15/2/19

Recomendacións en Radioleiros: 15 febreiro 2019

https://youtu.be/ClwP_BKKQE4
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1211757- Infantil (mais de 6 anos):

A historia do touro Ferdinando, de Munro Leaf e ilustrado por Robert Lawson
Kalandraka

Ferdinando e un touro sensible que fronte á bravura doutros touros prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo das flores. Nada o vai facer cambiar de idea, nin as provocacións do matador nin os abucheos do público na praza das Ventas. Neses momentos o que fai feliz a Ferdinando é o cheiro perfumado das frores das señoras con mantilla que sentan nas bancadas.


Un clásico que data do ano 1936, que segue a manter vivo o interese e a mensaxe de liberdade, tolerancia e exaltación do diferente. Sorprende aínda máis polo revolucionario que foi dado a época na que foi escrito.

- Mozas/os e adultas/os:

O exército de fume, de Manuel Gago
Xerais

Relato de acción no que se mistura historia, lenda e ficción. Unha novela sobre a posible presenza dos exércitos alemáns na España fascista de principios de 1942. 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1441983Unha xoven maestra chega ao seu primeiro destino nunha aldea da Galicia costeira, nun lugar posiblemente estratéxico para os intereses tanto de nazis como de ingleses polo dominio do Atlántico. Pola contra no interior da Galicia da posguerra, os maquis seguen a enfrentarse ao poder da dictadura. Celia, Ramallo, Brais, personaxes de ficción mestúranse na novela con personaxes históricos como o pintor Urbano Lugrís ou Winston Churchill para manter a tensión ata o remate da novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario