24/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 24 xaneiro 2025

- Infantil (a partir de 10 anos):

Neko
, de Eva Mejuto.
Oqueleo.

Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero.

- Mocidade e persoas adultas:

Tras do ceo, de Manuel Rivas.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

A novela  transcorre nun lugar chamado Tras do Ceo e comeza cunha batida na que o obxectivo é o Solitario, un lendario porco bravo a quen lle atribúen mortes e ataques a participantes noutras cazarías.

Na batida participa unha cuadrilla de cazadores urbanos con relacións de amizade e negocios. Entre eles está Dombodán, o mais novo e o único natural de Tras do Ceo, que nos irá narrando os feitos cunha ollada propia.


Novela negra radical que se vai endurecendo a medida que avanzamos na lectura e  que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario