21/11/25

Recomendacións en Radioleiros: 21 novembro 2025

- Xuvenil: 

Nausicaä del valle del viento
, de Hayao Miyazaki
Planeta Cómic.

Unha epopea ambientada mil anos despois dun cataclismo que case destruíu a civilización. Neste mundo hostil vive Nausicaä, a nova princesa do pacífico Val do Vento. Dotada dunha sensibilidade extraordinaria, capaz de comunicarse coas criaturas do bosque e de percibir as correntes invisibles da vida, Nausicaä é unha líder natural que rexeita a violencia pero non dubida en arriscarse cando o seu pobo está en perigo.

- Mocidade e público adulto: 

Orbital, de Samantha Harvey.
Anagrama.

Versión dixital en eBiblio.

Unha novela que transcorre por centos de quilómetros sobre a Terra, pero que fala dó máis íntimo e humano que levamos dentro. A historia segue a seis astronautas na Estación Espacial Internacional durante un único día, durante o cal orbitan 16 veces ao redor do noso planeta. Esa estrutura aparentemente sinxela convértese nunha oportunidade para observar aos seus personaxes nun estado de suspensión: lonxe de casa, lonxe da gravidade que rexe as súas vidas, obrigados a convivir nun espazo pechado mentres o mundo vira baixo os seus pés.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

AVISO: A Biblioteca de Nós permanecerá pechada o 24 e 25 de novembro

A Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós) permanecerá pechada ao público o luns 24 e o martes 25 de novembro.

Desculpen as molestias.

20/11/25

Hora do conto e Ler conta moito: 24 a 28 de novembro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 24 a 28 de novembro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de
www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 24 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Contos con corazón e natureza”
CONTACONTOS: Catuxa Cela

Martes 25 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: “A terrorífica historia de Aba”
CONTACONTOS: Trémola Teatro



Mércores 26 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Glub!”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Xoves 27 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “O tesouro da Moura”
CONTACONTOS: Raquel Crespo

Xoves 27 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Raposadas”
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Venres 28 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: “Contacontos sensorial”
CONTACONTOS: Eduvía

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

18/11/25

Hora do conto e Ler conta moito: 19 a 21 de novembro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 19 a 21 de novembro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Mércores 19 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Electrízate”
MONITORADO: Ciencia Kids

Xoves 20 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos  Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Leo e os números”
CONTACONTOS: Trémola Teatro



Venres 21 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Arredor da lumieira”
CONTACONTOS: Charo Pita

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

17/11/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (17 a 20 novembro 2025)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 17 de novembro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Ojos azules" de Toni Morrison.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 18 de novembro.
11 a 12:30 h. no Castelo de Santa Cruz.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual": visita a exposición e tertulia literaria.
Moderan e coordinan: Silvia Salgado e Pepe Taboada.
Documentación.
O seguinte título: "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde entregaráse na biblioteca.
NOTA: no caso que as condicións climatolóxicas sexan adversas, suspenderáse a visita ao Castelo e a tertulia celebraráse na biblioteca. 

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 18 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El nervio óptico" de María Gaínza.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 19 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Gomorra" de Roberto Saviano.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 20 de novembro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.