5/6/26

Suspensión da charla "Microbioma e saúde" prevista para o 12 de xuño.

A charla MICROBIOMA E SAÚDE con Margarita Poza Domínguez e correspondente ao ciclo "Ler para Saber: A Ciencia", prevista para o 12 xuño 2026 ás 18:30 h. na Biblioteca Central Rialeda queda suspendida. 

Pregamos desculpen as molestias.

Marjane Satrapi (1969-2026): bordados de liberdade

Marjane Satrapi (1969-2026): bordados de liberdade
Escritora, novelista gráfica e cineasta, a francoiraniana Marjane Satrapi, finou aos 56 anos. Satrapi fíxose coñecida en todo o mundo pola obra gráfica Persépole que narra a historia da súa mocidade en Teherán vivindo baixo as restricións impostas polo liderado islámico de Irán tras a revolución de 1979. A autora chegou a Francia en 1994, acadando a nacionalidade francesa en 2006. Despois do éxito da edición impresa de Persépole, chegou a adaptación ao cine. Constituíu un grande éxito de público e crítica, ao gañar o Premio da Crítica en Cannes (2007) e o Premio César (2008) ao mellor guión adaptado. Estivo nomeada a Mellor Película de Animación nos Oscar (2008). Persépole trascendeu a mesma sociedade, esfarelou todas as fronteiras e se converteu nun emblema de tolerancia e liberdade.

En Bibloleiros dedicamos exposicións bibliográficas a Marjane Satrapi para que leves en préstamo as súas obras de banda deseñada e películas.

Recomendacións en RadiOleiros: 5 xuño 2026

A viaxe de Abril de Annamaria Piccione e Luis Amavisca; ilustracións de Francesc RoviraRecomendacións en RadiOleiros: 5 xuño 2025- Infantil (a partir de 4 anos):
A viaxe de Abril de Annamaria PiccioneLuis Amavisca; ilustracións de Francesc Rovira. En nubeOcho

Unha historia de migración e esforzo contada dun xeito positivo.
Cómo hacer fortuna en junio del 40, textos de Xavier Dorison e Fabien Nury; debuxos de Laurent Astier


- Mocidade e público adulto:
Cómo hacer fortuna en junio del 40, textos de Xavier Dorison e Fabien Nury; debuxos de Laurent Astier. Editado por Norma.

No París que agarda ao exército nazi, uns ladróns queren roubar o ouro do Banco de Francia. Bo guión e magnífico debuxo neste exemplo de banda deseñada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/6/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (1 a 4 xuño 2026)


 Final de tempada nos seguintes grupos: 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 1 de xuño.
19 a 20:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 2 de xuño.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Sobre los huesos de los muertos" de Olga Tokarczuk.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 2 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 3 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.
Documentación.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 4 de xuño.
11 a 12:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Documentación.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].