12/6/26

Recomendacións en RadiOleiros: 12 xuño 2026

El maravilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia de Selma Lagerlöf, ilustrado por Yvan Duque
- Infantil (a partir de 10 anos):Recomendacións en RadiOleiros: 12 xuño 2026
El maravilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia de Selma Lagerlöf, ilustrado por Yvan Duque. En Edelvives.

Percorrer toda Suecia ao lombo dun ganso, menuda aventura!
El cerco de Ismaíl Kadaré
- Mocidade e público adulto:
El cerco de Ismaíl Kadaré. Editado por Alianza.

Dende lonxe ollaron como se achegaba o exército inimigo, amosando todo o seu poderío…

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Animoso e saudoso Barnes: Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026

Animoso e saudoso Barnes: Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026
O escritor británico Julian Barnes (Leicester, 1946) foi galardonado co Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026 por unha obra que o xurado define como “lúcida, cálida e compasiva” e marcada por un “optimismo melancólico e un pesimismo alegre”. Recoñece o autor de "El loro de Flaubert" pola súa mirada lúcida, irónica e compasiva sobre o ser humano. Barnes, autor de "El sentido de un final" ou "Arthur e George", construíu unha traxectoria que combina novela, ensaio, memoria, arte, música, gastronomía e historia literaria cunha mirada europeísta e un estilo singular dentro da narrativa británica contemporánea. Este mismo ano publicou "Despedidas", o ensaio co que anunciou a súa retirada da literatura e no que reflexiona sobre a necesidade de aprender a dicir adeus.
Fonte: fpa

Visita a expo de Julian Barnes que temos para ti no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
                                                                                                                                          Parabéns, Julian!!!

11/6/26

Suspensión da charla "Microbioma e saúde" prevista para o 12 de xuño.

A charla MICROBIOMA E SAÚDE con Margarita Poza Domínguez e correspondente ao ciclo "Ler para Saber: A Ciencia", prevista para o 12 xuño 2026 ás 18:30 h. na Biblioteca Central Rialeda queda suspendida. 

Pregamos desculpen as molestias.

8/6/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (8 a 10 xuño 2026. Final de tempada)


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 8 de xuño.
19 a 20:30 h.
Comentario de "El vestido azul" de Michèle Desbordes.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 9 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 10 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Documentación.

Agradecemos a altísima participación e fidelidade das participantes xunto co bo facer das moderadoras Silvia Salgado e Pepe Taboada.

Desexámosvos un feliz verán... e boas lecturas! Ata outubro!