Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros para conmemorar este día realizaranse diversas actividades de promoción da lectura.
Actividades programadas para alumnado dos centros de ensino público
- No Centro Cultural As Torres de Santa Cruz:
O 28 de marzo, ás 12 horas, encontro literario co escritor Antón Cortizas, para alumnado de 5º curso de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
O 30 de marzo, ás 10 e ás 11.45 horas, realizaranse dous talleres de iniciación ao cómic co ilustrador Xosé Tomás, dirixidos a alumnado de 4º de Primaria, do CEIP Luis Seoane de Mera, para explicarlles, de forma sinxela, os pasos principais que se deben levar a cabo á hora de deseñar unha historieta: guión, viñetas e personaxes, expresións anímicas e faciais (alegría, ira, tristeza, etc), como debuxar o movemento, deseño dos planos, coloreado, etc. Todas estas nocións estarán adaptadas á idade do alumnado.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.
O 1 de abril, ás 11.15 horas, a actriz María Torres da Compañía Trinke Trinke realizará un contacontos titulado “Viaxe a África” para alumnado de 2º curso de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
“Viaxe a África” é unha función que pretende dar a coñecer aos nenos e nenas algúns contos e cancións de África, atendendo sobre todo as dúas grandes etnias que a habitan: a África árabe e a África negra. Son obras que dan unha mensaxe a favor da igualdade e amosan pinceladas da súa cultura.
Algúns dos títulos cos que van traballar son: “Canciones infantiles y nanas del baobab”, “A Casa de Mis” (Conto árabe) e “Pequeno azul, pequeno amarelo”.
- Na Biblioteca Central Rialeda:
O 31 de marzo e o 1 de abril, ás 10 e ás 11.30 realizaranse contacontos, a cargo de Pablísimo, nos que narrará diversos contos escritos por Andersen ou por autores que recibiran o Premio Andersen, para alumnado de educación infantil, 1º e 2º de primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario