11/2/12

Así foi... Ler para saber A CIENCIA: 10 de febreiro

Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 10 de febreiro ás 18:30. Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Primeiramente os alumnos de 6º curso do CEIP Valle-Inclán de Perillo, Alberto Paz e Ismael Golán realizon unha breve presentación sobre “Máquinas simples e compostas”. 

Neste ano 2012 declarado pola ONU Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos/as, o doutor Óscar Cabeza Gras, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Física, área de Física Aplicada falou de “Enerxías renovables para o século XXI”.

Seleccionamos para ti libros e DVDs para esta charla científica.


Por xentileza de Óscar, poñemos á túa disposición a presentación da charla en Powerpoint:


10/2/12

Recomendacións en Radioleiros: 10 de febreiro

- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Pastel de crema de pepinillos" de Jolly Roger Bradfield, editado por Encuentro.
O rei ten unha filla con moitos pretendentes. Ás ceas asisten tantos comensais que o rei quedaba con fame. Para evitar isto, decide casar a filla co que lle traia o detalle máis orixinal do bosque.

- Mozos-as e adultos/as:
"O máis estraño: contos reunidos" de Manuel Rivas, en Xerais.
Vellos e novos relatos xúntanse neste libro produto do traballo de anos. Os medos, as paixóns, os naufraxios, a guerra, a arte e a vida, aparecen de novo nesta experiencia narrativa nun mundo tan particular como o de Manuel Rivas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/2/12

Visita a Rialeda de alumnado do Instituto Cervantes de Varsovia: martes 7 de febreiro

Na Biblioteca Central Rialeda
Hora: de 10 a 11,30 h.

Hoxe recibimos a visita de alumnado do Instituto Cervantes de Varsovia á nosa biblioteca, onde asistiron á representación do monólogo dramatizado de Soledad Felloza: "Las Ingeniosas del Hidalgo: El Quijote en voces de mujeres"


Asimesmo e por xentileza dun dos estudantes, desfrutamos do recitado en língua polaca do poema "Kilkunastoletnia" (Adolescente) da escritora recentemente fallecida Wisława Szymborska.


Dziękujemy!


As Letras, nas Bibliotecas Municipais, máis vivas que nunca, PARTICIPA!!!

O PROGRAMA LETRAS VIVAS é unha iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar o fomento da lectura e o libro galego a través de diversos axentes como as bibliotecas municipais. Estas actividades están patrocinadas pola Consellería de Cultura e o Concello de Oleiros.

Dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos, durante o mes de febreiro, ás 18:30 horas, teremos as seguintes:

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Día 10:     Contos de ratiños a cargo da Compañía Trinke Trinke

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
Día 10:      Contos a saco a cargo de Pablísimo

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
Día 13:       Imaxina a cargo de Teatro Patán

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
Día 14:       De Tin Marín a cargo de Soledad Felloza

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Día 14:       Contos de Rodari a cargo de Pablísimo

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL FEDERICO GARCÍA LORCA. MONTROVE
Día 28:        Contos embruxados a cargo da Compañía Pavís Pavós.

6/2/12

O noso futuro, o noso presente (Impresións de Manuel Gago)

O Doutor Manuel Gago Mariño, profesor asociado da USC, na Facultade de Ciencias da Comunicación, impartíu o seu coñecmento o venres pasado en Rialeda, dentro das charlas do ciclo "Ler para saber". Éstas son as súas impresións da experiencia vivida co todos nós.


Só queda dicir unha cousa: Manuel, o gusto é noso!!!

Non esquezas visitar o seu blog: