10/4/26

Recomendacións en RadiOleiros: 10 abril 2026

Recomendacións en RadiOleiros: 10 abril 2026Octubre, octubre de Katya Balen- Infantil (a partir de 12 anos):
Octubre, octubre de Katya Balen. Editado por Errata naturae. 
Como bestias de Violaine Bérot

Octubre ten once anos e vive cos seus pais nunha cabana no bosque. Pode haber unha vida mellor?



- Mocidade e público adulto:
Como bestias de Violaine Bérot. En Las afueras.

Unha vila afastada nas montañas, un mozo estraño coa forza dun xigante e unha nena que saíu de non se sabe onde: os mumurios estoupan por toda a contorna...

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Ler para saber A CIENCIA: 10 de abril 2026

Ler para saber A CIENCIA: 10 de abril 2026
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres 10 de abril.
Hora: 18:30 h


CITEECONTO que facemos!

Fernando Martínez Abella. Director Científico do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría
Civil (CITEEC)


Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema.

Actividades de promoción da lectura: 13 a 16 abril 2026

Actividades de promoción da lectura: 13 a 16 abril 2026
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 13 a 16 abril 2026

Luns 13 de abril:
- 10:15 alumnado de 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós). Espectáculo Andar aos biosbardos con Charo Pita.
Xoves 16 de abril:
- 10:30 alumnado do EI Abelliñas (Oleiros). Espectáculo Paraíso sensorial con Ariadna Ligero.


Martes 14 de abril:
- 10:30 alumnado de 2º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz). Espectáculo C@nto contigo con Paco Nogueiras.

7/4/26

Hora do conto e actividades infantís: 8 a 10 de abril 2026

Hora do conto e actividades infantís: 8 a 10 de abril 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Nesta semana de contos festexaremos o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril).
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 8 de abril  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: O traxe novo do rei
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 9 de abril
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: A nena lentella
CONTACONTOS: Olga Abad

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 10 de abril
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: Érase unha vez que se era
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 10 de abril
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Raposadas
CONTACONTOS: Raquel Queizás

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

6/4/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (7 a 9 abril 2026)


Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 7 de abril.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Ardalén" de Miguelanxo Prado.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 7 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Ojos azules" de Toni Morrison.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 8 de abril.
17:30 a 19:30 h. no Castelo de Santa Cruz.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual": visita a exposición e tertulia literaria.
Moderan e coordinan: Silvia Salgado e Pepe Taboada.
Documentación.
O seguinte título: "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger entregaráse na biblioteca.
NOTA: no caso de condición climatolóxica adversa suspenderáse a visita ao Castelo e a tertulia celebraráse na biblioteca.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 9 de abril.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Documentación.
Ao remate entregaráse o caderno "Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual".

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].