13/2/26

Recomendacións en Radioleiros: 13 febreiro 2026

El barón rampante de Italo Calvino
- Mocidade e público adulto:Recomendacións en Radioleiros: 13 febreiro 2026
Dispoñible en eBiblio

O barón rampante = El barón rampante de Italo Calvino, obra datada no 1957, é unha fábula contemporánea arredor dun neno de dez anos que supón unha reflexión filosófica e un eloxio á liberdade con moita imaxinación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Xesús Alonso Montero, ronsel de sabedoría (1928-2026)

Xesús Alonso Montero, ronsel de sabedoría (1928-2026)
Xesús Alonso Montero foi un intelectual puro, cortado polo patrón do seu tempo pola amplitude e diversidade dos seus saberes, polo seu radical compromiso social, político e moral (para el indisociables), e pola súa entrega á divulgación do coñecemento. Apaixonado do estudo, entregado á pesquisa en corpo e alma e devorador insaciable de páxinas escritas, atesouraba un caudal de erudición no campo das humanidades galegas inigualable, verdadeiramente sen fin. Mais non era un simple compilador de datos, pois o seu espírito inquisitivo e inconformista soubo deitar un ollar novo aos temas que tocaba, animado por un afán crítico que bebía da socioloxía e do marxismo. O seu maxisterio apoiábase, ademais, na optimista convicción de que o coñecemento melloraba a humanidade e as persoas. Dotado nun grao extraordinario da virtude da elocuencia, puxo a súa brillantez oratoria ao servizo da transmisión do saber e da divulgación das súas ideas sobre a literatura e a sociedade. Enfeitizaba as audiencias porque o seu verbo prodixioso transmitía sabedoría, honestidade e emoción. 

Texto de Henrique Monteagudo en academia.gal



Visita a expo bibliográfica adicada a Xesús Alonso Montero na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Obras de XAM en GaliciaLe

11/2/26

Lobo Jack: expo 150 aniversario do nacemento de Jack London 1876-2026

Lobo Jack: 150 aniversario do nacemento de Jack London 1876-2026
Unha biografía de película: nos seus corenta anos de vida (1876–1916), o escritor Jack London foi peón, mariñeiro, granxeiro, xornalista, produtor cinematográfico... Escribíu novela, conto, poesía, ensaio, libros de viaxes e crónica xornalística (máis de 50 libros entre 1900 e 1916, algúns deles traducidos a 70 idiomas) centos de contos e artigos. Entre os máis coñecidos, A chamada da selva = La llamada de lo salvaje (1903), El lobo de mar (1904), Cairo branco = Colmillo blanco (1906), O talón de ferro = El talón de hierro (1908) ou Martin Eden (1909). Foi un dos primeiros escritores supervendas de Norteamérica, gañando unha fortuna coas súas obras. Lector voraz desde neno, foi fundamental na súa formación intelectual, a Biblioteca Pública de Oakland (California) e a súa bibliotecaria, a poeta Ina Coolbrith quen lle ofreceu a súa orientación literaria (Ina foi tamén mentora da bailarina Isadora Duncan). A necesidade levarao dun traballo a outro (aos vinte anos traballara en centrais eléctricas, na construción do ferrocarril, en envasadoras, buques mercantes...) en condicións penosas. En 1894 decide unirse á Kelly´s Industrial Army, unha marcha de parados que se dirixía a Washington para protestar contra o goberno. Durante máis dun ano, percorrerá Estados Unidos como vagabundo (por deambular foi detido e pasou trinta días na cadea de Erie County, Buffalo). Enrolouse nun barco que o levou a Alaska, para unirse á febre do ouro, metal que non conseguíu, e si un escorbuto que case o mata. London foi moi coñecido polas súas fazañas persoais. Pintoresco e controvertido, aparecía con asiduidade nas noticias. Gran trouleiro, posicionábase a miúdo contra as inxustizas. Orador elocuente, era moi solicitado como conferenciante sobre temas económicos e políticos. 
A súa extraordinaria capacidade para a descrición de paisaxes agrestes e personaxes case sempre bravíos (cun uso maxistral dos animais, nomeadamente os cans), engadido a unha gran economía da linguaxe e unha arte singular no desenvolvemento da acción, convírteno nun dos cumios da literatura norteamericana, a medio camiño entre a xeración dos Melville, Hawthorne, Poe, Thoreau ou Whitman e a xeración perdida: Dos Passos, Faulkner, Steinbeck, Fitzgerald.
Jack London escribíu tanto sobre lobos e cans que un amigo de seu alcumouno "O Lobo".
Dixo de si mesmo, "prefiro ser cinza que po. Prefiro que a miña chispa se apague nun lume brillante antes que ser abafada pola podremia seca. Prefiro ser un meteorito soberbio e que cada un dos meus átomos brille magníficamente, que un planeta durmido e permanente. A función axeitada do home é vivir, non existir. Non vou malgastar os meus días intentando prolongalos. Aproveitarei o meu tempo."
Lévate en préstamo os libros da Expo Lobo Jack na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 
Títulos dispoñibles en GaliciaLe
Títulos dispoñibles en eBiblio
Fontes: 

10/2/26

Hora do conto e actividades infantís: 18 e 19 de febreiro 2026

Hora do conto e actividades infantís: 18 e 19 de febreiro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 18 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Sorpresa
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 19 de febreiro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Paxariños
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

9/2/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 12 febreiro 2026)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 9 de febreiro
. 19 a 20:30 h.
Comentario de "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 10 de febreiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Documentación.
Ao remate entregaráse "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 10 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Océano mar" de Alessandro Baricco.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 11 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Alessandro Baricco.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El vestido azul" de Michèle Desbordes.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 12 de febreiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Feliz idade" de Olga Novo.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].