13/3/26

Recomendacións en RadiOleiros: 13 marzo 2026

A pensión Eva de Andrea Camilleri
Recomendacións en Radioleiros: 13 marzo 2026
- Mocidade e público adulto:
A pensión Eva de Andrea Camilleri. En Galaxia.

Un texto no que as lembranzas e a imaxinación mestúranse co humor e a crítica social na Sicilia da postguerra, axudados pola magnífica tradución de Carlos Acevedo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/3/26

Ler para saber A CIENCIA: 13 de marzo 2026

Ler para saber A CIENCIA: 13 de marzo 2026
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.


Día: Venres 13 de marzo.
Hora: 18:30 h.

O Museo e os seus obradoiros
Fernando Luis Fontes Blanco. Director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt)


Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Actividades de promoción da lectura: 16 a 18 marzo 2026

Actividades de promoción da lectura: 16 a 18 marzo 2026
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 16 a 18 marzo 2026

Martes 17 de marzo:
- 10:15 e 11:40 alumnado de 4º e 5º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós). Espectáculo Bruxa e abella con Trémola Teatro
Mércores 18 de marzo:
- 10:15 alumnado de 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós). Espectáculo Bruxa e abella con Trémola Teatro


Mércores 18 de marzo:
- 10:30 alumnado de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz). Obradoiro Meigallo gráfico con Miguel Cuba

Martes 17 de marzo:
- 10:15 alumnado de 5º de EI e 11:30 alumnado de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros). Espectáculo Problemas con Trinketrinke Teatro

Hora do conto e actividades infantís: 18 de marzo 2026

Hora do conto e actividades infantís: 18 de marzo 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Mércores 18 de marzo, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: A viaxe de Nano
CONTACONTOS: Raquel Queizás

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

10/3/26

Hora do conto e actividades infantís: 9 a 13 de marzo 2026

Hora do conto e actividades infantís: 9 a 13 de marzo 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 9 de marzo, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: Aitana e a avoa e outros contos violetas Celebramos o Día da Muller
CONTACONTOS: Soraya Lema

Martes 10 de marzo, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: Lúa quere viaxar a Marte Celebramos o Día da Muller
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín


Mércores 11 de marzo, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: Construción de xoguetes eléctricos
MONITORADO: Ciencia Kids

Xoves 12 de marzo, ás 17:30 
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: Ilustración: Animais de tinta
MONITORADO: Laura Caneira

Venres 13 de marzo, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Celebramos o Día da Muller
ESPECTÁCULO: Imos ao recreo
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

9/3/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 11 marzo 2026)


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 9 de marzo.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
Ao remate entregaráse "Viento del norte" de Elena Quiroga.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 10 de marzo.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 10 de marzo.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Documentación.
Ao remate entregaráse "El barón rampante" de Italo Calvino.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 11 de marzo
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Arte" de Yasmina Reza.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El nervio óptico" de María Gaínza.

 Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].