Na
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso” de Dorneda estamos a celebrar o
Día Mundial da Poesía (21 de marzo) cunha serie de actividades:
- Exposición bibliográfica con libros de poesía infantil e de adultos.
-
“Dáme un verso" , cubriremos os nosos espazos con aqueles poemas, versos, etc., tanto orixinais como alleos que nos fagas chegar.
-
“Entendemos a poesía”, poderás ler, e facer un debuxo alusivo á temática das poesías que che propoñemos.
Todos os/as usuarios/as poderán facerse cun marcapáxinas de
Rosalía de Castro ao longo destas datas.
Esta actividade poderás disfrutala ata finais de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario