deste autor sempre sorprenden, neste libro mestura realidade con ficción, a vida cotiá cos problemas da infidelidade e todo rodeado da temática do cambio climático, o quentamento da atmosfera e a busca de enerxías alternativas e renovables.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/6/12

Literatura do balón: libros e pelis para vivir a copa de Europa 2012 (Vol. II)

Aquí vai a escolma de libros e películas da Biblioteca Central Rialeda para os/as nenos/as siareiros/as do balón.

Enigmáticas historias e apaixoantes libros atraparánvos entre as redes destas aventuras relacionadas co esférico rodante (22 entre libros e películas neste Volume II). Consulta dispoñibilidade e lévate a casa algún desta especial selección.


Piiiiiiiiiiiii! sonou o asubío... que comece a lectura.
 
 


26/6/12

Horarios das Bibliotecas de Oleiros durante xuño, xullo, agosto e setembro

Informámosvos dos horarios das Bibliotecas para este verán, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro).
Aproveitamos para recordarvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros e outros materiais daquelas outras bibliotecas que estean pechadas. Lembra que deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.
Como sempre, podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chámandonos á Biblioteca Central Rialeda, no teléfono 981 639511, envíandonos un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org, ou a través de CONTACTA BIBLIOTECAS

Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog e da web do Concello de Oleiros, e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as.