16/5/25

Día das Letras Galegas 2025 nas Bibliotecas Municipais

Día das Letras Galegas 2025 nas Bibliotecas Municipais
Nas Bibliotecas de Oleiros celebramos o Día das Letras Galegas 2025 homenaxeando o cancioneiro popular galego e todas as cantareiras nas persoas de Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, Teresa García Prieto e Manuela Lema Villar. Mulleres marabillosas que deixaron o seu herdo en boas mans (e gorxas) como as das cantadoras que podemos escoitar no video “O bruar das cantareiras” de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Nas bibliotecas municipais teremos as seguintes actividades:
- Exposición bibliográfica "As cantareiras e a poesía popular oral" sobre o vizoso patrimonio que recibimos das cantareiras, figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura musical popular.Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Exposición "Escoita as nosas cantareiras": os nosos cedés faránche un paseo musical, desde o máis tradicional ata as novísimos xeitos desta expresión creativa.
- Actividade plástica para as crianzas: decoraremos a biblioteca con pandeiretas coloridas, con imaxes rebuldeiras das foliadas, seráns, ruadas, etc.

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Obradoiro de olería : "Arte para os teus libros"
O xoves 22 de maio, como actividade complementaria ás tertulias literarias de Santa Cruz, farase un obradoiro en colaboración co Museo Os Oleiros. Cada tertuliana-o, de cada un dos tres grupos de lectura da Biblioteca de Santa Cruz, realizará un separador de páxinas de barro que decorarán e despois cocerase e esmaltarase para que poidan levalos de agasallo.
- Exposición bibliográfica, "Letras, cancións e pandeiretas": expoñemos unha escolma de libros e material audiovisual para dar a coñecer e visibilizar o traballo destas figuras que coidaron, arrequeceron e transmitiron esta tradición centenaria.
Sesión sobre as Cantigas populares nos tres grupos de tertulias da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Sesión sobre as cantigas populares: nos tres grupos de tertulias de Santa Cruz realizouse unha sesión sobre as cantigas populares. Ás persoas integrantes dos tres grupos entregóuselles unha selección destas cantigas que despois foron comentadas por Pepe, facendo especial fincapé nas cantigas de traballo. Tras cada explicación, Adela, tocaba e cantaba fragmentos destes cantos para así exemplificar o ritmo usado en cada unha delas. As cantigas foron escollidas principalmente do libro: Schubart, D., Santamarina, A. (1983). Cántigas populares. Vigo: Galaxia.


Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)
- “Versos e Cantos de Galiza: Letras Galegas 2025”: realizaremos unha exposición bibliográfica adicada á riqueza da poesía popular oral galega e á súa profunda relación coa música tradicional e os cantares populares. 

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
- Exposición "Eu cantar, cantar, cantei" na sala infantil-xuvenil: mostra de libros-disco en lingua galega para achegar a música ao público infantil.
- Exposición "Eu cantar, cantar, cantei" na sala de adultas-os: percorrido pola nosa historia musical a través dunha selección de discos e libros sobre a historia da música en Galicia. Na sala infantil haberá debuxos e pasatempos dispoñibles para as crianzas.

- Exposición bibliográfica, e pasatempos, para as-os máis pequenas-os.

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
- “A pandeireta na manhe”: actividade para público infantil: a pandeireta é un símbolo da cultura musical tradicional. As crianzas que visiten a biblioteca entre o 12 e o 24 de maio poderán colorear pandeiretas de papel con cantos recollidos no cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.
- “Canta miña compañeira”: mostra bibliográfica, para todos os públicos, de obras que recompilan o cancioneiro popular galego. Durante todo o mes de maio.


Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)
- Carteis e murais informativos, debuxos para que coloreen os máis pequenos relacionados coa temática do Día das Letras Galegas 2025 e exposición bibliográfica sobre os cancioneiros populares da nosa cultura.

Recomendacións en Radioleiros: 16 maio 2025

Recomendacións en Radioleiros: 16 maio 2025
"Eu ben vin, virivín: cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" de Manuel Rico Verea. Ilustrado por David Rodríguez
- Infantil (crianzas a partir de 3 anos):
"Eu ben vin, virivín: cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" de Manuel Rico Verea. Ilustrado por David Rodríguez. Editado por Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos fala do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais. O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que recrea as melodías do cancioneiro tradicional. Unha delicia para os sentidos que nos achega a algúns signos de identidade cultural de Galicia.

"Síbaris" de Domingo Villar
- Mocidade e persoas adultas:
"Síbaris" de Domingo Villar. En Galaxia.
Dispoñible en GaliciaLe
Síbaris é unha divertidísima comedia negra sobre o éxito e a creación na que o protagonista, o recoñecido escritor Víctor Morel, agoniado pola falta de inspiración, vai atopar a solución aos seus problemas grazas a unha morte moi oportuna.
Obra teatral póstuma de Domingo Villar (1971-2022), autor de tres novelas de referencia no xénero negro protagonizadas polo inspector Leo Caldas, con limiar de Inma López Silva e ilustracións de Carlos Baonza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/5/25

Hora do conto e actividades infantís: 12 a 15 de maio 2025

Hora do conto e actividades infantís: 12 a 15 de maio 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Martes 13 de maio, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Contos dunha roda. Rosalía de Castro" Celebramos o Día das Letras Galegas
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

Martes 13 de maio, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Cantos da avoa" Celebramos o Día das Letras Galegas
CONTACONTOS: Trémola Teatro


Mércores 14 de maio, ás 18:30     
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Lonxedetodo en festas" Celebramos o Día das Letras Galegas
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Xoves 15 de maio, ás 18:30          
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: "Os contos das avoas" Celebramos o Día das Letras Galegas
CONTACONTOS: Ramiro Neira
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

12/5/25

13 de maio: Espectáculo poético-musical "Un idioma de música e tinta" con Yolanda Castaño e Isaac Garabatos

Espectáculo poético-musical "Un idioma de música e tinta" con Yolanda Castaño e Isaac Garabatos: 13 de maio
Teatro As Torres (Santa Cruz)
Martes 13 de maio ás 20:00 h
Conmemoración do Día das Letras Galegas e 40 anos das Bibliotecas Municipais de Oleiros 
Un percorrido polos últimos anos dunha poeta que se consolidou nas Bibliotecas de Oleiros, arroupado para esta celebración pola música de Isaac Garabatos. Entre a envolvente música en directo do compositor e instrumentista Isaac Garabatos, Yolanda Castaño (Premio Nacional de Poesía 2023) ofrécenos un paseo guiado a través dos seus poemas culminando cos do seu novo libro, "A falsa autónoma".
A voz de Yolanda Castaño únese ás composicións musicais de Isaac Garabatos, en diálogo constante entre música e poesía, nun espectáculo de gran calidade artística e cargado de emocións.
Yolanda Castaño é poeta, filóloga e unha activa xestora cultural, coa súa propia residencia para escritores-as na Coruña. Premio Nacional de Poesía (2023) e Premio da Crítica en lingua galega (2022) polo seu libro Materia. Entre as súas obras podemos destacar: A falsa autónoma, Vivimos no ciclo das erofanías, O libro da egoísta, Profundidade de campo, A segunda lingua, Elevar as pálpebras ou Delicia. Ademais dos citados, ten no seu haber outros premios literarios, como por exemplo: Premio da Cultura de Galicia (2023), Premio Irmandade do Libro a autora do ano (2014), Premio Fundación Novacaixagalicia (2013), Premio Ojo Crítico (2009), Premio Espiral Maior (2007), Premio Nacional da Crítica (1999).
Isaac Garabatos é un dos músicos e compositores máis versátiles do panorama musical galego. Realizou numerosos traballos de composición para diferentes obras de danza contemporánea, teatro, curtametraxes e grupos de Jazz, Fusión, Latin-Jazz, Funk, Folk, Pop, Rock e Dance.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa poesía e coa música.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (12 a 14 maio 2025)


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)

- Luns 12 de maio. 19 a 20:30 h.
Comentario de "A esmorga", de Eduardo Blanco Amor. Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 13 de maio.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Cantigas populares galegas (escolma)". Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La felicidad conyugal" de Lev Tólstoi.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 13 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cantigas populares galegas (escolma)". Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El extranjero" de Albert Camus.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 14 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Os seres queridos" de Berta Dávila. Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ceniza en la boca" de Brenda Navarro.

Recomendacións en Radioleiros: 9 maio 2025

"Daniela Pirata e a malvada Ciclope" de Susanna Isern. Ilustrado por Gómez
Recomendacións en Radioleiros: 9 maio 2025- Infantil (crianzas de 6 a 8 anos):

"Daniela Pirata e a malvada Ciclope" de Susanna Isern. Ilustrado por Gómez. En NubeOcho.

A malvada Ciclope aterroriza a todos os reinos veciños. O día que secuestra ao príncipe, Daniela decidirá ir salvalo.

"Ruta de escape" de Philippe Sands
- Mocidade e persoas adultas:

"Ruta de escape" de Philippe Sands. Editado por Anagrama.

Dispoñible en eBiblio

A vida de Otto Wätcher, nazi austríaco que colaborou na loxística da “solución final”, contada dun xeito diferente, con testemuñas familiares e fontes historiográficas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.