Escritora, xornalista e activista, Begoña Caamaño, naceu en Vigo en 1964. Revelouse como narradora tardiamente, aos seus corenta e cinco anos, cunha novela, Circe ou o pracer do azul (2009), que abraiou o público e a crítica pola súa coruscante orixinalidade, a súa cativadora escrita e a súa sobranceira calidade literaria. Ata entón, a autora era recoñecida pola súa intensa carreira profesional como xornalista, especialmente nos medios radiofónicos e singularmente na Radio Galega, onde desenvolveu o seu labor desde 1989. Cidadá comprometida, o seu perfil viñera definido pola militancia sindical e a implicación no movemento feminista. Involucrada en diversas mobilizacións sociais, salientaba pola súa denuncia da manipulación informativa nos medios públicos.
Fonte: academia.gal
- Campaña de promoción da lectura para os centros de ensino nas bibliotecas municipais
5 e 7 de maio, A mitoloxía na obra de Begoña Caamaño con Charo Pita na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 6 de maio, A mitoloxía na obra de Begoña Caamaño con Charo Pita na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). 11 de maio, A gran viaxe das Letras Galegas con A Xanela do Maxín na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 13 de maio, A gran viaxe das Letras Galegas con A Xanela do Maxín na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).
- Sesións da Hora do conto
8 de maio, Galibros con Charo Pita na Biblioteca Ánxel Fole (Nós), 11 de maio Galibros con Charo Pita na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), 12 de maio As letras que voan con nome de muller con Trémola Teatro, na Biblioteca Manuel María (Oleiros), 13 de maio, Nós con Ramiro Neira na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), 14 de maio, Estamos de festa!!! con Ramiro Neira na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) e Cantos da avoa con Trémola Teatro na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), 15 de maio, A gran viaxe das Letras Galegas con A xanela do Maxín na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).
- Actividades que conmemoran a Begoña Caamaño nas bibliotecas de Oleiros:Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Exposición bibliográfica Escribo porque leo, coas obras de e sobre a escritora viguesa.
- Agasallo do marcapáxinas conmemorativo Eu son Morgana para as persoas que leven en préstamo obras en galego.
- Actividade plástica para as crianzas: decoraremos a biblioteca coa faciana de Begoña.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)- Exposición bibliográfica Escribo porque leo, coas obras de e sobre a escritora olívica.
Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
- Coloreamos a Begoña Caamaño: actividade para público infantil na que as crianzas poderán pintas o retrato de Begoña Caamaño.
- Begoñísima, mostra bibliográfica para a mocidade e público adulto, de e sobre Begoña Caamaño dispoñibles na biblioteca.


.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario