12/12/25

Recomendacións en Radioleiros: 12 decembro 2025

- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Quen precisa unha avoa?
, de Andrea Barreira Freije con ilustracións de María Montes.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

Marta non ten avoa, o cal é un problema para desenvolver un traballo escolar. Conciliación familiar e necesidades das persoas maiores aparecen nesta novela chea de humor.

- Mocidade e persoas adultas:

El agente suizo: fuga de capitales en la España de Franco, de Enrique Faes Díaz.
Galaxia Gutenberg.

A detención na Barcelona de 1958 de Georges Laurent Rivara, axente da banca suiza, é o comezo dunha historia financeiro política nun franquismo autárquico integrado por grupos de intereses diversos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/12/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 e 10 decembro 2025)

 

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 9 de decembro.
17:30 a 19:30 h. no Castelo de Santa Cruz.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual": visita a exposición e tertulia literaria.
Moderan e coordinan: Silvia Salgado [Érase una Red] e Pepe Taboada.
Documentación.
O seguinte título: "El nervio óptico" de María Gaínza entregaráse na biblioteca.
NOTA: no caso que as condicións climatolóxicas sexan adversas suspenderáse a visita ao Castelo e a tertulia celebraráse na biblioteca. 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 10 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.