14/11/25

Recomendacións en Radioleiros: 14 novembro 2025

"O incrible neno devorador de libros" de Oliver JeffersRecomendacións en Radioleiros: 14 novembro 2025
- Infantil (de 5 a 8 anos):
"O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers. En Patasdepeixe.
Divertida e tenra historia sobre un neno ao que lle gustan tanto os libros que decide comelos. Un conto que esperta a curiosidade, celebra o coñecemento e deixa un sorriso en cada páxina. Ideal para fomentar o amor polos libros e a lectura na cativada.

"Un grito de amor desde el centro del mundo" de Kyoichi Katayama- Mocidade e persoas adultas:
"Un grito de amor desde el centro del mundo" de Kyōichi Katayama. Editado por Alfaguara.
Sakutaro Matsumoto é un mozo que lembra o seu primeiro amor: Aki Hirose. Ambos son compañeiros de escola e, aos poucos, a súa amizade transfórmase nun amor puro, inocente e sincero. Con todo, o destino xógalles unha carta cruel cando Aki enferma gravemente. 
Unha fermosa e delicada historia de amor marcada pola esperanza, a despedida e a pegada indeleble que deixa a persoa amada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/11/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (10 a 12 novembro 2025)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 10 de novembro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Feliz idade" de Olga Novo.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 11 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 12 de novembro
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.

Modera as sesións: Silvia Salgado

9/11/25

Hora do conto e Ler conta moito: 10 a 14 de novembro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 10 a 14 de novembro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 10 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Eva na Antártida”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Martes 11 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “A cebra Camila”
CONTACONTOS: Catuxa Cela



Mércores 12 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “A galiña Xosefina”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 13 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “A festa de Leo”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 13 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Contos de aventuras”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Venres 14 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Cantos contos con música”
CONTACONTOS: Pablo Díaz
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.