22/5/26

Recomendacións en RadiOleiros: 22 maio 2026

Seis poemas galegos de Federico García LorcaRecomendacións en RadiOleiros: 22 maio 2025- Mocidade e público adulto:
Seis poemas galegos de Federico García Lorca. En Camiño do Faro.

Escritos entre 1932 e 1935 e publicados en 1935 en Santiago de Compostela, representan un encontro excepcional entre a voz lorquiana e a lingua e cultura galegas. Son un volume breve pero decisivo para comprender o diálogo entre tradicións culturais peninsulares e o interese do autor por linguas e músicas diferentes da súa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/5/26

Día das Letras Galegas 2026 en Bibloleiros

Día das Letras Galegas 2026 en Bibloleiros
Bibloleiros celebra o Día das Letras Galegas 2026 homenaxeando a Begoña Caamaño
Escritora, xornalista e activista, Begoña Caamaño, naceu en Vigo en 1964. Revelouse como narradora tardiamente, aos seus corenta e cinco anos, cunha novela, Circe ou o pracer do azul (2009), que abraiou o público e a crítica pola súa coruscante orixinalidade, a súa cativadora escrita e a súa sobranceira calidade literaria. Ata entón, a autora era recoñecida pola súa intensa carreira profesional como xornalista, especialmente nos medios radiofónicos e singularmente na Radio Galega, onde desenvolveu o seu labor desde 1989. Cidadá comprometida, o seu perfil viñera definido pola militancia sindical e a implicación no movemento feminista. Involucrada en diversas mobilizacións sociais, salientaba pola súa denuncia da manipulación informativa nos medios públicos.
Fonte: Henrique Monteagudo, academia.gal

- Actividades que conmemoran a Begoña Caamaño nas bibliotecas de Oleiros:

Campaña de promoción da lectura para os centros de ensino nas bibliotecas municipais 
5 e 7 de maio, A mitoloxía na obra de Begoña Caamaño con Charo Pita na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 6 de maio, A mitoloxía na obra de Begoña Caamaño con Charo Pita na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). 11 de maio, A gran viaxe das Letras Galegas con A Xanela do Maxín na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 13 de maio, A gran viaxe das Letras Galegas con A Xanela do Maxín na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).

Sesións da Hora do conto
8 de maio, Galibros con Charo Pita na Biblioteca Ánxel Fole (Nós), 11 de maio Galibros con Charo Pita na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), 12 de maio As letras que voan con nome de muller con Trémola Teatro, na Biblioteca Manuel María (Oleiros), 13 de maio, Nós con Ramiro Neira na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), 14 de maio, Estamos de festa!!! con Ramiro Neira na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) e Cantos da avoa con Trémola Teatro na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), 15 de maio, A gran viaxe das Letras Galegas con A xanela do Maxín na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). 

- Exposición bibliográfica Escribo porque leo, coas obras de e sobre a escritora viguesa.
- Agasallo do marcapáxinas conmemorativo Eu son Morgana para as persoas que leven en préstamo obras en galego.
- Actividade plástica para as crianzas: decoraremos a biblioteca coa faciana de Begoña.

- Exposición bibliográfica Escribo porque leo, coas obras de e sobre a escritora olívica.






- Coloreamos a Begoña Caamaño: actividade para público infantil na que as crianzas poderán pintar o retrato de Begoña Caamaño.
- Begoñísima, mostra bibliográfica para a mocidade e público adulto, coas obras dispoñibles na biblioteca, de e sobre Begoña Caamaño .

18/5/26

Hora do conto e actividades infantís: 20 de maio 2026

Hora do conto e actividades infantís: 20 de maio 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.


Mércores 20 de maio, ás 18:15 
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: A grandeza do pequeno
CONTACONTOS: Iseo a Moura



AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 22 maio 2026)

 

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 19 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Feliz Idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse "La vida de las mujeres" de Alice Munro.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 20 de maio.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Venres 22 de maio.
18:30 a 19 h. no Castelo de Santa Cruz.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual": visita a exposición e tertulia literaria.
Moderan e coordinan: Silvia Salgado [Érase unha Red] e Pepe Taboada.
Documentación.

NOTA: no caso de climatoloxía adversa suspenderáse a visita ao Castelo e a tertulia celebraráse na biblioteca.