11/10/19

IV Día das escritoras na Biblioteca de Santa Cruz: 14 de outubro

https://photos.google.com/share/AF1QipMLdvJgkx3iqty2QOXzzKZiReJZ8hv41aKWU3l9l6b9PtjXdAmty8eMdzSPgvZIrw/photo/AF1QipM9tXIz3YY57x4WBbHM2h_DgctNa_QImremfPtL?key=OU1xTDUwR2ptRU5KNXBwdVRGYk5vT21jcXYtdTBR
A Biblioteca Nacional de España organiza por cuarto ano consecutivo o Día das Escritoras, baixo o tema "mulleres, amor e liberdade", celebración concebida para «difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas, recordar as dificultades que enfrontaron e destacar o valor das súas obras». Xunto á BNE, o acto está promovido pola Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM). 

A Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro (Santa Cruz) súmase a esta celebración coa lectura de textos de Alfonsina Storni, Wislawa Szymborska, Rosalía de Castro e Sor Juana Inés de la Cruz. As lecturas serán realizadas por Silvia Salgado, Cecilia Monllor, Pepe Taboada, Julia López Ameijeiras e Luisa Bassave. Será o luns 14 de outubro ás 17:00.

Así mesmo, convidamos a todas as persoas a visitar a Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, onde poderás atopar numerosos recursos documentais relacionandos coa situación das mulleres así como textos literarios escritos e/ou protagonizados por elas.

Recomendacións en Radioleiros: 11 outubro 2019

https://youtu.be/ZaHL7CsGZY0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1479164&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 8 anos):

La niña que salvó los libros, de Klaus Hagerup
B de Blok

Unha historia conmovedora para quenes aman os libros. 


A súa protagonista é unha nena de 10 anos chamada Anna a quen o que máis lle gusta neste mundo é ler. Por suposto o seu espazo favorito non podía ser outro que a biblioteca. Aquí é onde empeza esta historia. Un día descobre abraiada, non só que hai libros que ninguén le, senón tamén o que pasa con eles. O arquiveiro, o vello señor Berg é o que se encarga de destruir todos esos libros que non atopan lectores. Para Anna, esto é unha traxedia. Así que toma a firme decisión de... salvar os libros!

- Mozas/os e adultas/os :

Basada en hechos reales, de Delphine de Vigan
Anagrama

Narra a historia de Delphine, unha escritora francesa de mediana idade, nai de dous fillos e parella dun director de documentais que sufre un bloqueo creativo tras o éxito da súa obra anterior. Neste momento é cando se cruza no seu camiño L., unha muller sofisticada e seductora que traballa como “negra literaria” redactando memorias de famosos. As dúas mulleres comparten gustos e intiman. Pero pouco a pouco, esa fascinación por L. evoluciona cara unha dominación perversa. 

Unha novela opresiva, centrada no suspense psicolóxico que o mismísimo Polanski adaptou ao cine.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.