17/4/26

Recomendacións en RadiOleiros: 17 abril 2026

Recomendacións en RadiOleiros: 17 abril 2026Fosca de Inma Pelegrín- Mocidade e público adulto:
Fosca de Inma Pelegrín. En Lumen.
Dispoñible en eBiblio

O premio Lumen 2025 de novela é un texto de intriga ambientado na Murcia rural dos anos 60, con Gabi, un neno que é testemuña dun crime. Segundo parte da crítica, o estilo conecta con Delibes e Jesús Carrasco.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e actividades infantís: 22 a 24 de abril 2026

Hora do conto e actividades infantís: 22 a 24 de abril 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Nesta semana de contos festexaremos o Día Mundial do Libro (23 de abril).
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Mércores 22 de abril  
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Un agasallo para Lilí
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Xoves 23 de abril  
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Avións de papel
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Venres 24 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Contos do mundo
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Venres 24 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Os libros da titiriteira
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

16/4/26

Actividades de promoción da lectura: 21 a 24 abril 2026

Actividades de promoción da lectura: 21 a 24 abril 2026
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 21 a 24 de abril 2026

Martes 21 de abril:
- 10:00 e 11:30 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros). Espectáculo Valle-Inclán e ti con Ramiro Neira.
Mércores 22 de abril:
- 10:00 e 11:30 alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros). Espectáculo Valle-Inclán e ti con Ramiro Neira.
Xoves 23 de abril:
- 9:30 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros). Espectáculo A Odisea en 50' con Maribel Andrés Llamero.
- 11:00 e 12:30 alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo). Obradoiro Fogóns poéticos con Maribel Andrés Llamero.

Venres 24 de abril:
- 10:30 e 11:45 alumnado de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz). Espectáculo El Quijote en 50' con Maribel Andrés Llamero.

13/4/26

Hora do conto e actividades infantís: 13 a 16 de abril 2026

Hora do conto e actividades infantís: 13 a 16 de abril 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 13 de abril  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: Ilustración: Frederick 
MONITORADO: Patricia Cameán

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 14 de abril  
Para crianzas a partir de 5 anos Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
ESPECTÁCULO: Ritmando rimas 
CONTACONTOS: Charo Pita


Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de abril  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: Ilustración: animais de tinta
MONITORADO: Laura Caneira

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 16 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Cativezas
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: O xogo de Nano
CONTACONTOS: Raquel Queizás

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (13 a 15 abril 2026)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 13 de abril.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Documentación.
Ao remate entregaráse o caderno "Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual".

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 14 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Gomorra" de Roberto Saviano.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Feliz Idade" de Olga Novo.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 15 de abril
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].