15/5/13

20 de maio: Presentación do libro "Feminismos" en As Torres de Santa Cruz

Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz  
Ás 19,30 h. 

Presentación do libro "Feminismos" a cargo de María Reimóndez.

María Reimóndez, xunto con Olga Castro, son as autoras desta obra que realiza un recorrido sobre os feminismos ao longo da xeografía e a historia. 

Para a escritora e traductora María Reimóndez “os feminismos son os movementos que máis transformacións sociais provocaron de cara a unha mellora da vida de todas as persoas”.

É presidenta e fundadora da organización de cooperación internacional Implicadas/os no Desenvolvemento.

Entrada libre para público en xeral. 

16 de maio: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda

Na Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Celebraranse dúas sesións:
- Ás 9:30 H para o alumnado de 1º A, B e C de primaria
- Ás 11:00 H participará o alumnado de 1º C, 2º A e B
"Contacontos teatralizado" da obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Actividade dirixida a alumnado do CEIP Valle-Inclán.

14/5/13

Letras Galegas 2013 en Bibloleiros

Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros sumámonos ás celebracións do Día das Letras Galegas para divulgar a figura do escritor homenaxeado en 2013: o actor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Poñemos á vosa disposición as obras teatrais da autoría de Roberto Vidal Bolaño e os ensaios adicados a estudar a súa vida e obra que hai nas bibliotecas. Se queres saber máis de RVB consulta a dispoñibilidade. Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e finou nesta cidade en 2002. Despois de pasar por diversos empregos, aos vintesete anos comezou a traballar profesionalmente no teatro. Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido. Escribíu perto de trinta obras teatrais, algunhas adicadas ao público infantil. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición. O recoñecemento artístico de Roberto Vidal Bolaño non se producíu ata os anos noventa do pasado século, cando os diferentes premios institucionais normalizaron tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e do público.


Tertulia literaria en Rialeda: 15 de maio (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Libertad" de Jonathan Franzen.
Documentación
Obras de Jonathan Franzen nas nosas bibliotecas.

Nota: cámbiase a orde das dúas próximas lecturas, entregándose esta semana "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah.

15 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal, a cargo de Manel Cráneo

15 de maio:
- Ás 9:15 para alumnado de 6º A
- Ás 11:30 participará o alumnado de 6º  B


O ilustrador Manel Cráneo achégase á Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para amosar a alumnado do CEIP Parga Pondal de Santa Cruz o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre el e a súa obra, accede aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga este folleto.

13/5/13

Novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda (maio 2013)


Adiós muchachos (1987) Francia - Drama - Louis Malle
Arrugas (2011) España - Animación - Ignacio Ferreras
Bruc (2010) España - Aventuras - Daniel Benmayor
El caso Slevin (2006) - Intriga - Paul McGuigan
Clara Campoamor: la mujer olvidada (2011) España - Biografía - Laura Mañá
Cómo acabar con tu jefe (2011) EEUU - Comedia - Seth Gordon
Cosas que nunca te dije (1996) España - Drama romántico - Isabel Coixet
Los cronocrímenes (2007) España - Ciencia ficción - Nacho Vigalondo
Destino final (2000) EEUU - Terror - James Wong
Destino final 2 (2003) EEUU - Terror - David R. Ellis
Destino final 3 (2006) EEUU - Terror - James Wong

El diablo viste de Prada (2006) EEUU - Comedia dramática - David Frankel
El dragón rojo (2002) EEUU - Terror - Brett Ratner
En el límite del amor (2008) Gran Bretaña - Drama romántico - John Maybury
El espejo (1997) Irán - Drama - Jafar Panahi
Falsas apariencias (1999) EEUU - Comedia - Jonathan Lynn
Fish tank (2009) Gran Bretaña - Drama social - Andrea Arnold
Gianni y sus mujeres (2011) Italia - Comedia - Gianni di Gregorio
The good heart (2011) Islandia - Comedia dramática - Dagur Kári
El guerrero pacífico (2006) EEUU - Drama - Victor Salva

Hannibal (2001) EEUU - Terror - Ridley Scott
El Havre (2011) Finlandia/Francia - Comedia dramática - Aki Kaurismäki
Indefenso (1993) Gran Bretaña - Drama - Mike Leigh
El intercambio (2008) EEUU - Intriga - Clint Eastwood
Las invasiones bárbaras (2003) Canadá - Comedia dramática - Denys Arcand
El irlandés (2011) Irlanda - Comedia dramática - John Michael Mcdonagh
Kidnapped: historia de un secuestro (2005) EEUU - Comedia dramática - Arie Posin
King Kong (2005) EEUU - Fantástico - Peter Jackson
El mundo es nuestro (2012) España - Comedia - Alfonso Sánchez
Tres veces veinte años (2011) Francia - Comedia dramática - Julie Gavras
War horse (2011) EEUU - Aventuras - Steven Spielberg

Prema sobre o título para comprobar disponibilidade
Tamén pode consultar o listado xeral de películas en dvd

Hora do conto: de 13 a 16 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 13 a 16 de maio.
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 13 de maio
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:       "Ana Manana", "O sombreiro dos magos", "A letra que non tiña traballo"
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 14 de maio
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS:      “O casamento da pulga e o piollo”, “Ana Manana”, “A raíña do Peinador”, “O papón”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 15 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:       “A verdade”, “Unha de ratos”, “Que clase de conto é este?”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 16 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS:      “Galiña adiviña”, “A galiña Churra”, “A galiña azul”, “O home que inventou un xeito de andar”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)