24/4/26

Recomendacións en RadiOleiros: 24 abril 2026

A cornecha e a xibardo de Julia Donaldson e Axel Scheffler
Recomendacións en RadiOleiros: 24 abril 2026- Infantil (a partir de 5 anos):
A cornecha e a xibardo de Julia Donaldson e Axel Scheffler. En Patasdepeixe.

Fermoso álbum ilustrado que conta a historia dunha cornecha que viaxa sobre unha gran balea xibardo. Xuntas navegan polo mundo enteiro e, cando a balea queda varada nunha praia, a pequena cornecha terá que armarse de valor para salvarlle a vida.

O clan das Barbies de Antía Yañez
- Mocidade e persoas adultas:

O clan das Barbies de Antía Yañez. Editado por Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe

Nun tempo futuro, no que a humanidade está en crise porque cada vez nacen menos nenas-os, atópanse dúas mulleres e un home trans nunha clínica de fertilidade. Non se coñecen pero, ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Hora do conto e actividades infantís: 27 a 30 de abril 2026

Hora do conto e actividades infantís: 27 a 30 de abril 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h
Nesta semana de contos festexaremos o Día Mundial do Libro (23 de abril).

Luns 27 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Paxariños 
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Martes 28 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Os ratiños da caixa 
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Mércores 29 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Que chova a chuvia chuvisqueira! 
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 30 de abril
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: O segredo da biblioteca
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 30 de abril
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO DE SOMBRAS: Frederick
MONITORADO: Patricia Cameán

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

20/4/26

Día Mundial do Libro 2026 en Bibloleiros

Día Mundial do Libro 2026 en Bibloleiros
O Día Mundial do Libro celébrase cada 23 de abril.
Un 23 de abril de 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO (1995) como un xeito de fomentar a lectura, recoñecer a figura da-do autora-o e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país. A UNESCO designou Capital Mundial do Libro 2026 a capital norteafricana de Rabat.

Bibloleiros ofréceche as seguintes actividades de promoción da lectura para festexar esta data ao longo de todo mes de abril.

- Campaña de promoción da lectura para os centros de ensino nas bibliotecas municipais 
9 de abril, Voar sen medo con Chus Álvarez na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). 10 de abril, A Odisea en 50' con Maribel Andrés Llamero na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). 13 de abril, Andar aos biosbardos con Charo Pita na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 21 e 22 de abril, Valle-Inclán e ti con Ramiro Neira na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 23 de abril, A Odisea en 50' e Fogóns poéticos con Maribel Andrés Llamero na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 24 de abril, El Quijote en 50' con Maribel Andrés Llamero na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Sesións da Hora do conto
22 de abril, Un agasallo para Lilí con Trinketrike Teatro na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), 23 de abril, Avións de papel con Ramiro Neira, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), 24 de abril, Contos do mundo con Ramiro Neira na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) e Os libros da titiriteira con A Xanela do Maxín na Biblioteca Ánxel Fole (Nós), 27 de abril, Paxariños con Trinketrinke Teatro na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), 28 de abril, Os ratiños da caixa con Trinketrinke Teatro na Biblioteca Manuel María (Oleiros), 30 de abril, O segredo da biblioteca con Trémola Teatro na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). 

- Exposicións bibliográficas
reler  Buscas unha novela nova? Revisita o pasado, volve ás iconas.
reler 
Buscas unha novela nova? Revisita o pasado, volve ás iconas. 
Títulos de Austen, Balzac, Bromfield, Brontë, Colette, Dickens, Dostoievski, Gaskell, Gibbons, Maupassant, Tolstói, Turguénev, Wharton (entre outras-os). Volver sobre novelas de resoantes autorías, retornar a lecturas consideradas xa clásicas, retroceder a sobranceiras escrituras do pasado en coidadas edicións e traducións contemporáneas.
Expo Letras premiadas: Dedicada aos galardóns literarios máis prestixiosos
Letras premiadas
Dedicada aos galardóns literarios máis prestixiosos. A mostra reúne unha selección de obras recoñecidas co Premio Nobel de Literatura e cos Premios Nacionais de Literatura nas modalidades de narrativa, poesía, teatro e ilustración dos últimos cinco anos. Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Expo Libros de libros Lecturas que exploran o poder dos librosLibros de libros
Lecturas que exploran o poder dos libros ou se afondan nas bibliotecas misteriosas. Para mocidade e persoas adultas. Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Mirar en viñetas
Cómics de diferentes idades: infantís, xuvenís e para adultos. Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).
Roald Dahl, principais obras deste autor. Na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
Expo Primavera chea de libros e flores
Primavera chea de libros e flores
Libros infantís sobre o día do libro e a primavera. Na Biblioteca Ánxel Fole (Nós).

- Actividades complementarias
5 prestados, un agasallado na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)Agasallo dun libro a todas aquelas persoas que leven cinco préstamos co seu carné.Unha maneira de agradecemento para todas-os usuarias-os que fan uso dos fondos da biblioteca. Na Biblioteca Rosalía de Castro de (Santa Cruz). 
E ti... que les?
Destinada a todos os públicos. Recomendacións literarias para o desfrute de todos/as. Coas obras recomendadas crearase un espazo lector diverso e enriquecedor. Durante todo o mes de abril na Biblioteca Manuel María de Oleiros.
Marcapáxinas 
As-os máis pequenas-os poderán crear e colorear uns marcapáxinas conmemorativos. Na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) e na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
Recomendacións literarias
Recomendacións e votacións, por parte das-os nosas-os lectoras-es, dos libros favoritos que leron nesta biblioteca para dalos a coñecer entre o resto e poder elaborar un ranking cos libros máis lidos. Na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
Na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), tamén a partir do día 20, realizarase unha enquisa entre o lectorado adulto sobre cal é o libro lido neste último ano que recomendaría, para dar a coñecer os 3 libros máis aconsellados.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (20 a 22 abril 2026)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 20 de abril.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
Documentación.
Ao remate entregaráse o caderno "Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual".

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 21 de abril
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Ojos azules" de Toni Morrison.
Documentación.
Ao remate entregaráse "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 22 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Viento del norte" de Elena Quiroga.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].