20/6/25

Recomendacións en Radioleiros: 20 xuño 2025

Recomendacións en Radioleiros: 20 xuño 2025"Hermilindo esbirra poemas" de Paula Señarís; ilustrado por Laura Romero Pereira- Infantil (a partir de 8 anos):
"Hermilindo esbirra poemas" de Paula Señarís; ilustrado por Laura Romero Pereira. En Galaxia.
Dispoñible en Galicia Le
No País dos Reloxos non había lugar para a impuntualidade nin para a desorde e para Hermilindo cumprir coas súas obrigas resultáballe un esforzo titánico.

"El castillo de los escritores: cuando la literatura universal se encontró con la Historia (Núremberg, 1946)" de Uwe Neumahr
- Mocidade e público adulto:
"El castillo de los escritores: cuando la literatura universal se encontró con la Historia (Núremberg, 1946)" de Uwe Neumahr. Editado por Taurus.

A celebración dos xuízos de Núremberg fixo coincidir a gran número de xornalistas e escritores para cubrir a información dos mesmos (Erika Mann, John Dos Passos, Marta Gellhorn...), nun espazo de convivencia e tamén de discrepancias.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/6/25

Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempada

Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de tertulias literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempada
Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempadaO xoves 12 de xuño, ás 17:30, na finca das Torres de Santa Cruz, realizamos unha actividade que puxo fin ao curso 2024-2025 dos tres grupos de tertulias da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).

Levou por nome Paseo Sensorial. Durante todo curso, o sentido que se traballou foi o da vista, a través da lectura. Ás veces, os outros sentidos quedan anulados, por iso, a través desta actividade, quixemos potenciar os outros:
O tacto e o olfacto: tocamos as árbores cos ollos pechados e ulimos a súa fragrancia para despois intentar identificalo coa vista. Cada persoa foi acompañada por 2 compañeiras-os para evitar caídas. 
O oído: tamén co sentido da vista inutilizado, permanecimos en silencio para escoitar paxaros a ver se somos quen de adiviñar de que ave se trata ou se se escoitan chíos distintos. Para isto botamos man dunha aplicación para facelo máis doado. 
Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempadaDespois agudizamos o intelecto cun xogo:
Repartimos unhas plantillas cos títulos de lecturas compartidas polos 3 grupos. Escoitamos atentamente poemas que se leron durante as sesións deses libros e tivemos que acertar a cal pertence.
Para que cada quen exprese as sensacións producidas durante o paseo de forma íntima, animamos ás-aos participantes a realizar un haiku previa explicación da súa técnica.
Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempadaFinalizamos o paseo coa lectura dun texto sobre a importancia da literatura e de ler.
Rematada esta experiencia, pasamos á casa da Gardesa para poñer a traballar o sentido do gusto e aproveitamos o momento para entregar as pezas de barro que se fixemos no obradoiro “Arte para os teus libros” o 22 de maio.

Moitas grazas pola vosa participación e entrega nesta xornada que puxo a rama de loureiro da xeira de tertulias do mellor xeito posible: con todos os sentidos!

Recomendacións en Radioleiros: 13 xuño 2025

"Atelier of witch hat = El atelier de sombreros de mago" de Kamome Shirahama
- Infantil:
"Atelier of witch hat = El atelier de sombreros de mago" de Kamome Shirahama. Editado por Milky way
Este manga escrito e debuxado pola autora Kamome Shirahama, cóntanos a historia de Coco, unha nena alegre e curiosa que vive nunha pequena aldea e que sempre sentiu unha profunda fascinación pola maxia. Con todo, só pode achegarse á maxia que naza con ese don; ás-aos demais nin tan sequera lles está permitido ver como lanzan esconxuros.

"El desierto de los tártaros" de Dino Buzzati
- Mocidade e público adulto:
"El desierto de los tártaros" de Dino Buzzati. En Alianza
A novela narra a vida do tenente Giovanni Drogo, un mozo oficial recentemente graduado que recibe o seu primeiro destino: a remota Fortaleza Bastiani, situada ao bordo dun territorio árido e case mítico. Drogo chega coa ilusión dunha carreira militar brillante, convencido de que a fortaleza terá un papel decisivo cando apareza a gran ameaza: unha invasión bárbara procedente do deserto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/6/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 12 xuño 2025). Remate da tempada


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 9 de xuño.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Todo cuanto amé", de Siri Hustvedt. 
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 10 de xuño.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La felicidad conyugal" de Lev Tólstoi.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 10 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El coronel no tiene quien le escriba", de Gabriel García Márquez. 
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 11 de xuño. Cambio de hora!!! 18 a 20 h.

Comentario de "La historia de los vertebrados" de Mar García Puig. 
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros
- Xoves 12 de xuño.
11 a 12:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina. 
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Con estas sesións finaliza a tempada en todos os grupos de lectura das Bibliotecas Municipais de Oleiros. 

Agradecemos a fidelidade de todas as persoas participantes xunto co bo facer das moderadoras Silvia Salgado, Rosa García Vilariño e Pepe Taboada.

Desexámosvos un feliz verán... e boas lecturas!

6/6/25

Recomendacións en Radioleiros: 6 xuño 2025

Recomendacións en Radioleiros: 6 xuño 2025"Mientras duermes" de Rebecca June, ilustrado por Quim Torres- Infantil (a partir de 4 anos):
"Mientras duermes" de Rebecca June, ilustrado por Quim Torres. Editado por Zahorí.

Un libro informativo para as crianzas que explica de forma moi clara e sinxela por que precisamos descansar e que pasa mentres durmimos.

- Mocidade e público adulto:
"Heartstopper: dos chicos juntos" de Alice Oseman. En Crossbooks.

Primeiro volume da serie Heartstopper na que Charlie e Nick, dous mozos de secundaria que estudan no mesmo colexio, coñécense e namoran. Un romance realista, en banda deseñada, de contido LGTBIQ+ 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/6/25

#SenContaminaciónPorPlásticos: expo para conmemorar o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

#SenContaminaciónPorPlásticos: expo para conmemorar o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente estableceuno a Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 e está dirixido polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). Milleiros de persoas ao redor do mundo súmanse a participar de xeito virtual e presencial en actividades, eventos e todo tipo de iniciativas. 

Corea do Sur será a anfitrioa do Día Mundial do Medio Ambiente 2025, que se centrará na loita contra a contaminación por plásticos. Este evento, que se celebra anualmente o 5 de xuño, vaise celebrar na provincia de Jeju e ten como obxectivo promover solucións para reducir a contaminación plástica no mundo. Os seres humanos producimos máis de 430 millóns de toneladas deste tipo de produtos ao ano, dous terzos dos cales se convirten en lixo que invaden os océanos e, en moitos casos chegan á cadea alimentaria humana.

Bibloleiros únese a estas accións ofrécendoche os seus fondos bibliográficos relacionados coa problemática dos plásticos, a destrución de hábitats protexidos, o cambio climático e a protección do noso entorno natural. Goza da expo bibliográfica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo): libros para crianzas e público adulto, de ficción e informativos para combatir a desinformación e coidar o planeta Terra.

1/6/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (2 a 4 xuño 2025)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 2 de xuño.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Los reyes de la casa", de Delphine de Vigan.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 3 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Nada" de Carmen Laforet.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red]
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 4 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Canción dulce" de Leila Slimani.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red]
Documentación.

Con estas sesións finaliza a tempada para os tres grupos citados. 

Agradecemos a fidelidade de todas as participantes xunto co bo facer das moderadoras Silvia Salgado, Rosa García Vilariño e Pepe Taboada.

30/5/25

Recomendacións en Radioleiros: 30 maio 2025

"La sociedad de los dragones de Té" de Katie O'Neill
Recomendacións en Radioleiros: 30 maio 2025- Infantil:
"La sociedad de los dragones de Té" de Katie O'Neill. Editado por Brúfalo Lector e La Cúpula.
Este cómic conta unha historia de fantasía cotiá repleta de amor e tenrura. O relato segue a Greta, unha moza aprendiz de ferreira que un día rescata a un pequeno e curioso ser: un dragón de té. A través do dragón, Greta coñece a Hesekiel e Erik, unha parella que coida destes seres e forma parte dunha antiga e case esquecida tradición: a Sociedade dos Dragóns de Té.

"El maestro y Margarita" de Mijaíl Bulgákov
- Mocidade e público adulto:
"El maestro y Margarita" de Mijaíl Bulgákov. En Alianza.
Dispoñible en eBiblio
"El maestro y Margarita" é unha das novelas máis enigmáticas e poderosas do século XX. Ambientada na Moscova dos anos 30, en pleno réxime estalinista, a obra combina sátira política, fantasía sobrenatural e reflexión filosófica cunha estrutura narrativa complexa e orixinal. A historia comeza coa chegada dun estraño personaxe á capital soviética: Woland, unha encarnación do diaño. Acompañado do seu grotesco séquito, Woland desata o caos entre a elite cultural e política de Moscova, expoñendo a súa hipocrisía, covardía e corrupción.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/5/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (26 a 28 maio 2025)


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 26 de maio.
19 a 20:30 h.
Comentario de "O único que queda é o amor", de Agustín Fernández Paz. Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 27 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red]
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 28 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Ceniza en la boca" de Brenda Navarro.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red]
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La historia de los vertebrados" de Mar García Puig.

23/5/25

Recomendacións en Radioleiros: 23 maio 2025

Recomendacións en Radioleiros: 23 maio 2025
"Cantareas do faro" de Miguel Anxo Romero, ilustrado por Leandro Lamas. Música de Bárbara Mourelo- Infantil (menores de 10 anos):
"Cantareas do faro" de Miguel Anxo Romero, ilustrado por Leandro Lamas. Música de Bárbara Mourelo. En Embora
"Cantareas do faro" é un libro-disco que contén doce poemas escritos por Miguel Anxo Romero, acompañados por unhas simpáticas e coloridas ilustracións de Leandro Lamas e musicados pola pianista Bárbara Mourelo.
Son poemas infantís que tratan temáticas moi diferentes:
O primeiro fala dun neno ou nena que axuda a súa nai recollendo os ovos das galiñas cos que van facer unha tortilla. 
O segundo de como xoga na area da praia cun papaventos verde limón.
O terceiro de que escoita a máquina de coser de súa nai que cose e cose sen parar. 
O cuarto está dedicado a súa sombra, que a segue a todas partes.
O quinto presenta un galo que en vez de quiriquirear miañou.
O décimo que nos explica o son que emite o faro de Fisterra cando hai néboa. 
Ou o último dedicado a falar baixo na escola.
No CD hai seis poemas cantados por Ana Rey e nos outros hai cancións interpretadas por Lorena Montero, por Leandro Lamas, ou polo propio autor dos textos, pero sempre acompañados ao piano por Bárbara Mourelo e nos que colaboran diversas nenas e nenos.
Lendo os poemas, escoitando as cancións, cantando e bailando poderán pasar uns momentos moi divertidos.
Neste ano en que o Día das Letras Galegas estivo dedicado ás cantareiras, esta tamén é unha forma moi agradable de celebralo.
"Materia" de Yolanda Castaño
- Mocidade e público adulto: 
"Materia" de Yolanda Castaño. Editado por Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
É un libro de poemas ao que lle concederon o Premio Nacional de Poesía 2023, que entrega o Ministerio de Cultura, e Premio da Crítica en lingua galega no 2022.
Yolanda Castaño, Premio da Cultura de Galicia, é poeta, filóloga e unha activa xestora cultural, coa súa propia residencia para escritoras e escritores na Coruña. Hai moitos anos que colabora coas bibliotecas municipais de Oleiros realizando recitais de poesía, contacontos, obradoiros e diversos espectáculos poéticos dirixidos ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros. 
Ademais dos premios citados, ten outros no seu haber como por exemplo: Premio Irmandade do Libro a autora do ano, Premio Fundación Novacaixagalicia, Premio Ojo Crítico, Premio Espiral Maior ou Premio Nacional da Crítica.
O poemario "Materia", segundo o xurado do Premio Nacional de Poesía “mostra unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva e, á vez, directa, radical e feminista. Explora, de forma non compracente, temas como a maternidade, a familia e os costumes”.
Figura dividido en tres partes: Un río subterráneo, Iceberg e Nube ou O peso da Ingrávida. Está formado por vinte nove poemas que non deixan indiferentes a ninguén. Por destacar algúns, o primeiro é o impáctante titulado “Algunhas estrelas non caen do ceo” que fala da memoria
histórica e dun represaliado; ou o atraente “A miña relación máis longa” no que explica a relación que ten coa súa casa; ou o afectuoso “Carta ao irmán”; o fermosísimo “Iceberg”; ou o que dedica as súas amigas; o evocador “A casa dos meus pais”; o emotivo “Non chegarei a” que explica a decisión persoal de non ser nai, e así poderíamos continuar... 
Unha magnífica proposta poética. Poderán ler poesías que emocionarán.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/5/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (20 e 21 maio 2025)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 20 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Nada" de Carmen Laforet.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Canción dulce" de Leila Slimani.

16/5/25

Día das Letras Galegas 2025 nas Bibliotecas Municipais

Día das Letras Galegas 2025 nas Bibliotecas Municipais
Nas Bibliotecas de Oleiros celebramos o Día das Letras Galegas 2025 homenaxeando o cancioneiro popular galego e todas as cantareiras nas persoas de Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, Teresa García Prieto e Manuela Lema Villar. Mulleres marabillosas que deixaron o seu herdo en boas mans (e gorxas) como as das cantadoras que podemos escoitar no video “O bruar das cantareiras” de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Nas bibliotecas municipais teremos as seguintes actividades:
- Exposición bibliográfica "As cantareiras e a poesía popular oral" sobre o vizoso patrimonio que recibimos das cantareiras, figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura musical popular.Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Exposición "Escoita as nosas cantareiras": os nosos cedés faránche un paseo musical, desde o máis tradicional ata as novísimos xeitos desta expresión creativa.
- Actividade plástica para as crianzas: decoraremos a biblioteca con pandeiretas coloridas, con imaxes rebuldeiras das foliadas, seráns, ruadas, etc.

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Obradoiro de olería : "Arte para os teus libros"
O xoves 22 de maio, como actividade complementaria ás tertulias literarias de Santa Cruz, farase un obradoiro en colaboración co Museo Os Oleiros. Cada tertuliana-o, de cada un dos tres grupos de lectura da Biblioteca de Santa Cruz, realizará un separador de páxinas de barro que decorarán e despois cocerase e esmaltarase para que poidan levalos de agasallo.
- Exposición bibliográfica, "Letras, cancións e pandeiretas": expoñemos unha escolma de libros e material audiovisual para dar a coñecer e visibilizar o traballo destas figuras que coidaron, arrequeceron e transmitiron esta tradición centenaria.
Sesión sobre as Cantigas populares nos tres grupos de tertulias da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Sesión sobre as cantigas populares: nos tres grupos de tertulias de Santa Cruz realizouse unha sesión sobre as cantigas populares. Ás persoas integrantes dos tres grupos entregóuselles unha selección destas cantigas que despois foron comentadas por Pepe, facendo especial fincapé nas cantigas de traballo. Tras cada explicación, Adela, tocaba e cantaba fragmentos destes cantos para así exemplificar o ritmo usado en cada unha delas. As cantigas foron escollidas principalmente do libro: Schubart, D., Santamarina, A. (1983). Cántigas populares. Vigo: Galaxia.


Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)
- “Versos e Cantos de Galiza: Letras Galegas 2025”: realizaremos unha exposición bibliográfica adicada á riqueza da poesía popular oral galega e á súa profunda relación coa música tradicional e os cantares populares. 

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
- Exposición "Eu cantar, cantar, cantei" na sala infantil-xuvenil: mostra de libros-disco en lingua galega para achegar a música ao público infantil.
- Exposición "Eu cantar, cantar, cantei" na sala de adultas-os: percorrido pola nosa historia musical a través dunha selección de discos e libros sobre a historia da música en Galicia. Na sala infantil haberá debuxos e pasatempos dispoñibles para as crianzas.

- Exposición bibliográfica, e pasatempos, para as-os máis pequenas-os.

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
- “A pandeireta na manhe”: actividade para público infantil: a pandeireta é un símbolo da cultura musical tradicional. As crianzas que visiten a biblioteca entre o 12 e o 24 de maio poderán colorear pandeiretas de papel con cantos recollidos no cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.
- “Canta miña compañeira”: mostra bibliográfica, para todos os públicos, de obras que recompilan o cancioneiro popular galego. Durante todo o mes de maio.


Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)
- Carteis e murais informativos, debuxos para que coloreen os máis pequenos relacionados coa temática do Día das Letras Galegas 2025 e exposición bibliográfica sobre os cancioneiros populares da nosa cultura.