A Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros) permanecerá pechada ao público do xoves 4 ata o venres 12 de decembro.
Desculpen as molestias.
3/12/25
Benvindo, inverno! Ola, Nadal!
Arróupate cos contos, amántate entre as páxinas destas suxestións invernais!
Para a cativada de 0 a 14 anos.
Visita a expo na sala infantil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e lévate estas abrigosas lecturas en préstamo.
Boas festas!!!
1/12/25
Calendario de libros de Nadal 2025 en Rialeda
Son 24 obras narrativas especialmente peneiradas para esta época de abondosas precipitacións, suaves temperaturas medias, interrompidas por xeadas ocasionais e días minguados.
Desvelamos a primeira, os "Cuentos fantásticos" de Emilia Pardo Bazán e a última, os "Contos de Nadal" de Manuel Rivas. Día a día, abriremos as xaneliñas do noso calendario de libros de Nadal con aquelas lecturas que engatuxen as nosas lectoras e lectores.
As restantes 22, terás que descubrilas in situ.
Agardámoste!!!
Nadal 2025 en Bibloleiros: contos e premios!!!
Preme na imaxe e consulta a programación
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
9:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Biblioteca de Dorneda,
Biblioteca de Lorbé,
Biblioteca de Mera,
Biblioteca de Nós,
Biblioteca de Oleiros,
Biblioteca de Santa Cruz,
Entrega de premios,
Nadal 2025
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (1 a 3 decembro 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 1 de decembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 2 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El túnel" de Ernesto Sábado.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 3 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Gomorra" de Roberto Saviano.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Modera as sesións: Silvia Salgado.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




