8/11/25

Recomendacións en Radioleiros: 7 novembro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 7 novembro 2025
"El caracol con el corazón del revés: una historia real" de Maria Popova; ilustrado por Ping Zhu
- Infantil (de 6 a 8 anos):
"El caracol con el corazón del revés: una historia real" de Maria Popova; ilustrado por Ping Zhu. En A fin de cuentos.

Unha historia arredor da ciencia e a poesía a través dunha criatura diferente que vive nun xardín inglés.


"Unha historia que non vou contar" de Cid Cabido

- Mocidade e público adulto:
"Unha historia que non vou contar" de Cid Cabido. Editado por Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe

Partindo dun feito real acaecido no Vigo dos primeiros setenta do pasado século, Cid Cabido constrúe unha investigación que é historia social e intriga con moito humor.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/11/25

Hilarante Mendoza: Premio Princesa de Asturias das Letras 2025

Hilarante Mendoza: Premio Princesa de Asturias das Letras 2025
Novelista, dramaturgo, tradutor e lingüista, Eduardo Mendoza naceu en Barcelona un 11 de xaneiro de 1943. Medrou no seo dunha familia burguesa catalana de lingua castelá. Estudou nun colexio relixioso e despois a carreira de Dereito na Universidade de Barcelona, onde compartíu aulas con quen sería logo o seu descubridor e editor, o poeta Pere Gimferrer. Exerceu a avogacía durante varios anos, profesión que non o satisfixo. Deu un xiro radical á súa vida e se adicou á tradución e interpretación nas Nacións Unidas a comezos dos anos setenta do pasado século. Foille ben neste labor profesional (exerceu de intérprete no famoso salón oval da Casa Branca), pero o seu éxito como escritor permitíulle profesionalizar a súa escritura e adicarse por enteiro á literatura, volvendo a España en 1982. 
Fonte: fpa e jotdown

2 dos seus títulos foron recomendados en Radioleiros:
"La verdad sobre el caso Savolta" e "La ciudad de los prodigios" de Claudio Stassi (baseado na novela de Eduardo Mendoza).

"La aventura del tocador de señoras" e "La verdad sobre el caso Savolta" foron obxecto de análise nas tertulias literarias.

Visita a expo de Eduardo Mendoza que temos para ti no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Títulos dispoñibles en eBiblio
Parabéns, Eduardo!!!

3/11/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (4 a 5 novembro 2025)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 4 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 5 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El barón rampante" de Italo Calvino.

Samaín na Biblioteca de Santa Cruz: de 30 de outubro a 3 de decembro

Samaín na Biblioteca de Santa Cruz: de 30 de outubro a 3 de decembro
Do 30 de outubro ao 3 de decembro na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) estará exposta unha selección de libros infantís con temática de Samaín.

O obxectivo é fomentar a lectura mediante contos e relatos de misterio, bruxas e monstros axeitados para as nosas crianzas.

O espazo decorouse para crear un ambiente festivo e acolledor. Esta exposición permitirá achegar a literatura aos nenos e nenas de forma divertida e fortalecer o vínculo coa comunidade.

Hora do conto e Ler conta moito: 5 a 7 de novembro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 5 a 7 de novembro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Mércores 5 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contacontos sensorial”
CONTACONTOS: Eduvía

Xoves 6 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Teatro de sombras”
MONITORADO: Tarabelos Teatro



Venres 7 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Bos noites”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.